Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Arrows Grand Prix Internacional foi un equipo británico de Fórmula 1 activo de 1978 a 2002. Durante un período de tempo, tamén coñeceuse como Footwork.
Nome completo | Arrows Grand Prix International |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Reino Unido |
Tempadas en activo | 25 (1978-2002) |
Número de pilotos | Riccardo Patrese Alan Jones Thierry Boutsen Gerhard Berger Derek Warwick Eddie Cheever Damon Hill |
Debut | Gran Premio do Brasil de 1978 |
Carreiras | 368 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 1 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 164 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Alemaña de 2002 |
O equipo "Arrows Grand Prix International" foi fundado en 1977 polo financeiro italiano Franco Ambrosio, Alan Rees, Jackie Oliver, Dave Wass e Tony Southgate (o equipo tomou o seu nome das iniciais dos seus apelidos) cando Rees, Oliver , Wass e Southgate deixaron o equipo Shadow.
O equipo fundouse en Milton Keynes, Inglaterra e produciu o seu primeiro coche de Fórmula Un en tan só 53 días. Os Arrows inscribíronse con Riccardo Patrese que anotou puntos no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos en Long Beach na terceira carreira do coche.
Ambrosio deixou o equipo logo de ser metido na cadea por irregularidades financeiras en Italia. Shadow demandounos por infracción de copyright, alegando que o Arrows FA/1 era unha copia da Shadow DN9. O equipo decidiu construír un coche novo chamado A1. Completouse en 52 días, e apareceu o día logo de que o Tribunal Superior en Londres prohibira ao equipo de carreiras participar co FA/1 .
Na primeira tempada do equipo na Fórmula Un, o equipo contratou ao sueco Gunnar Nilsson para ser o seu primeiro piloto. Pero, nunca chegaría a pilotar o coche, adquiriu un caso mortal de cancro testicular e finalmente faleceu.
En setembro de 1978, no Gran Premio de Italia en Monza, Patrese estivo involucrado nun accidente que se cobrou a vida de Ronnie Peterson e prohibíuselle participar na seguinte carreira (o Gran Premio dos Estados Unidos) polos demais pilotos. En 1981, Patrese logrou a única pole position do equipo de Fórmula Un en Long Beach, que liderou ata a súa retirada por problemas mecánicos na volta 33 das 80 da carreira. Arrows terminou oitavo no Campionato de Construtores ese ano.
En 1984 con motores BMW M12 turbo e co patrocinio da empresa de cigarros Barclay as cousas puxéronse moito mellor. Ese ano foron novenos no Campionato de Construtores e o oitavos en 1985. No Gran Premio de San Marino de 1985, Thierry Boutsen terminou terceiro detrás de Alain Prost e Elio de Angelis. Pero, logo da carreira, Prost foi descualificado debido a que o seu coche era 2 kg máis lixeiro do peso mínimo, dando a Boutsen o segundo lugar. En 1987, BMW retirou o apoio e os motores pasaron a ser Megatron grazas a un acordo de arrows cos principais patrocinadores USF & G, o equipo británico logrou as súas mellores tempadas, con todo, rematou sexto en 1987 e quinto en 1988 (o último ano dos motores turboalimentados), grazas ás frecuentes finalizacións nos puntos dos pilotos Eddie Cheever e Derek Warwick.
O empresario xaponés Wataru Ohashi investiu en Arrows en 1990 e os coches comezaron a levar o logotipo Footwork nun lugar prominente. O equipo pasou a chamarse oficialmente Footwork en 1991, e conseguiu un contrato para competir con motores Porsche, o coche lamentablemente non era competitivo e en 1992 cambiou aos motores Mugen. Arows conservou o nome Footwork ata que Ito retirouse antes da tempada 1996, co cal o nome do equipo cambiouse de novo a Arrows. En calquera caso, Jackie Oliver mantivera o control durante todo o período.
En marzo de 1996, Tom Walkinshaw comprou boa parte das accións do equipo, e en setembro Walkinshaw fichou ao recente Campión Mundial Damon Hill e contratou ao millonario brasileiro Pedro Diniz para axudar a pagar o salario de Hill. O equipo estivo cerca de lograr a súa primeira vitoria no Gran Premio de Hungría de 1997 Hill comezou en terceira posición e pasou Michael Schumacher logrando o primeiro lugar. Un fallo na caixa de cambios nas últimas voltas da carreira fixo que terminara segundo. Nos anos seguintes Walkinshaw compraría o resto de accións de Oliver. Brian Hart, que desexaba motores desde 1995, foi contratado polo equipo para o deseño dos motores, que levaban a marca Yamaha, e máis tarde en 1998 o mesmo nome que a escudaría, Arrows.
Na tempada 2000, Jos Verstappen regresou a Arrows, onde fora expulsado en 1996 xunto ao seu compañeiro de equipo Pedro de la Rosa. O chasis era un Arrows A21 cun motor Supertec. O motor Supertec non era o máis potente, pero era moi bo, e fora desenvolvido para esta tempada. Aliado a un excelente paquete aerodinámico e unha boa estabilidade na parte traseira, permitiu aos Arrows A21 establecer sistematicamente as mellores velocidades en recta nos circuítos. En xeral, tanto Verstappen e de la Rosa eran competitivos na metade do pelotón. Durante a tempada 2000, o equipo Arrows participou nunha serie de televisión de 13 capítulos chamada "Racing Arrows" que seguiu ao equipo e os pilotos durante todo o ano. Mostrouse na canle de televisión británica ITV en 2001 durante a tarde-noite.[1]
O cambio a Asiatech V10 en 2001 e a perda dunha gran cantidade de persoal que abandonou o equipo o fixo máis débil en 2001, cando Tom Walkinshaw decidido substituír de la Rosa co debutante na F1 Enrique Bernoldi. O equipo loitou ao longo da tempada e Verstappen logrou o único punto para o equipo en Austria.
En 2002, Tom Walkinshaw logrou un acordo para utilizar os motores Cosworth V10 e retivo a Bernoldi (co apoio de Red Bull), pero Verstappen caeu en favor de Heinz-Harald Frentzen, que quedou dispoñible cando Prost Grand Prix pechou. Verstappen demandounos con éxito por incumprimiento de contrato. Ese ano tamén tivo que facer un custoso desembolso a Pedro Diniz despois de demandar ao brasileiro se éxito, que financiaba a Sauber desde 1999. O equipo enfrontouse a un terceiro preito de Frentzen, que estaba de contratado carreira a carreira e que non lle pagaban. Arrows quedou sen diñeiro a metade da tempada e non participou nas restantes carreiras ata final do ano, os seus pilotos non se clasificaron deliberadamente no Gran Premio de Francia.
Leváronse a cabo negociacións ao longo da tempada cos potenciais investidores dispostos a investir no equipo ou compralo directamente, como Craig Pollock (que en dúas ocasións fixo unha oferta polo equipo) e Dietrich Mateschitz.
O equipo entrou en liquidación ao final da tempada, tamén forzando a pechar a TWR.[2]
Un consorcio liderado por Phoenix Finance, dirixido por Charles Nickerson, un amigo de Walkinshaw, comprou parte dos activos do equipo, especificamente os motores, na crenza de que, xunto coa compra dos activos de Prost Grand Prix, gañaría á entrada para a tempada 2003. Pero, a súa solicitude foi rexeitada pola FIA.
