Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cosworth DFV é un motor de Fórmula 1, creado en 1967 polo equipo de Keith Cosworth. Debe o seu nome DFV á súa forma, dobre catro válvulas (double four valve).
En 1966 Colin Chapman (fundador de Lotus Cars e director do equipo Lotus de Fórmula 1) persuadiu a Ford para financiar o deseño de Keith Duckworth para un novo motor de Fórmula 1 máis lixeiro. Cosworth recibiu a orde xunto coas £100,000 libras que Ford considerou adecuadas para gastar con ese obxectivo. O deseño usaba dúas unidades FVA de catro cilindros en liña do 1.8 l. usado en Fórmula 2, unidas para formar un motor V8 en ángulo de 90 º. Aínda que o DFV non producía tanta potencia como algúns motores V12 que usaban algúns equipos, era máis lixeiro e tiña unha mellor proporción potencia/peso. Ademais de ser máis lixeiro, estaba construído para ser parte estrutural do auto incluíndo brazos de suxeición de carga para tensar o bloque. Estes aspectos de deseño encantáronlle a Colin Chapman que os utilizou extensivamente. Este motor e os seus derivados foron usados por un cuarto de século e foi o máis exitoso na historia da Fórmula 1. Gañou 167 carreiras ao longo de máis de 20 anos e foi o produto que puxo a Cosworth Engineering no mapa.
O DFV gañou na súa primeira saída, no Gran Premio dos Países Baixos de 1967, montado nun Lotus 49 nas mans de Jim Clark. Para 1968 estivo dispoñible para que o comprase calquera equipo de Fórmula 1 que o desexase. Durante a década dos setenta non era raro que case todos os equipos (coa notable excepción de Ferrari) usasen un destes motores, nunha época na que calquera con diñeiro podía comprar exactamente o mesmo motor que usaban equipos como McLaren. Moitos equipos apenas construían unha talla ao redor dun motor Cosworth DFV e unha caixa de cambios Hewland. Gañou 155 carreiras do Campionato Mundial de Fórmula 1, a última en 1983 no Gran Premio de Detroit, nun Tyrrell conducido por Michele Alboreto.
O DFY, introducido en 1982, foi unha evolución do DFV cun percorrido de pistón recortado que producía maior potencia, pero aínda así non podía competir cos coches turbocargados da época. A chegada á Fórmula 1 dos motores turbocargados pareceu dar o tiro de graza ao venerable DFV, polo que en 1986 Cosworth regresou ás fórmulas menores preparando o DFV para a recentemente creada Fórmula 3000 cun limitador de revolucións que reduciu a potencia de 500 a 420 hp. O DFV permaneceu na categoría ata 1992.
En 1987 introduciuse na Fórmula 1 o DFZ produciuse como un modelo provisional con deseño baseado no DFV para a nova regulamentación de 3.5 l. normalmente aspirados. En 1988 Cosworth creou a evolución final do DFV: o DFR. Este modelo foi usado por moitos dos equipos da Fórmula 1 ata 1991, acumulando os seus últimos puntos (incluíndo un par de segundos lugares con Jean Alesi) con Tyrrell en 1990.
Recentemente o DFV foi resucitado grazas ao interese en carreiras de clásicos da Fórmula 1, a cal recibiu da FIA o nivel de campionato mundial en 2004.
A través dos anos o DFV dividiuse en moitos derivados. en 1968 Cosworth creou a primeira derivación: unha versión de 2.5 l, o DFW, para a Tasman Series.
Un dos proxectos máis exitosos e de maior duración de Cosworth foi o seu programa de motores de Champ Car. En 1975 Cosworth desenvolveu o DFX reducindo o DFV a 2.65 l e engadindo un turbocargador. O DFX chegou a ser o motor estándar para correr a Indycar, finalizando o reinado do Offenhauser e mantendo a súa posición ata finais da década de 1980. Ford financiou a finais dos oitenta a creación dun novo modelo provisional, o DFS, que inxectaba a tecnoloxía do DFR no deseño do DFX, pero eventualmente quedou obsoleto.
Aínda que foi deseñado para a Fórmula 1, o DFV tamén se usou en carreiras de resistencia. O seu deseño baixo producía vibracións destrutivas que forzaban os dispositivos ao redor do motor, especialmente o sistema de escape. A pesar desta desvantaxe, o DFV gañou dúas veces as 24 Horas de Le Mans na súa forma orixinal de 3 l.. Desenvolveuse unha versión especial para resistencia, o DFL, en dúas capacidades: 3.3 l e 3.9 l. Mentres a versión orixinal rapidamente foi recoñecida pola súa confiabilidad, as versións posteriores non foron demasiado lonxe e recórdanse como un fracaso pola súa tendencia a fallar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.