René Arnoux Alexandre, nado o 4 de xullo de 1948 en Pontcharra, Isère, é un expiloto francés de Fórmula Un. En 2006 correu na tempada inaugural da fórmula Grand Prix Masters para os pilotos xubilados de F1.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaRené Arnoux
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Pontcharra, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Arnoux competiu na Fórmula Un de 1978 a 1989, obtendo 7 vitorias, 18 pole positions, 22 podios e 181 puntos en toda a súa carreira. Competiu na GP Masters, ao lado doutros veteranos da Fórmula 1.

Antes da Fórmula 1

Entusiasmouse cedo polo automobilismo, e en 1976 disputaba a Fórmula 2, onde foi subcampión, cun punto menos que o vencedor e futuro compañeiro de equipo, Jean-Pierre Jabouille. En 1977 volta á carga e gaña o Europeo de Fórmula 2 con autoridade.[1].

Martini e Surtees (1978)

En 1978, comeza a súa carreira na Fórmula 1. Pero, o pequeno equipo Martini Cars non tiña condicións para máis altos voos, e antes que acabe a tempada, retírase da competición. Despois vai substituír o accidentado italiano Vittorio Brambilla en Surtees, mais este equipo tamén está nas súas horas finais, e pouco había que facer. Non logrou puntuar.

Renault (1979-1982)

Para a tempada 1979, Renault escólleo para que sexa o seu segundo piloto, e a primeira oportunidade que ten para brillar é no gran Premio de Francia en Dijon-Prenois, onde a batalla final polo segundo lugar, co Ferrari do canadense Gilles Villeneuve é hoxe en día considerada como unha das máis brillantes batallas da historia do automobilismo. Non venceu a batalla contra Villeneuve, mais deixou seu nome estampado na Fórmula 1. O 3º lugar final dálle o seu primeiro podio, feito que repite no GP de Inglaterra en Silverstone, acaba en 2º, detrás do Williams do suízo Clay Regazzoni. En Austria, consegue a súa primeira pole position, posición que repite en Holanda. En Watkins Glen, o GP dos Estados Unidos, a última proba do campionato, termina 2º. Termina o campionato en 8º lugar con 17 puntos, conseguindo: dúas poles, tres podios e dúas voltas rápidas.

En 1980, ten un inicio de tempada fabuloso: gaña en Interlagos, o GP do Brasil, súa primeira vitoriaa, e no GP de Suráfrica en Kyalami, colocándose á fronte do campionato do Mundo. Mais esta euforia dura até a 5ª carreira, o GP de Bélxica, e despois diso, o mellor que consegue é un 2º en Holanda. Termina o campionato en 6º lugar con 29 puntos: dúas vitorias, tres podios, dúas poles e catro voltas rápidas.

Para o campionato de 1981, Arnoux conta cun novo compañeiro de equipo e compatriota: Alain Prost. O mozo francés do coche número 15 mostra do que está feito, e rapidamente consegue ser mellor ca el. O mellor que consegue Arnoux é ser segundo en Austria. Finaliza o campionato en 9º lugar con 11 puntos. Para iso, obtivo: catro pole positions e unha volta rápida.

Na temporada de 1982, Arnoux ve o ascenso de Prost a primeiro piloto, despois de gañar as dúas primeiras probas do campionato: África do Sur e Brasil, (en función das desclasificacións dos coches de: Nelson Piquet (vencedor) e Keke Rosberg (2º colocado)). Para empeorar as cousas, nesa altura, o francés do coche número 16 non consegue máis que un 3º lugar. Esa tensión chega ao auxe no gran Premio de Francia dese ano: o equipo decidira que Arnoux debería deixalo pasar en mellor situación no campionato. Ora, Arnoux, que fixera a pole position, pensou que tal idea era ultraxante e non acatou a orde. Resultado: Arnoux venceu a proba, pero practicamente custoulle o posto e comezou a procurar equipo para o próximo ano.

Arnoux aínda foi 2º en Alemaña en Hockenheim e venceu en Italia en Monza. Ficou en 6º lugar na clasificación xeral con 28 puntos. Para iso, fixo: cinco pole positions, catro podios e unha volta rápida. Tras a última proba, deixou o equipo.

