Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Mónaco de 1988 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 15 de maio de 1988 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1988.
Nome oficial | 46e Monaco Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 15 de maio de 1988 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Ayrton Senna |
O dominio que McLaren - Honda mostrou na cualificación de Imola continuou en Mónaco. Ayrton Senna foi o único piloto en cualificarse por debaixo de 1:24.0 e acabou nun asombroso 1´4 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo e especialista en Mónaco, Alain Prost e 2´7 segundos máis rápido que o terceiro clasificado, Gerhard Berger no seu Ferrari. O coche atmosferico máis rápido foi o Williams de Nigel Mansell en 5º lugar, 3´7 segundos por debaixo do ritmo marcado por Senna. O piloto de Lotus - Honda Satoru Nakajima non puido clasificarse na grella de 26 vehículos (en anos anteriores, Mónaco, só tiña unha grella de 20 coches debido á natureza limitada do circuíto de Mónaco), o que confirmou que só estaba na Fórmula Un por mor da súa nacionalidade e a relación con Honda. Ademais tampouco puideron cualificar no estreito circuíto o Zakspeed de Bernd Schneider, o Minardi de Adrián Campos e o Tyrrell de Julian Bailey.
Senna liderou desde o principio, Prost superou a Berger cando o francés fallou nun cambio de marchas. A primeira curva en Santa Devota viu unha gran variedade de accidentes: Alex Caffi no seu novo Dallara bateu contra o muro, o AGS de Philippe Streiff retirouse logo dun impresionante 12º lugar na grella cando o cable do acelerador rompeu, e Nelson Piquet retirouse logo de chocar con Eddie Cheever.
A orde de marcha de Senna-Prost-Berger-Mansell- Alboreto - Nannini mantívose ata a volta 33, cando Alboreto adiantou a Mansell na piscina, cunha tardía manobra de adiantamento. Na volta 51, houbo algúns momentos dramáticos cando, en Mirabeau, Philippe Alliot no Lola tivo unha violenta colisión con Riccardo Patrese no Williams. Na volta 54 Prost conseguiu por fin pasar a Berger na primeira curva e quedou en segundo lugar. Entón, comezaron as voltas rápidas con Senna. Pero na volta 65, logo de que Prost rebaixara 6 segundos nunha volta a Senna, isto ía ser a perdición de Senna, que entrou en pánico, perdeu a súa concentración e deuse contra barreira en Portier, e a carreira foi gañada, por 4ª vez en 5 anos, por Prost. Senna desapareceu e McLaren non soubo nada del ata o día seguinte da carreira. Como vivía en Mónaco especulouse que o brasileiro simplemente foise á súa casa para contemplar a carreira que dominara desde a primeira vez que saíron á pista para os adestramentos libres do xoves pola mañá.
Os Ferraris quedaron 2º e 3º con Derek Warwick no Arrows - Megatron terminou cuarto logo dunha longa batalla co Tyrrell - Ford de Jonathan Palmer. Patrese recuperouse da súa colisión para gañar o punto final ao pasar o Lola de Yannick Dalmas na última volta. O punto de Patrese foi tamén o primeiro e único punto no campionato do mundo logrado por un motor Judd.
