Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Italia de 1980 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autódromo Enzo e Dino Ferrari o 14 de setembro de 1980. A carreira, que se disputou sobre 60 voltas, foi a décimo segunda proba da tempada de 1980. A carreira foi o 50º Gran Premio de Italia e o primeiro Gran Premio que se celebrou en Imola. Foi a primeira vez desde o Gran Premio de Italia de 1948 que se celebrou no Parco del Valentino que o Autodromo Nazionale Monza non acolleu o Gran Premio de Italia. Monza estaba de reformas nese momento. A carreira foi un éxito tal que unha nova carreira, o Gran Premio de San Marino estableceuse en Imola. A carreira levouse a cabo sobre 60 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para unha distancia total de carreira de 300 quilómetros.
Nome oficial | 51º Gran Premio d'Italia |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
Distancia do evento | 60 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Enzo e Dino Ferrari (Imola) 44°20′28″N 11°42′48″L |
Lonxitude | 4,909 km |
País | Italia |
Data | 14 de setembro de 1980 |
Competición | |
Primeiro posto | Nelson Piquet |
Pole position | René Arnoux |
Volta máis rápida | Alan Jones |
A carreira foi gañada polo piloto brasileiro, Nelson Piquet pilotando un Brabham BT49. A vitoria foi a terceira nun Gran Premio de Fórmula Un de Piquet e o seu segundo consecutivo. Piquet gañou por 28 segundos sobre o piloto australiano Alan Jones que pilotaba un Williams FW07B.O compañeiro de equipo de Jones, o arxentino Carlos Reutemann terminou terceiro.
Manfred Winkelhock fixo o seu debut no Arrows, en substitución de Jochen Mass aínda lesionado. Non chegou a participar na carreira logo de colidir co seu Arrows A3 co Lotus 81B de Nigel Mansell na práctica, eliminando a ambos. Ferrari debutou co seu primeiro coche turbo, o Ferrari 126C pero Gilles Villeneuve comezou a carreira no seu Ferrari 312T5 habitual. Tamén, logo dun grande accidente durante a práctica na curva á dereita antes de Tosa, o vixente campión do mundo Jody Scheckter anunciou o súa retirada do deporte.
A primeira fila da grella foi ocupada polos Renault RE20 de René Arnoux e Jean-Pierre Jabouille aínda que Piquet tomou o liderado na volta 4 e xa non o abandonou. Na sexta volta Villeneuve estrelou o seu 312T5 na curva que hoxe leva o seu nome. Villeneuve resultou ileso e Bruno Giacomelli retirouse co seu Alfa Romeo 179 logo de pasar sobre os restos. Jones subiu ao segundo posto logo de estar sétimo. Detrás de Reutemann, Elio de Angelis terminou cuarto no seu Lotus 81, o mellor posto da tempada do Team Lotus desde que de Angelis fora segundo no Gran Premio do Brasil de 1980 foi a única vez que un Lotus logrou un cuarto lugar en 1980. Keke Rosberg terminou quinto no seu Fittipaldi F8, tamén o seu segundo mellor resultado do ano. Didier Pironi terminou sexto no seu Ligier JS11 / 15. Terminaron doce coches, clasificaron trece contando o Tyrrell 010 de Jean-Pierre Jarier que tivo unha falla nos freos a cinco voltas do final.
As actuacións de Jones e Reutemann colocaron a Williams 34 puntos por diante de Ligier e aseguraron para o equipo británico o seu primeiro campionato de construtores.
Malia terminar en segundo lugar detrás de Piquet, Jones perdeu a súa vantaxe de puntos no campionato mundial. A falta de dúas carreiras para o final Piquet lideraba por un punto cando rematou a etapa europea do campionato. Reutemann estaba agora cinco puntos por diante de Jacques Laffite e oito por diante de Arnoux. Houbo un descanso de dúas semanas, mentres que o campionato trasladouse a América do Norte para a conclusión da tempada e a pelexa polo campionato comezou no Gran Premio do Canadá.
|
|
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1980 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1979 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1981 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.