Ferrari (1983-1985)

O seu novo equipo para 1983 foi Ferrari. A súa rapidez non pasara desapercibida ao Comendatore Enzo Ferrari e formou un dúo totalmente francés ao lado de Patrick Tambay. Domina rapidamente a seu compañeiro de equipo vencendo tres Grandes Premios: Canadá, Alemaña e Holanda. Foi a súa mellor tempada, pois tras o 2º posto no GP de Italia, o piloto do coche vermello número 28 estaba 2 puntos detrás do seu compatriota Alain Prost de Renault. A grande oportunidade de Arnoux de ser o primeiro piloto francés en conquistar o título era excepcional, mais na penúltima carreira, o GP de Europa en Brands Hatch, non puido pasr do 9º posto, descendendo á 3ª posición no campionato. Necesitaba dunha vitoria na última carreira, o GP de Suráfrica, e que Prost terminase 6º e Piquet 4º. Na carreira, a oportunidade de ser campión durou só 9 voltas, cando o motor italiano estourou e deixou a seus rivais na loita polo título. O 3º lugar no campionato con 49 puntos foi o mellor en toda a súa carreira con: tres vitorias, sete podios, catro pole positions e dúas voltas rápidas. Aínda que non ficase coa copa, polo menos fixo que o seu equipo xunto con seu compañeiro conquistara o título de construtores, algo que só conquistaría novamente 16 anos máis tarde.

No campionato de 1984, o coche perde competitividade en favor de McLaren e de Lotus. Arnoux non gaña, non fai poles, non lidera ningunha volta e o mellor posto que obtivo foron dous 2º postos en: San Marino e Dallas. O seu novo compañeiro de equipo, Michele Alboreto, aínda gaña unha carreira. Clasificouse en 6º lugar no Mundial con 27 puntos: catro podios e dúas voltas rápidas.

Na tempada de 1985, na carreira de apertura, o gran Premio do Brasil, Arnoux comezaba cun bo 4º lugar. Mais esta sería a súa última carreira con Ferrari, antes do GP de Portugal, Arnoux foi despedido inesperadamente por Ferrari e substituído polo sueco Stefan Johansson, oficialmente por un problema físico, pero a verdadeira razón descoñécese e nin o francés nin o equipo axudaron a aclarar as razóns da exclusión do equipo de Arnoux. Sen un volante para o resto da tempada, pasou o resto do ano en busca dun contrato para tempada seguinte, co apoio de Marlboro. Nun principio parecía seguro a súa fichaxe por Toleman, pero ao final ficho por Ligier. Remata a tempada con só 3 puntos da carreira brasileira e o 18º lugar no Mundial de Pilotos.

Ligier (1986-1989)

Regresa á competición con Ligier e o potente motor Renault Turbo no campionato de 1986. Ten 37 anos e a súa rapidez continúa intacta. Coloca o seu coche regularmente nos puntos, mais non alcanza ningún podio. Termina o ano con 17 puntos, dándolle un 10º lugar.

Continúa no equipo en 1987, pero xa en decadencia, porque non podía contar co motor francés, que se retirou da categoría. En princípo, o equipo contaría co motor Alfa Romeo, mais o propio piloto rexeitou que o equipo utilizáseo no Mundial, pois nas probas se mostrou moi feble. Rapidamente, o equipo de Guy Ligier contactou con Megatron, a preparadora dos BMW Turbo. Por iso, o equipo non estivo presente na carreira de inicio, o gran Premio do Brasil. A participación comezou na segunda carreira en San Marino. No troco de motores, o piloto conseguiu terminar só cinco probas, mais unha concluíu nos puntos cun 6º posto en Bélxica, acabando o campionato en 17º lugar con 1 punto.

Na tempada de 1988, o equipo troca novamente de motor e adopta o motor aspirado Judd V8, (a estrea do propulsor na categoría). Seu compañeiro de equipo foi aquel que o substituíu tres anos antes, o sueco Stefan Johansson. Co novo motor, Arnoux termina cinco probas, mais non logra conquistar ningún punto.

O turbo foi prohibido no campionato de 1989, e todos os equipos tiñan que usar motor aspirado. O equipo troca unha vez máis o motor; agora era o Ford Cosworth V8. O terceiro ano de Ligier, o piloto encontrou moitas dificultades para clasificar o coche na grella. O francés do coche número 25 non se clasificou en sete carreiras e só obtivo éxito en nove; concluíu seis carreiras, mais só unha foi nos puntos un 5º posto no gran Premio do Canadá, baixo a choiva. Cerra o campionato en 22º lugar con 2 puntos e tamén é o final da súa carreira na Fórmula 1 con 41 anos.

Tras a Fórmula 1

Arnoux montou un negocio de pistas de karting indoor por toda a Francia. Neste momento teñen catro pistas a funcionar, dúas na rexión parisiense, unha en Lión e outra en Marsella. Ao final de 2006, decidiu volver a poñerse o casco ao participar no Grand Prix Masters, a Fórmula 1 para pilotos con máis de 45 anos.

