From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Detroit de 1983 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 5 de xuño de 1983 en Detroit, Míchigan.
Nome oficial | 2nd Detroit Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Detroit |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1983 |
Distancia do evento | 60 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Detroit (Detroit) 42°19′47″N 83°02′24″O |
País | Estados Unidos de América |
Data | 5 de xuño de 1983 |
Competición | |
primeiro posto | Michele Alboreto (Tyrrell Racing) |
segundo posto | Keke Rosberg (WilliamsF1) |
terceiro posto | John Watson (McLaren) |
Pole position | René Arnoux↔Scuderia Ferrari (01:44,734) |
Volta máis rápida | John Watson (01:47,668), volta:55 |
Michele Alboreto co Tyrrell logrou o seu segundo Gran Premio e gañou os primeiros puntos da tempada, logo de herdar o liderado de Nelson Piquet a tan só nove voltas do final cando o piloto de Brabham detívose para substituír un pneumático traseiro picado. O trazado polas estreitas rúas eliminou gran parte da vantaxe dos coches turbo, e a vitoria de Alboreto co motor Cosworth-Ford foi a última das tres vitorias non turbo da tempada. Tamén foi a última para un motor aspirado ata que os turbos foron prohibidos logo da tempada 1988, e a última dunha marca de 155 vitorias para o lendario Cosworth DFV e tamén a última vitoria para o equipo Tyrrell.
O circuíto modificouse levemente da súa configuración orixinal do ano anterior, coa rúa de boxes ampliada para por á entrada antes da chicane final, e unha nova sección curta da pista, eliminando a estreita forquita da curva cinco. O novo deseño era máis rápido e do gusto dos pilotos. Todas as prácticas do venres levaronse a cabo baixo a choiva, quedaba unha soa hora o sábado para decidir a grella de saída.
A diferenza do patrón habitual, logo dos primeiros quince minutos da cualificación, a pista fíxose máis lenta a medida que se foi depositando goma. Isto ao parecer foi debido a que a humidade que aínda tiña a pista estaba sendo evaporada polo agora ardente sol. O tempo do gañador da pole, foi de 1:44.734 logrado por René Arnoux no seu Ferrari co primeiro xogo de pneumáticos de cualificación, co seu segundo xogo, foi máis de dous segundos máis lento! Os que non lograron un tempo rápido no inicio da sesión foron prexudicados polas cambiantes condicións, como resultado a grella presentou moitas sorpresas. O defensor do campionato Keke Rosberg foi duodécimo, Alain Prost 13º e Niki Lauda 18º, mentres que os coches non turboalimentados de Marc Surer e Alboreto foron quinto e sexto. O americano Eddie Cheever, con Renault, estaba no sétimo lugar, seis postos por diante do seu compañeiro de equipo Alain Prost
Máis de 70.000 afeccionados gozaron de bo tempo na carreira do domingo. Os barcos no río Detroit, a música a todo volume e as riadas de xente dos hoteis do centro crearon un grande ambiente, provocando as inevitables comparacións con Mónaco, ou coa carreira de Long Beach.
O primeiro intento de saída detívose xusto cando a luz verde estaba a piques de prenderse, cando Andrea de Cesaris indicou desde a grella que o seu Alfa Romeo calárase. Todo o proceso iniciouse de novo, con outra volta de quecemento que reduciu a distancia da carreira de 61 voltas a 60. Cando a luz verde acendeuse, esta vez, foi o Ferrari de Patrick Tambay, na segunda fila, o que quedou parado na grella. Todos esquivárono de forma segura ao seu redor, e logo, cando contaba que o empurraran para arrincar foi retirado do circuíto por un guindastre.
Piquet fixo unha excelente saída e pasou a Arnoux na primeira curva. Liderou na primeira volta, con Arnoux por diante de De Angelis, de Cesaris, Alboreto, Derek Warwick, Rosberg (remontara desde o duodécimo posto) e Cheever. Os dous líderes rapidamente comezaron a separarse do resto, mentres que detrás librábase unha dura batalla. Na volta cinco, Cheever retirouse cun fallo no encendido, de Angelis perdera o terceiro lugar coa caixa de cambios rota e Piercarlo Ghinzani abandonou o seu Osella nos boxes co motor sobrequentado.