Na súa accidentada historia, Arrows logrou a triste marca de 382 carreiras sen gañar, malia que acadaron 9 podios incluíndo 5 segundos postos.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1978 | Arrows FA1 Arrows A1 |
Ford V8 | G | ARX | BRA | RSA | USW | MON | BEL | ESP | SWE | FRA | RU | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | 11 | 10º | ||
Riccardo Patrese | 10 | Ret | 6 | 6 | Ret | Ret | 2 | 8 | Ret | 9 | Ret | Ret | Ret | EX | 4 | ||||||||
Rolf Stommelen | 9 | 9 | Ret | Ret | 14 | 14 | 15 | NSCP | NSCP | NSCP | 16 | NSCP | |||||||||||
1979 | Arrows A1 Arrows A2 |
Ford V8 | G | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | FRA | RU | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | 5 | 9º | |||
Riccardo Patrese | NTS | 9 | 11 | Ret | 10 | 5 | Ret | 14 | Ret | Ret | Ret | Ret | 13 | Ret | Ret | ||||||||
Jochen Mass | 8 | 7 | 12 | 9 | 8 | Ret | 6 | 15 | Ret | 6 | Ret | 6 | Ret | NSC | NSC | ||||||||
1980 | Arrows A3 | Ford V8 | G | ARX | BRA | RSA | USW | BEL | MON | FRA | RU | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | 11 | 7º | ||||
Riccardo Patrese | Ret | 6 | Ret | 2 | Ret | 8 | 9 | 9 | 9 | 14 | Ret | Ret | Ret | Ret | |||||||||
Jochen Mass | Ret | 10 | 6 | 7 | Ret | 4 | 10 | 13 | 8 | NSC | 11 | Ret | |||||||||||
Mike Thackwell | NSC | ||||||||||||||||||||||
Manfred Winkelhock | NSC | ||||||||||||||||||||||
1981 | Arrows A3 | Ford V8 | M | USW | BRA | ARX | SMR | BEL | MON | ESP | FRA | RU | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | CPL | 10 | 8º | |||
Riccardo Patrese | Ret | 3 | 7 | 2 | Ret | Ret | Ret | 14 | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 11 | ||||||||
Siegfried Stohr | NSC | Ret | 9 | NSC | Ret | Ret | Ret | NSC | Ret | 12 | Ret | 7 | NSC | ||||||||||
Jacques Villeneuve | NSC | NSC | |||||||||||||||||||||
1982 | Arrows A4 Arrows A5 |
Ford V8 | P | RSA | BRA | USW | SMR | BEL | MON | DET | CAN | NED | RU | FRA | ALE | AUT | SUI | ITA | CPL | 5 | 10º | ||
Marc Surer | WD | 7 | 9 | 8 | 5 | 10 | Ret | 13 | 6 | Ret | 15 | 11 | 7 | ||||||||||
Brian Henton | NSC | NSC | Ret | ||||||||||||||||||||
Mauro Baldi | NSC | 10 | NSC | WD | Ret | NSC | Ret | 8 | 6 | 9 | Ret | Ret | 6 | NSC | 12 | 11 | |||||||
1983 | Arrows A6 | Ford V8 | G | BRA | USW | FRA | SMR | MON | BEL | DET | CAN | RU | ALE | AUT | NED | ITA | EUR | RSA | 4 | 10º | |||
Marc Surer | 6 | 5 | 10 | 6 | Ret | 11 | 11 | Ret | 17 | 7 | Ret | 8 | 10 | Ret | 8 | ||||||||
Chico Serra | 9 | Ret | 8 | 7 | |||||||||||||||||||
Alan Jones | Ret | ||||||||||||||||||||||
Thierry Boutsen | Ret | 7 | 7 | 15 | 9 | 13 | 14 | Ret | 11 | 9 | |||||||||||||
1984 | Arrows A6 | Ford V8 | G | BRA | RSA | BEL | SMR | FRA | MON | CAN | DET | DAL | RU | ALE | AUT | NED | ITA | EUR | POR | 3 | 10º | ||
Marc Surer | 7 | 9 | 8 | Ret | NSC | Ret | Ret | ||||||||||||||||