Anos máis tarde, o expiloto e coordinador do equipo McLaren Jo Ramírez revelou que o accidente de Senna fora causado porque o volante quedoulle nas súas mans cando pilotabaóo límite absoluto para vencer a Prost.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:26.464 | 1:23.998 | — |
2 | 11 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:28.375 | 1:25.425 | +1.427 |
3 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:29.001 | 1:26.685 | +2.687 |
4 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:29.931 | 1:27.297 | +3.299 |
5 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Judd | 1:28.475 | 1:27.665 | +3.667 |
6 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:29.093 | 1:27.869 | +3.871 |
7 | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 1:29.928 | 1:27.872 | +3.874 |
8 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Judd | 1:29.130 | 1:28.016 | +4.018 |
9 | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 1:32.889 | 1:28.227 | +4.229 |
10 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 1:30.679 | 1:28.358 | +4.360 |
11 | 1 | Nelson Piquet | Lotus-Honda | 1:30.924 | 1:28.403 | +4.405 |
12 | 14 | Philippe Streiff | AGS-Ford | 1:29.597 | 1:28.527 | +4.529 |
13 | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 1:31.375 | 1:28.536 | +4.538 |
14 | 15 | Mauricio Gugelmin | March-Judd | 1:32.148 | 1:28.610 | +4.612 |
15 | 24 | Luis Perez-Sala | Minardi-Ford | 1:31.662 | 1:28.625 | +4.627 |
16 | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | 1:29.539 | 1:28.640 | +4.642 |
17 | 36 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:33.691 | 1:29.075 | +5.077 |
18 | 32 | Oscar Larrauri | EuroBrun-Ford | 1:31.861 | 1:29.093 | +5.095 |
19 | 22 | Andrea de Cesaris | Rial-Ford | 1:33.183 | 1:29.298 | +5.300 |
20 | 25 | René Arnoux | Ligier-Judd | 1:31.964 | 1:29.480 | +5.482 |
21 | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Ford | 1:33.158 | 1:29.601 | +5.603 |
22 | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 1:35.216 | 1:29.603 | +5.605 |
23 | 9 | Piercarlo Ghinzani | Zakspeed | 1:33.005 | 1:30.121 | +6.213 |
24 | 31 | Gabriele Tarquini | Coloni-Ford | 1:32.792 | 1:30.252 | +6.254 |
25 | 21 | Nicola Larini | Osella | 1:36.705 | 1:30.335 | +6.337 |
26 | 26 | Stefan Johansson | Ligier-Judd | 1:36.036 | 1:30.505 | +6.507 |
NSC | 2 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | 1:30.611 | 1:31.573 | +6.613 |
NSC | 10 | Bernd Schneider | Zakspeed | 1:33.585 | 1:30.613 | +6.615 |
NSC | 23 | Adrián Campos | Minardi-Ford | 1:32.627 | 1:30.793 | +6.795 |
NSC | 4 | Julian Bailey | Tyrrell-Ford | 1:34.192 | 1:30.816 | +6.818 |
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | Alain Prost | McLaren-Honda | 78 | 1:57:17.077 | 2 | 9 |
2 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 78 | + 20.453 | 3 | 6 |
3 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 78 | + 41.229 | 4 | 4 |
4 | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 77 | + 1 volta | 7 | 3 |
5 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 77 | + 1 volta | 10 | 2 |
6 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Judd | 77 | + 1 volta | 8 | 1 |
7 | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Ford | 77 | + 1 volta | 21 | |
8 | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | 76 | + 2 voltas | 16 | |
9 | 21 | Nicola Larini | Osella | 75 | + 3 voltas | 25 | |
10 | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 72 | + 6 voltas | 22 | |
Ret | 12 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 66 | Colisión | 1 | |
Ret | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 50 | Colisión | 13 | |
Ret | 15 | Maurício Gugelmin | March-Judd | 45 | Sistema combustible | 14 | |
Ret | 9 | Piercarlo Ghinzani | Zakspeed | 43 | Caixa cambios | 23 | |
Ret | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 38 | Caixa cambios | 6 | |
Ret | 24 | Luis Perez-Sala | Minardi-Ford | 36 | Semieixo | 15 | |
Ret | 5 | Nigel Mansell | Williams-Judd | 32 | Colisión | 5 | |
Ret | 22 | Andrea de Cesaris | Rial-Ford | 28 | Motor | 19 | |
Ret | 25 | René Arnoux | Ligier-Judd | 17 | Motor | 20 | |
Ret | 32 | Oscar Larrauri | EuroBrun-Ford | 14 | Freos | 18 | |
Ret | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 8 | Motor | 9 | |
Ret | 26 | Stefan Johansson | Ligier-Judd | 6 | Motor | 26 | |
Ret | 31 | Gabriele Tarquini | Coloni-Ford | 5 | Suspensión | 24 | |
Ret | 1 | Nelson Piquet | Lotus-Honda | 1 | Colisión | 11 | |
Ret | 36 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 0 | Trompo | 17 | |
Ret | 14 | Philippe Streiff | AGS-Ford | 0 | Acelerador | 12 | |
NSC | 2 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | ||||
NSC | 10 | Bernd Schneider | Zakspeed | ||||
NSC | 23 | Adrián Campos | Minardi-Ford | ||||
NSC | 4 | Julian Bailey | Tyrrell-Ford | ||||
DSC | 33 | Stefano Modena | EuroBrun-Ford | Excluído |
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de San Marino de 1988 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1988 |
Carreira seguinte: Gran Premio de México de 1988 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1987 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1989 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.