Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio do Brasil de 1989 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 26 de marzo de 1989 no circuíto de Jacarepaguá do Río de Xaneiro. Foi a primeira carreira da tempada de 1989 e tamén foi o décimo oitavo Gran Premio do Brasil e o décimo que se celebrou en Jacarepaguá do Río de Xaneiro. A carreira disputouse sobre 61 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para unha distancia da carreira de 307 quilómetros.
Nome oficial | XVIII Brazilian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Brasil |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1989 |
Distancia do evento | 61 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Internacional Nelson Piquet (Río de Xaneiro) 22°58′32″S 43°23′42″O |
País | Brasil |
Data | 26 de marzo de 1989 |
Competición | |
Primeiro posto | Nigel Mansell |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Riccardo Patrese |
O equipo FIRST retirouse antes do comezo da tempada, xa que o coche fallara unha proba de choque obrigatoria da FIA na pretempada.
Philippe Streiff continuou como piloto principal de AGS para a tempada 1989, pero quedou paralítico nun accidente nunha proba pre-GP no circuíto, que puxo fin á súa carreira deportiva.
Ayrton Senna logrou a pole position na cualificación por diante de Riccardo Patrese, que bateu a marca de 177 aparicións nun Grand Prix, e Gerhard Berger no novo Ferrari 640, que contou coa primeira caixa de cambios semiautomática na Fórmula Un. Para Patrese en realidade era a súa primeira saída en primeira fila desde que comezou segundo no Gran Premio de Europa de 1983 en Brands Hatch, 81 carreiras despois. No seu debut con Ferrari, o compañeiro de equipo de Berger Nigel Mansell cualificou sexto. Logo da carreira Mansell chanceou que estaba tan convencido da falta de fiabilidade do seu novo coche que reservara un voo cedo a casa.[1]
Johnny Herbert (Benetton) e Olivier Grouillard (Ligier) cualificáronse por primeira vez para unha carreira de Fórmula Un.
Na saída, Nicola Larini foi descualificado por unha saída ilegal. Mansell converteuse no primeiro home desde Mario Andretti en 1971 en gañar na súa debut na Fórmula Un con Ferrari, unha fazaña que non foi igualada ata que Kimi Räikkönen gañou con Ferrari no Gran Premio de Australia de 2007. Tamén foi a primeira carreira que gañada por un coche cunha caixa de cambios semiautomática. Mansell cortouse as mans co trofeo logo da carreira.[2] Uníuselle no podio o McLaren de Alain Prost e o March de Maurício Gugelmin, na súa primeira aparición no podio. Johnny Herbert terminou cuarto e anotou puntos para Benetton no seu debut. Herbert, que aínda se recuperaba do seu horrible accidente na Fórmula 3000 en Brands Hatch seis meses antes, acabou 4º no debut a só 1´123 segundos detrás de Gugelmin e 7´748 segundos por diante do seu compañeiro de equipo Alessandro Nannini que terminou sexto.
A mala sorte da historia da carreira foi para o piloto de Arrows Derek Warwick. Houbo un problema ao axuste nunha roda traseira durante a súa segunda parada para cambiar os pneumáticos no que perderon máis de 25 segundos. Terminou en quinto lugar, a menos de 18 segundos por detrás de Mansell o que suxire que a parada en boxes puidolle custar a Warwick a súa vitoria no Gran Premio inaugural.
O compañeiro de equipo en Arrows de Warwick Eddie Cheever derrubouse logo de saír do seu coche trala colisión co Zakspeed de Bernd Schneider . Arrows en realidade tivo que modificar o coche de Cheevers despois de non pasar a comprobación de seguridade da FIA onde o piloto tiña 5 segundos para poder saír do seu coche. O novo deseño de Ross Brawn do Arrows A11 axustarase para acoller a altura do americano, que tivo problemas para adaptarse ao coche antes da práctica. Schneider, cuxo auto montaba o novo motor V8 de Yamaha, só se meteu en carreira logo do accidente de Philippe Streiff e a FIA permitira entrar 5 precualificados na pista principal en lugar de 4. Schneider non volveu a cualificar para outra carreira ata a penúltima proba da tempada en Xapón uns 7 meses despois. O seu novo compañeiro de equipo Aguri Suzuki fracasaría para cualificar nas 16 probas da tempada de 1989.