Thierry Boutsen | 6 | 12 | 5 | ||||||||||||||||||||
Arrows A7 | BMW M12 S4 (t/c) | Marc Surer | Ret | Ret | 11 | Ret | 6 | Ret | Ret | Ret | Ret | 3 | 11º[3] | ||||||||||
Thierry Boutsen | Ret | 11 | NSC | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | Ret | 10 | 9 | Ret | ||||||||||
1985 | Arrows A8 | BMW M12 S4 (t/c) | G | BRA | POR | SMR | MON | CAN | DET | FRA | RU | ALE | AUT | NED | ITA | BEL | EUR | RSA | AUS | 14 | 8º | ||
Gerhard Berger | Ret | Ret | Ret | Ret | 13 | 11 | Ret | 8 | 7 | Ret | 9 | Ret | 7 | 10 | 5 | 6 | |||||||
Thierry Boutsen | 11 | Ret | 2 | 9 | 9 | 7 | 9 | Ret | 4 | 8 | Ret | 9 | 10 | 6 | 6 | Ret | |||||||
1986 | Arrows A8 Arrows A9 |
BMW M12 S4 (t/c) | G | BRA | ESP | SMR | MON | BEL | CAN | DET | FRA | RU | ALE | HUN | AUT | ITA | POR | MEX | AUS | 1 | 10º | ||
Marc Surer | Ret | Ret | 9 | 9 | 9 | ||||||||||||||||||
Christian Danner | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | 6 | 8 | 11 | 9 | Ret | |||||||||||||
Thierry Boutsen | Ret | 7 | 7 | 8 | Ret | Ret | Ret | NC | NC | 10 | Ret | Ret | 7 | 10 | 7 | Ret | |||||||
1987 | Arrows A10 | Megatron S4 (t/c) | G | BRA | SMR | BEL | MON | DET | FRA | RU | ALE | HUN | AUT | ITA | POR | ESP | MEX | XPN | AUS | 11 | 6º | ||
Derek Warwick | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | Ret | 6 | Ret | Ret | 13 | 10 | Ret | 10 | Ret | |||||||
Eddie Cheever | Ret | Ret | 4 | Ret | 6 | Ret | Ret | Ret | 8 | Ret | Ret | 6 | 8 | 4 | 9 | Ret | |||||||
1988 | Arrows A10B | Megatron S4 (t/c) | G | BRA | SMR | MON | MEX | CAN | DET | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 23 | 5º | ||
Derek Warwick | 4 | 9 | 4 | 5 | 7 | Ret | Ret | 6 | 7 | Ret | 5 | 4 | 4 | Ret | Ret | Ret | |||||||
Eddie Cheever | 8 | 7 | Ret | 6 | Ret | Ret | 11 | 7 | 10 | Ret | 6 | 3 | Ret | Ret | Ret | Ret | |||||||
1989 | Arrows A11 | Ford V8 | G | BRA | SMR | MON | MEX | USA | CAN | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 13 | 7º | ||
Derek Warwick | 5 | 5 | Ret | Ret | Ret | Ret | 9 | 6 | 10 | 6 | Ret | Ret | 9 | 6 | Ret | ||||||||
Martin Donnelly | 12 | ||||||||||||||||||||||
Eddie Cheever | Ret | 9 | 7 | 7 | 3 | Ret | 7 | NSC | 12 | 5 | Ret | NSC | Ret | Ret | 8 | Ret | |||||||
1990 | Arrows A11 Arrows A11B |
Ford V8 | G | USA | BRA | SMR | MON | CAN | MEX | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 2 | 9º | ||
Michele Alboreto | 10 | Ret | NSC | Ret | 17 | 10 | Ret | Ret | 12 | 13 | 12 | 9 | 10 | Ret | NSC | ||||||||
Bernd Schneider | 12 | NSC | |||||||||||||||||||||
Alex Caffi | Ret | NSC | 5 | 8 | NSC | Ret | 7 | 9 | 9 | 10 | 9 | 13 | 9 | NSC | |||||||||
1991 | Arrows A11C Footwork FA12 |
Porsche V12 | G | USA | BRA | SMR | MON | CAN | MEX | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 0 | NC | ||
Alex Caffi | NSC | NSC | NSC | NSC | |||||||||||||||||||
