Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio dos Países Baixos de 1980 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 31 de agosto de 1980 no circuíto de Zandvoort. Foi a undécima carreira da tempada de Fórmula Un de 1980. Foi o 29º Gran Premio dos Países Baixos. A carreira levouse a cabo sobre 72 voltas ao circuíto de 4´252 quilómetros para unha distancia total de carreira de 306 quilómetros.
Nome oficial | XXVII Dutch Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio dos Países Baixos |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
Distancia do evento | 72 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Park Zandvoort (Zandvoort) 52°23′18″N 4°32′35″L |
Lonxitude | 4,259 km |
País | Países Baixos |
Data | 31 de agosto de 1980 |
Competición | |
Primeiro posto | Nelson Piquet |
Pole position | René Arnoux |
Volta máis rápida | René Arnoux |
A carreira foi gañada polo piloto brasileiro, Nelson Piquet pilotando un Brabham BT49. A vitoria foi a segunda de Piquet nun Gran Premio de Fórmula Un que lograra a súa primeira vitoria a principios dese mesmo ano no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980. A vitoria confirmou a Piquet como a principal ameaza para Alan Jones para acadar á coroa do campionato do mundo. Piquet gañou por doce segundos sobre o francés René Arnoux que pilotaba un Renault RE20. A menos de medio segundo detrás, terceiro, foi outro piloto francés Jacques Laffite (Ligier JS11 / 15).
O circuíto fora modificado por segunda vez en dous anos coa chicane da recta de atrás endurecida significativamente. Había varias combinacións novas. Alfa Romeo participou cun segundo coche, logo da morte de Patrick Depailler un mes antes, para o veterano italiano Vittorio Brambilla. Geoff Lees correu no segundo Ensign N180 e Jochen Mass regresou logo dunha lesión nun Arrows A3. O retorno de Mass resultou ser prematuro e tivo que retirarse. O piloto de probas de Tyrrell Racing Mike Thackwell colleu o coche na cualificación, pero fracasou no seu intento de ser o piloto máis novo en participar nunha carreira de Fórmula Un.
Jones acelerou desde a segunda fila da grella para liderar ata que entrou en boxes cos faldróns danados. Laffite pronto pasou a Arnoux antes de que ambos foron adiantados por Piquet. A última hora da carreira Arnoux recuperou o segundo lugar. Detrás de Laffite, o segundo Williams FW07B de Carlos Reutemann terminou cuarto por diante de Jean-Pierre Jarier (disputaba o seu Gran Premio número 100) no Tyrrell 010 supervivente, logo de que Derek Daly estrelarase, logo dun fallo dos freos. O mozo novato Alain Prost logrou o último punto debutando no novo McLaren M30.
Jones foi undécimo tres voltas por detrás, o seu campionato corría agora un perigo real con Piquet a dous puntos. Reutemann batallaba pola terceira praza cun punto máis que Laffite e tres sobre Arnoux. Williams tiña a man o trofeo de construtores, lideraba sobre Ligier por 25 puntos e Brabham por 35 o compañeiro de Piquet practicamente non proporcionou ningún punto para o campionato de construtores.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 72 | 1:38:13.83 | 5 | 9 |
2 | 16 | René Arnoux | Renault | 72 | +12.93 segs | 1 | 6 |
3 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Ford | 72 | +13.43 segs | 6 | 4 |
4 | 28 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 72 | +15.29 segs | 3 | 3 |
5 | 3 | Jean-Pierre Jarier | Tyrrell-Ford | 72 | +1:00.02 segs | 17 | 2 |
6 | 8 | Alain Prost | McLaren-Ford | 72 | +1:22.62 segs | 18 | 1 |
7 | 2 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 71 | +1 volta | 7 | |
8 | 11 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 70 | Sen combustible | 10 | |
9 | 1 | Jody Scheckter | Ferrari | 70 | +2 voltas | 12 | |
10 | 9 | Marc Surer | ATS-Ford | 69 | +3 voltas | 20 | |
11 | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 69 | +3 voltas | 4 | |
Ret | 4 | Derek Daly | Tyrrell-Ford | 60 | Freos | 23 | |
Ret | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 58 | Accidente | 8 | |
Ret | 31 | Eddie Cheever | Osella-Ford | 38 | Motor | 19 | |
Ret | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 29 | Motor | 14 | |
Ret | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Renault | 23 | Dirección | 2 | |
Ret | 22 | Vittorio Brambilla | Alfa Romeo | 21 | Accidente | 22 | |
Ret | 41 | Geoff Lees | Ensign F1-Ford | 21 | Accidente | 24 | |
Ret | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 18 | Motor | 9 | |
Ret | 20 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 16 | Freos | 21 | |
Ret | 43 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 15 | Freos | 16 | |
Ret | 12 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 2 | Accidente | 11 | |
Ret | 25 | Didier Pironi | Ligier-Ford | 2 | Accidente | 15 | |
Ret | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 1 | Caixa de cambios | 13 | |
NSC | 50 | Rupert Keegan | Williams-Ford | ||||
NSC | 14 | Jan Lammers | Ensign-Ford | ||||
NSC | 30 | Mike Thackwell | Arrows-Ford | ||||
NSC | 21 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | ||||
Wth | 30 | Jochen Mass | Arrows-Ford | Lesionado |
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1980 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1979 |
Gran Premio dos Países Baixos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baixos de 1981 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.