Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Mónaco de 1987 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 31 de maio de 1987 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1987.
Nome oficial | 45e Monaco Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1987 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 31 de maio de 1987 |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
Pole position | Nigel Mansell |
Volta máis rápida | Ayrton Senna |
A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Ayrton Senna pilotando un Lotus 99T, a primeira das súas seis vitorias no famoso circuíto urbano e a quinta vitoria nun Gran Premio da súa carreira. Senna gañou por 33 segundos sobre o tamén brasileiro Nelson Piquet que pilotaba un Williams FW11B, terceiro foi o italiano Michele Alboreto que anotou o primeiro podio do ano para Ferrari no seu Ferrari F1/87.
Tradicionalmente, o número de participantes permitidos neste Gran Premio, era menor que nos outros circuítos, debido á natureza estreita e revirada da pista. Orixinalmente eran 16, logo se incrementaron a 20, e en 1987 incrementouse a unha grella completa de 26. De acordo coa FISA isto foi para polo en consonancia cos outros Grandes Premios, pero houbo outros puntos de vista que decian que isto se fixo co fin de reducir o número dos non clasificados, para tranquilizar aos patrocinadores. Había unha preocupación xeneralizada acerca dos resultados polo hacinamento na pista e a diferenza de velocidade dos diferentes coches. Durante a sesión de práctica, Christian Danner (Zakspeed 871)) e Michele Alboreto engancharonse, dando lugar a un grave accidente: o Ferrari F1/87 saíu disparado polo aire e incendiouse, pero afortunadamente aterrou de novo na pista. A FISA tomou a decisión de descualificar a Danner para toda a fin de semana, foi a primeira vez que sucedeu un caso coma este na historia do Campionato Mundial de Fórmula 1. Houbo obxeccións xeneralizadas en todo o paddock, houbo varios accidentes no resto das prácticas e se considerou que Danner non tiña máis culpa que calquera outro piloto implicado nestes accidentes.[1]
A pole position foi lograda por Nigel Mansell no Williams FW11B, segundo foi Ayrton Senna no seu Lotus 99T, e terceiro foi o outro Williams, de Nelson Piquet. Os tres primeiros estaban no mesmo orde despois da saída. Na terceira volta, Philippe Streiff, que aínda se recuperaba do grave accidente que sufriu na carreira anterior en Bélxica, estrelouse fortemente de novo co seu Tyrrell DG016. Mansell liderou ata a volta 30, cando se retirou pola perda de pulo do seu turbo. Isto deulle o primeiro lugar a Senna, que dominou o resto da carreira, facendo unha parada para cambiar os pneumáticos sen perder a cabeza, e marcou a volta rápida da carreira.
Os pilotos de Arrows Derek Warwick e Eddie Cheever eran competitivos, pero retiráronse por fallos na caixa de cambios e no motor, respectivamente. Alain Prost retirouse co seu McLaren MP4 / 3 cando ía no terceiro lugar por un fallo no motor a só dúas voltas para o final. Piquet chegou segundo, Alboreto terceiro e Gerhard Berger cuarto. Jonathan Palmer terminou en quinto lugar, acadando os seus primeiros puntos no Campionato do Mundo no Tyrrell DG016 (e gañando o Jim Clark Trophy de 1987 para pilotos con coches sen turbo de pilotos), mentres que Ivan Capelli logrou o último punto no seu March 871. A vitoria de Senna foi notable, xa que foi a primeira para un coche con suspensión activa.
Os números entre paréntese refírense ás posicións dos participantes con motores aspirados que compiten polo trofeo Jim Clark.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Honda | 78 | 1:57:54.085 | 2 | 9 |
2 | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 78 | + 33.212 | 3 | 6 |
3 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 78 | + 1:12.839 | 5 | 4 |
4 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 77 | + 1 volta | 8 | 3 |
5 (1) | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 76 | + 2 voltas | 15 | 2 |
6 (2) | 16 | Ivan Capelli | March-Ford | 76 | + 2 voltas | 19 | 1 |
7 | 9 | Martin Brundle | Zakspeed | 76 | + 2 voltas | 14 | |
8 | 19 | Teo Fabi | Benetton-Ford | 76 | + 2 voltas | 12 | |
9 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 75 | Motor | 4 | |
10 | 11 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | 75 | + 3 voltas | 17 | |
11 | 25 | René Arnoux | Ligier-Megatron | 74 | + 4 voltas | 22 | |
12 | 26 | Piercarlo Ghinzani | Ligier-Megatron | 74 | + 4 voltas | 20 | |
13 (3) | 14 | Pascal Fabre | AGS-Ford | 71 | + 7 voltas | 24 | |
Ret | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 59 | Quecemento | 6 | |
Ret | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 58 | Caixa cambios | 11 | |
Ret | 2 | Stefan Johansson | McLaren-TAG | 57 | Motor | 7 | |
Ret | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 42 | Motor | 18 | |
Ret | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 41 | Eléctrico | 10 | |
Ret | 21 | Alex Caffi | Osella-Alfa Romeo | 39 | Eléctrico | 16 | |
Ret | 8 | Andrea de Cesaris | Brabham-BMW | 38 | Suspensión | 21 | |
Ret | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 29 | Escape | 1 | |
Ret | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 21 | Eléctrico | 13 | |
Ret | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Ford | 9 | Accidente | 23 | |
Ret | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | 5 | Transmisión | 9 | |
NTS | 23 | Adrián Campos | Minardi-Motori Moderni | 0 | Non arrancou | 0 | |
EX | 10 | Christian Danner | Zakspeed | Excluído |
|
|
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1987 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1987 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Detroit de 1987 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1986 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1988 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.