Stefan Johansson | Ret | NSC | |||||||||||||||||||||
Michele Alboreto | Ret | NSC | NSC | Ret | Ret | Ret | |||||||||||||||||
Footwork FA12C | Ford V8 | Stefan Johansson | NSC | NSC | 0 | NC | |||||||||||||||||
Alex Caffi | NSCP | NSCP | NSC | NSCP | NSCP | NSCP | 10 | 15 | |||||||||||||||
Michele Alboreto | Ret | Ret | NSC | NSC | NSCP | NSC | 15 | Ret | NSC | 13 | |||||||||||||
1992 | Footwork FA13 | Mugen Honda V10 | G | RSA | MEX | BRA | ESP | SMR | MON | CAN | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | XPN | AUS | 6 | 7º | ||
Michele Alboreto | 10 | 13 | 6 | 5 | 5 | 7 | 7 | 7 | 7 | 9 | 7 | Ret | 7 | 6 | 15 | Ret | |||||||
Aguri Suzuki | 8 | NSC | Ret | 7 | 10 | 11 | NSC | Ret | 12 | Ret | Ret | 9 | Ret | 10 | 8 | 8 | |||||||
1993 | Footwork FA13B Footwork FA14 |
Mugen Honda V10 | G | RSA | BRA | EUR | SMR | ESP | MON | CAN | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | XPN | AUS | 4 | 9º | ||
Derek Warwick | 7 | 9 | Ret | Ret | 13 | Ret | 16 | 13 | 6 | 17 | 4 | Ret | Ret | 15 | 14 | 10 | |||||||
Aguri Suzuki | Ret | Ret | Ret | 9 | 10 | Ret | 13 | 12 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 7 | |||||||
1994 | Footwork FA15 | Ford V8 | G | BRA | PAC | SMR | MON | ESP | CAN | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | EUR | JPN | AUS | 9 | 9º | ||
Christian Fittipaldi | Ret | 4 | 13 | Ret | Ret | DSC | 8 | 9 | 4 | 14 | Ret | Ret | 8 | 17 | 8 | 8 | |||||||
Gianni Morbidelli | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | Ret | 6 | Ret | 9 | 11 | Ret | Ret | |||||||
1995 | Footwork FA16 | Hart V8 | G | BRA | ARX | SMR | ESP | MON | CAN | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | EUR | PAC | JPN | AUS | 5 | 8º | |
Gianni Morbidelli | Ret | Ret | 13 | 11 | 9 | 6 | 14 | Ret | Ret | 3 | |||||||||||||
Max Papis | Ret | Ret | Ret | Ret | 7 | Ret | 12 | ||||||||||||||||
Taki Inoue | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 9 | Ret | Ret | Ret | Ret | 12 | 8 | 15 | Ret | Ret | 12 | Ret | ||||||
1996 | Footwork FA17 | Hart V8 | G | AUS | BRA | ARX | EUR | SMR | MON | ESP | CAN | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | XPN | 1 | 9º | ||
Ricardo Rosset | 9 | Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | Ret | 11 | Ret | 11 | 8 | 9 | Ret | 14 | 13 | |||||||
Jos Verstappen | Ret | Ret | 6 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 10 | Ret | Ret | Ret | 8 | Ret | 11 | |||||||
1997 | Arrows A18 | Yamaha V10 | B | AUS | BRA | ARX | SMR | MON | ESP | CAN | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | AUT | LUX | XPN | EUR | 9 | 8º | |
Damon Hill | NTS | 17 | Ret | Ret | Ret | Ret | 9 | 12 | 6 | 8 | 2 | 13 | Ret | 7 | 8 | 12 | Ret | ||||||
Pedro Diniz | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 8 | Ret | Ret | Ret | Ret | 7 | Ret | 13 | 5 | 13 | Ret | ||||||