Estatísticas

  • Saídas na Fórmula 1: 149
  • Todos os GPs: 164
Vitorias na Fórmula 1

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1978 Automobiles Martini Martini MK23 Ford Cosworth DFV ARX
BRA
RSA
NSC
USW
MON
NSCP
BEL
9
ESP
SWE
FRA
14
RU
NPP
ALE
NSCP
AUT
9
HOL
Ret
ITA
NC 0
Durex Team Surtees Surtees TS20 USA
9
CAN
Ret
1979 Equipe Renault Elf Renault RS01 Renault V6 (t/c) ARX
Ret
BRA
Ret
RSA
Ret
USW
NTS
ESP
9
BEL
Ret
17
Renault RS10 MON
Ret
FRA
3
RU
2
ALE
Ret
AUT
6
HOL
Ret
ITA
Ret
CAN
Ret
USA
2
1980 Equipe Renault Elf Renault RE20 Renault V6 (t/c) ARX
Ret
BRA
1
RSA
1
USW
9
BEL
4
MON
Ret
FRA
5
RU
NC
ALE
Ret
AUT
9
HOL
2
ITA
10
CAN
Ret
USA
7
29
1981 Equipe Renault Elf Renault RE20B Renault V6 (t/c) USW
8
BRA
Ret
ARX
5
SMR
8
BEL
NSC
11
Renault RE30 MON
Ret
ESP
9
FRA
4
RU
9
ALE
13
AUT
2
HOL
Ret
ITA
Ret
CAN
Ret
CPL
Ret
1982 Equipe Renault Elf Renault RE30B Renault V6 (t/c) RSA
3
BRA
Ret
USW
Ret
SMR
Ret
BEL
Ret
MON
Ret
DET
10
CAN
Ret
HOL
Ret
RU
Ret
FRA
1
ALE
2
AUT
Ret
SUI
Ret
ITA
1
CPL
Ret
28
1983 Scuderia Ferrari Ferrari 126C2B Ferrari V6 (t/c) BRA
10
USW
3
FRA
7
SMR
3
MON
Ret
BEL
Ret
DET
Ret
CAN
1
RU
5
49
Ferrari 126C3 ALE
1
AUT
2
HOL
1
ITA
2
EUR
9
RSA
Ret
1984 Scuderia Ferrari Ferrari 126C4 Ferrari V6 (t/c) BRA
Ret
RSA
Ret
BEL
3
SMR
2
FRA
4
MON
3
CAN
5
DET
Ret
DAL
2
RU
6
ALE
6
AUT
7
HOL
11
ITA
Ret
EUR
5
POR
9
27
1985 Scuderia Ferrari Ferrari 156/85 Ferrari V6 (t/c) BRA
4
POR
SMR
MON
CAN
DET
FRA
RU
ALE
AUT
HOL
ITA
BEL
EUR
RSA
AUS
17º 3
1986 Equipe Ligier Ligier JS27 Renault V6 (t/c) BRA
4
ESP
Ret
SMR
Ret
MON
5
BEL
Ret
CAN
6
DET
Ret
FRA
5
RU
4
ALE
4
HUN
Ret
AUT
10
ITA
Ret
POR
7
MEX
15
AUS
7
10º 14
1987 Ligier Loto Ligier JS29B Megatron 4 en liña (t/c) BRA
SMR
DNS
BEL
6
MON
11
DET
10
19º 1
Ligier JS29C FRA
Ret
RU
Ret
ALE
Ret
HUN
Ret
AUT
10
ITA
10
POR
Ret
ESP
Ret
MEX
Ret
XPN
Ret
AUS
Ret
1988 Ligier Loto Ligier JS31 Judd V8 BRA
Ret
SMR
NSC
MON
Ret
MEX
Ret
CAN
Ret
DET
Ret
FRA
NSC
RU
18
ALE
17
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
13
POR
10
ESP
Ret
XPN
17
AUS
Ret
NC 0
1989 Ligier Loto Ligier JS33 Ford Cosworth DFR BRA
NSC
SMR
NSC
MON
12
MEX
14
USA
DNQ
CAN
5
FRA
Ret
RU
NSC
ALE
11
HUN
NSC
BEL
Ret
ITA
9
POR
13
ESP
NSC
XPN
NSC
AUS
Ret
23º 2
Pechar
  • ‡ A carreira detívose con menos do 75% de voltas completadas, outorgáronse a metade dos puntos.

Resultados de carreiras non de campionato

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Ano Equipo Chasis Motor 1
1978 Automobiles Martini Martini MK23 Ford Cosworth DFV INT
NTS
1983 Scuderia Ferrari Ferrari 126C2B Ferrari V6 (t/c) ROC
Ret
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.