Esta foi a última carreira de Fórmula Un en Jacarepaguá. Desde 1990, o Gran Premio do Brasil disputouse nun acurtado Interlagos en Sao Paulo, a cidade natal de Ayrton Senna.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Judd | 1:27.764 | |
2 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:28.147 | +0.383 |
3 | 33 | Gregor Foitek | EuroBrun-Judd | 1:29.604 | +1.840 |
4 | 17 | Nicola Larini | Osella-Ford | 1:29.679 | +1.915 |
5 | 34 | Bernd Schneider | Zakspeed-Yamaha | 1:30.417 | +2.653 |
6 | 21 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:30.747 | +2.983 |
7 | 18 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Ford | 1:31.150 | +3.386 |
8 | 39 | Volker Weidler | Rial-Ford | 1:31.964 | +4.200 |
9 | 32 | Pierre-Henri Raphanel | Coloni-Ford | 1:32.019 | +4.255 |
10 | 41 | Joachim Winkelhock | AGS-Ford | 1:32.982 | +5.218 |
11 | 35 | Aguri Suzuki | Zakspeed-Yamaha | 1:33.079 | +5.315 |
12 | 36 | Stefan Johansson | Onyx-Ford | 1:35.232 | +7.468 |
13 | 37 | Bertrand Gachot | Onyx-Ford | 1:37.932 | +10.168 |
Pos | Nº | Piloto | Equipo | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:26.205 | 1:25.302 | — |
2 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:26.172 | 7:12.732 | +0.870 |
3 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:26.271 | 1:26.394 | +0.969 |
4 | 5 | Thierry Boutsen | Williams-Renault | 1:27.367 | 1:26.459 | +1.157 |
5 | 2 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:27.095 | 1:26.620 | +1.318 |
6 | 27 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:27.249 | 1:26.772 | +1.470 |
7 | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 1:27.525 | 1:27.035 | +1.733 |
8 | 9 | Derek Warwick | Arrows-Ford | 1:27.937 | 1:27.408 | +2.106 |
9 | 11 | Nelson Piquet | Lotus-Judd | 1:28.423 | 1:27.437 | +2.135 |
10 | 20 | Johnny Herbert | Benetton-Ford | 1:27.626 | 1:27.754 | +2.324 |
11 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:28.394 | 1:27.865 | +2.563 |
12 | 15 | Maurício Gugelmin | March-Judd | 1:27.956 | 1:28.581 | +2.654 |
13 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Judd | 1:29.138 | 1:28.274 | +2.972 |
14 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:28.621 | 1:28.942 | +3.319 |
15 | 22 | Andrea de Cesaris | Dallara-Ford | 1:29.005 | 1:29.206 | +3.703 |
16 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:30.077 | 1:29.435 | +4.133 |
17 | 38 | Christian Danner | Rial-Ford | 1:30.460 | 1:29.455 | +4.153 |
18 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 1:30.443 | 1:29.573 | +4.271 |
19 | 17 | Nicola Larini | Osella-Ford | 1:31.341 | 1:30.146 | +4.844 |
20 | 4 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 1:32.260 | 1:30.255 | +4.953 |
21 | 12 | Satoru Nakajima | Lotus-Judd | 1:30.942 | 1:30.375 | +5.073 |
22 | 26 | Olivier Grouillard | Ligier-Ford | 1:30.410 | 1:30.666 | +5.108 |
23 | 24 | Luis Pérez-Sala | Minardi-Ford | 1:30.702 | 1:30.643 | +5.341 |
24 | 10 | Eddie Cheever | Arrows-Ford | 1:30.657 | 1:31.068 | +5.355 |
25 | 34 | Bernd Schneider | Zakspeed-Yamaha | 1:32.346 | 1:30.861 | +5.559 |