Arnoux, logo de pechar a brecha con Piquet, superou ao Brabham na primeira curva e logrou o liderado na volta 10. Piquet deixoulle pasar sen loitar, sabendo que o Ferrari estaba planeando unha parada de combustible e de pneumáticos. Cando Rosberg finalmente conseguiu pasar a de Cesaris na terceira posición ao final da volta 11, estaba case 15 segundos por detrás de Piquet, pero claramente era máis rápido. Alboreto, en quinto lugar tamén ameazaba a de Cesaris, comezara cos tanques cheos e, do mesmo xeito que Piquet, non estaba planeando ningunha parada en boxes.
Na volta 20, Rosberg alcanzara ao Brabham de Piquet e facilmente tomou o segundo posto, uns vinte segundos detrás de Arnoux. Na volta 29, a vantaxe do Ferrari foise ata case 30 segundos cando Arnoux entrou nos boxes, como se esperaba, seguido pouco despois polo Williams de Rosberg, cuxas intencións estaban pouco claras. Arnoux reincorporouse logo dunha parada de tan só 13´5 segundos, aínda á cabeza, Rosberg tamén volveu á pista (a súa parada durou 17´5 segundos), e estaba en quinto lugar detrás de Piquet, Alboreto e Jacques Laffite, ningún dos cales detívose. Pero só tres voltas logo da súa parada en boxes, Arnoux parouse a un lado do circuíto cunha falla eléctrica.
Cando Laffite parou en boxes, Piquet retomara o liderado, con Alboreto segundo e terceiro Rosberg, 25 segundos atrás. John Watson, logo de saír na 21ª posición da grella, agora estaba cuarto. Parecía coma se Nelson Piquet co seu Brabham-BMW estiveran camiño á vitoria, aínda que Alboreto estaba facendo todo o posible para estar cerca. De súpeto, na volta 51, Piquet desacelerou co pneumático traseiro esquerdo picado, e no camiño de regreso a boxes, Alboreto e Rosberg pasárono. Mentres el estaba nos pits, Watson tamén pasouno. Todo o que quedaba era que Alboreto levara o Tyrrell a meta durante as últimas nove voltas, cousa bastante fácil xa que tiña a suficiente vantaxe sobre Rosberg para que este puidera atrapalo. Watson, pola súa banda, non estaba facendo nada pero tomándoo con calma, estableceu a volta rápida da carreira (1´6 segundos máis rápido que o seu tempo de cualificación!). Piquet reincorporouse para terminar en cuarto, por diante de Laffite no segundo Williams e o Lotus de Nigel Mansell.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 28 | René Arnoux | Ferrari | 2:08.851 | 1:44.734 | — |
2 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 2:11.506 | 1:44.933 | +0.199 |
3 | 27 | Patrick Tambay | Ferrari | 2:10.994 | 1:45.991 | +1.257 |
4 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 2:09.601 | 1:46.258 | +1.524 |
5 | 29 | Marc Surer | Arrows-Ford | 2:09.292 | 1:46.745 | +2.011 |
6 | 3 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 2:08.198 | 1:47.013 | +2.279 |
7 | 16 | Eddie Cheever | Renault | 2:08.418 | 1:47.334 | +2.600 |
8 | 22 | Andrea de Cesaris | Alfa Romeo | 2:08.034 | 1:47.453 | +2.719 |
9 | 35 | Derek Warwick | Toleman-Hart | — | 1:47.534 | +2.800 |
10 | 30 | Thierry Boutsen | Arrows-Ford | 2:11.107 | 1:47.586 | +2.852 |
11 | 33 | Roberto Guerrero | Theodore-Ford | 2:08.496 | 1:47.701 | +2.967 |
12 | 1 | Keke Rosberg | Williams-Ford | 2:06.382 | 1:47.728 | +2.994 |
13 | 15 | Alain Prost | Renault | 2:15.731 | 1:47.855 | +3.121 |