1998 | Arrows A19 | Arrows V10 | B | AUS | BRA | ARX | SMR | ESP | MON | CAN | FRA | RU | AUT | ALE | HUN | BEL | ITA | LUX | XPN | 6 | 7º | ||
Pedro Diniz | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 6 | 9 | 14 | Ret | Ret | Ret | 11 | 5 | Ret | Ret | Ret | |||||||
Mika Salo | Ret | Ret | Ret | 9 | Ret | 4 | Ret | 13 | Ret | Ret | 14 | Ret | NTS | Ret | 14 | Ret | |||||||
1999 | Arrows A20 | Arrows V10 | B | AUS | BRA | SMR | MON | ESP | CAN | FRA | RU | AUT | ALE | HUN | BEL | ITA | EUR | MAL | XPN | 1 | 9º | ||
Pedro de la Rosa | 6 | Ret | Ret | Ret | 11 | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | 15 | Ret | Ret | Ret | Ret | 13 | |||||||
Toranosuke Takagi | 7 | 8 | Ret | Ret | 12 | Ret | DSC | 16 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | |||||||
2000 | Arrows A21 | Supertec V10 | B | AUS | BRA | SMR | RU | ESP | EUR | MON | CAN | FRA | AUT | ALE | HUN | BEL | ITA | USA | XPN | MAL | 7 | 7º | |
Pedro de la Rosa | Ret | 8 | Ret | Ret | Ret | 6 | Ret | Ret | Ret | Ret | 6 | 16 | 16 | Ret | Ret | 12 | Ret | ||||||
Jos Verstappen | Ret | 7 | 14 | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | Ret | Ret | Ret | 13 | 15 | 4 | Ret | Ret | 10 | ||||||
2001 | Arrows A22 | Asiatech V10 | B | AUS | MAL | BRA | SMR | ESP | AUT | MON | CAN | EUR | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | USA | XPN | 1 | 10 | |
Jos Verstappen | 10 | 7 | Ret | Ret | 12 | 6 | 8 | 10 | Ret | 13 | 10 | 9 | 12 | 10 | Ret | Ret | 15 | ||||||
Enrique Bernoldi | Ret | Ret | Ret | 10 | Ret | Ret | 9 | Ret | Ret | Ret | 14 | 8 | Ret | 12 | Ret | 13 | 14 | ||||||
2002 | Arrows A23 | Cosworth V10 | B | AUS | MAL | BRA | SMR | ESP | AUT | MON | CAN | EUR | RU | FRA | ALE | HUN | BEL | ITA | USA | XPN | 2 | 11º | |
Heinz-Harald Frentzen | DSC | 11 | Ret | Ret | 6 | 11 | 6 | 13 | 13 | Ret | NSC | Ret | |||||||||||
Enrique Bernoldi | DSC | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 12 | Ret | 10 | Ret | NSC | Ret |
O chasis e os dereitos de propiedade intelectual do chasis foron posteriormente adquiridos por Paul Stoddart, o entón xefe do equipo Minardi como un potencial substituto para o chasis do seu propio equipo. O novo equipo Super Aguri F1 comprou os coches en 2002 e correu con eles (con algunhas modificacións) como o SA05 durante as primeiras carreiras da tempada 2006. Un destes coches dise que estivo en exhibición no aeroporto de Melbourne antes de ser adquirido por Super Aguri. Logo de ser devolto á fábrica para ser actualizado para cumprir coa normativa 2006, o coche foi levado de volta a Melbourne para o Gran Premio de Australia. Unha actualización baseada no mesmo chasis foi chamado SA06 e fixo o seu debut no Gran Premio de Alemaña 2006. O SA05 e o SA06 non anotaron un só punto na tempada 2006.
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.