26 | 30 | Philippe Alliot | Lola-Lamborghini | 1:31.872 | 1:31.009 | +5.707 |
27 | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Lamborghini | 1:32.411 | 1:31.260 | +5.958 |
28 | 25 | René Arnoux | Ligier-Ford | 1:34.232 | 1:31.376 | +6.074 |
29 | 33 | Gregor Foitek | EuroBrun-Judd | 1:31.791 | 1:53.570 | +6.489 |
30 | 31 | Roberto Moreno | Coloni-Ford | 1:32.561 | 1:34.894 | +7.259 |
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 27 | Nigel Mansell | Ferrari | 61 | 1:38:58.744 | 6 | 9 |
2 | 2 | Alain Prost | McLaren-Honda | 61 | + 7.809 | 5 | 6 |
3 | 15 | Maurício Gugelmin | March-Judd | 61 | + 9.370 | 12 | 4 |
4 | 20 | Johnny Herbert | Benetton-Ford | 61 | + 10.493 | 10 | 3 |
5 | 9 | Derek Warwick | Arrows-Ford | 61 | + 17.866 | 8 | 2 |
6 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 61 | + 18.241 | 11 | 1 |
7 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 60 | + 1 volta | 18 | |
8 | 12 | Satoru Nakajima | Lotus-Judd | 60 | + 1 volta | 21 | |
9 | 26 | Olivier Grouillard | Ligier-Ford | 60 | + 1 volta | 22 | |
10 | 4 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 59 | + 2 voltas | 20 | |
11 | 1 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 59 | + 2 voltas | 1 | |
12 | 30 | Philippe Alliot | Lola-Lamborghini | 58 | + 3 voltas | 26 | |
13 | 22 | Andrea de Cesaris | Dallara-Ford | 57 | + 4 voltas | 15 | |
14 | 38 | Christian Danner | Rial-Ford | 56 | Caixa de cambios | 17 | |
Ret | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 51 | Alternador | 2 | |
Ret | 10 | Eddie Cheever | Arrows-Ford | 37 | Colisión | 24 | |
Ret | 34 | Bernd Schneider | Zakspeed-Yamaha | 36 | Colisión | 25 | |
Ret | 7 | Martin Brundle | Brabham-Judd | 27 | Palier | 13 | |
Ret | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 22 | Suspensión | 7 | |
Ret | 11 | Nelson Piquet | Lotus-Judd | 10 | Sistema combustible | 9 | |
DSC | 17 | Nicola Larini | Osella-Ford | 10 | Dexcualificado | 19 | |
Ret | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 9 | palier | 14 | |
Ret | 5 | Thierry Boutsen | Williams-Renault | 3 | Motor | 4 | |
Ret | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 2 | Chasis | 16 | |
Ret | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 0 | Colisión | 3 | |
Ret | 24 | Luis Pérez-Sala | Minardi-Ford | 0 | Colisión | 23 | |
NSC | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Lamborghini | ||||
NSC | 25 | René Arnoux | Ligier-Ford | ||||
NSC | 33 | Gregor Foitek | EuroBrun-Judd | ||||
NSC | 31 | Roberto Moreno | Coloni-Ford | ||||
NSCP | 21 | Alex Caffi | Dallara-Ford | ||||
NSCP | 18 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Ford | ||||
NSCP | 39 | Volker Weidler | Rial-Ford | ||||
NScP | 32 | Pierre-Henri Raphanel | Coloni-Ford | ||||
NSCP | 41 | Joachim Winkelhock | AGS-Ford | ||||
NSCP | 35 | Aguri Suzuki | Zakspeed-Yamaha | ||||
NSCP | 36 | Stefan Johansson | Onyx-Ford | ||||
NSCP | 37 | Bertrand Gachot | Onyx-Ford | ||||
fonte:[3] |
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.