14 | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 2:07.792 | 1:48.395 | +3.661 |
15 | 6 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 2:17.489 | 1:48.537 | +3.803 |
16 | 4 | Danny Sullivan | Tyrrell-Ford | 2:18.758 | 1:48.648 | +3.914 |
17 | 36 | Bruno Giacomelli | Toleman-Hart | 2:13.205 | 1:48.785 | +4.051 |
18 | 8 | Niki Lauda | McLaren-Ford | 2:09.019 | 1:48.992 | +4.258 |
19 | 25 | Jean-Pierre Jarier | Ligier-Ford | 2:07.652 | 1:48.994 | +4.260 |
20 | 2 | Jacques Laffite | Williams-Ford | 2:13.080 | 1:49.245 | +4.511 |
21 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 2:10.632 | 1:49.250 | +4.516 |
22 | 9 | Manfred Winkelhock | ATS-BMW | 2:12.092 | 1:49.466 | +4.732 |
23 | 26 | Raul Boesel | Ligier-Ford | 2:12.164 | 1:49.540 | +4.806 |
24 | 32 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 2:15.556 | 1:49.885 | +5.151 |
25 | 23 | Mauro Baldi | Alfa Romeo | 2:11.169 | 1:49.916 | +5.182 |
26 | 34 | Johnny Cecotto | Theodore-Ford | 2:14.547 | 1:51.709 | +6.975 |
27 | 31 | Corrado Fabi | Osella-Ford | 2:15.085 | 1:53.516 | +8.782 |
Fonte:[1] |
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 60 | 1:50:53.669 | 6 | 9 |
2 | 1 | Keke Rosberg | Williams-Ford | 60 | + 7.702 | 12 | 6 |
3 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 60 | + 9.283 | 21 | 4 |
4 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 60 | + 1:12.185 | 2 | 3 |
5 | 2 | Jacques Laffite | Williams-Ford | 60 | + 1:32.603 | 20 | 2 |
6 | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 59 | + 1 volta | 14 | 1 |
7 | 30 | Thierry Boutsen | Arrows-Ford | 59 | + 1 volta | 10 | |
8 | 15 | Alain Prost | Renault | 59 | + 1 volta | 13 | |
9 | 36 | Bruno Giacomelli | Toleman-Hart | 59 | + 1 volta | 17 | |
10 | 26 | Raul Boesel | Ligier-Ford | 58 | + 2 voltas | 23 | ; |
11 | 29 | Marc Surer | Arrows-Ford | 58 | + 2 voltas | 5 | |
12 | 23 | Mauro Baldi | Alfa Romeo | 56 | + 4 voltas | 25 | |
Ret | 8 | Niki Lauda | McLaren-Ford | 49 | Suspensión | 18 | |
NC | 33 | Roberto Guerrero | Theodore-Ford | 38 | + 12 voltas | 11 | |
Ret | 34 | Johnny Cecotto | Theodore-Ford | 34 | Caixa de cambios | 26 | |
Ret | 22 | Andrea de Cesaris | Alfa Romeo | 33 | Turbo | 8 | |
Ret | 28 | René Arnoux | Ferrari | 31 | Eléctrico | 1 | |
Ret | 4 | Danny Sullivan | Tyrrell-Ford | 30 | Eléctrico | 16 | |
Ret | 25 | Jean-Pierre Jarier | Ligier-Ford | 29 | Roda | 19 | |
Ret | 9 | Manfred Winkelhock | ATS-BMW | 26 | Colisión | 22 | |
Ret | 35 | Derek Warwick | Toleman-Hart | 25 | Motor | 9 | |
Ret | 6 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 24 | Freos | 15 | |
Ret | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 5 | Caixa de cambios | 4 | |
Ret | 16 | Eddie Cheever | Renault | 4 | Distribuidor | 7 | |
Ret | 32 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 4 | Temperatura | 24 | |
Ret | 27 | Patrick Tambay | Ferrari | 0 | Motor | 3 | |
NSC | 31 | Corrado Fabi | Osella-Ford |
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1983 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1983 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1983 |
Carreira anterior: Gran Premio de Detroit de 1982 |
Gran Premio de Detroit | Carreira seguinte: Gran Premio de Detroit de 1984 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.