Gran Premio de Austria de 1986

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio de Austria de 1986 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 17 de agosto de 1986. Foi a décimo segunda carreira da tempada de Fórmula Un de 1986, o 19º Gran Premio de Austria e o décimo sétimo que se celebrou en Österreichring. A carreira levouse a cabo sobre 52 voltas ao circuíto de 5´942 quilómetros para unha distancia total de carreira de 309 quilómetros.

Datos rápidos Nome oficial, Tipo ...
Remove ads

Sorprendentemente Teo Fabi e Gerhard Berger dous pilotos do aínda relativamente novo pero emerxente equipo Benetton-BMW cualificaron na primeira fila.

Na saída Gerhard Berger tomou o liderado por un tempo, o seu compañeiro de equipo Teo Fabi finalmente acadou o liderado de Berger por uns 5-6 segundos na Bosch-Kurve, o motor BMW do coche de Fabi fallou logo de pasar a Berger e Berger inmediatamente retomou a dianteira a través da Bosch-Kurve. Berger tivo que entrar en boxes e perdeu 4 voltas reparando un problema coa súa batería.

Derek Warwick non puido arrincar. Nas probas pola mañá, a caixa de cambios do seu Brabham rompeuse, o que sobre-acelerou o BMW. O coche foi reparado, cambiouse a culata do BMW, e Warwick ocupou o seu lugar na grella. Cando Riccardo Patrese colocouse no seu lugar na grella, a caixa de cambios do seu coche rompeuse deixándoo sen a 2ª ou 3ª marcha. Como o coche de Patrese era de feito o de reposto desde que se estrelara co seu coche de carreiras e que logo fora destruído polo lume na cualificación, como piloto máis veterano e tamén como o cualificador máis rápido dos dous, a dirección do equipo tomou a decisión de entregar o coche de Warwick a Patrese para a carreira. Warwick máis tarde admitiu que o dono do equipo Bernie Ecclestone tivo que arrastrar fisicamente do coche, xa que se negou a entregalo. Patrese retirouse inmediatamente da proba logo de só dúas voltas. O Campión do Mundo de 1976 James Hunt definiu nun comentario á televisión, unha carreira miserable para Brabham.

Malia os problemas de Brabham, o circuíto de Österreichring coa súa falta de curvas lentas mostrou a potencia dos motores BMW e o valor da aerodinámica de liña baixa do BT55 sendo o coche de Warwick o máis rápido no control de velocidade (achegándose á Bosch-Kurve) a 344 km/h durante a cualificación.

Remove ads

Clasificación

Cualificación

Máis información Pos, Nº ...

Carreira

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Líderes por volta

Gerhard Berger (1-25), Nigel Mansell (26-28), Alain Prost (29-53)

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 1986
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1986
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1986
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1985
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1987

Notas

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads