Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Suráfrica correuse por primeira vez como Gran Premio de automobilismo en 1934 no Circuíto Prince George en East London , provincia de Eastern Cape. Chamou a atención dos mellores pilotos da Europa como Bernd Rosemeyer, Richard "Dick" Seaman, Richard Shuttleworth e o gañador de 1939 Luigi Villoresi.
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Prince George 33°02′55″S 27°52′25″L |
País | Suráfrica |
Vixencia | 1962 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
A segunda guerra mundial puxo fin á carreira, pero foi restablecida en 1962 como parte da tempada de Fórmula Un. Foi unha popular carreira de F1, pero a competición quedo en suspenso logo da polémica da carreira de 1985, debido á política de apartheid.
Tras o fin do apartheid en 1991, celebráronse dúas carreiras máis en 1992 e 1993. Bernie Ecclestone deu a entender que a Fórmula Un pode volver a Suráfrica, posiblemente en Cidade do Cabo.
A primeira carreira de F1 de Suráfrica levouse a cabo o 29 de decembro de 1962 na pista de East London. Levouse a cabo alí de novo en 1963 e 1965. En 1967, a carreira trasladouse a Kyalami, onde permanecería mentres que o Gran Premio de Suráfrica foi oficial no calendario da Fórmula Un. Un total de 23 Grandes Premios de F1 celebráronse entre 1962 e a carreira final en 1993.
Aquí sucedeu un dos accidentes máis terribles da historia, coa morte de Tom Pryce. A morte de Pryce produciuse na volta 22 do Gran Premio de Kyalami de 1977, cando non puido esquivar ao comisario de pista Jansen Von Vuuren, ao intentar este e outro comisario máis cruzar a pista para apagar o lume que se xerou alén do trazado no coche do piloto italiano Renzo Zorzi, compañeiro de Tom no equipo Shadow. O impacto provocou a morte instantánea do comisario, e a mala fortuna quixo ademais que o extintor que este portaba impactase na cabeza de Pryce, semidecapitándoo e matándoo no acto. O impacto produciuse a máis de 200 km/h, e o Shadow de Price continuou varios metros máis por inercia ata que impactou co coche do francés Jacques Laffite (Ligier).
A carreira de 1981 foi vítima da guerra FISA-FOCA. Como non se puido chegar a un acordo coa FISA para o Gran Premio se executase como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un, ou como unha proba non de campionato, escenifícase como unha carreira oficial de Fórmula Libre. En consecuencia, foi impugnada unicamente polos equipos asociados á FOCA. Con vehículos que non cumprían estritamente coas regulacións da Fórmula Un de 1981.
Entrando na década de 1980, os coches turbo comezaron a dominar o Gran Premio. Debido á grande altitude do rápido circuíto de Kyalami (aprox. 1.828 metros sobre o nivel do mar) os motores turbo de indución forzada podían regular a cantidade de aire que entraba no motor, mentres que os motores de aspiración normal non podían, en 1982 os motores turboalimentados tiñan unha vantaxe en cabalos de forza, de 150 CV, sobre os motores de aspiración normal, o equipo Renault dominou as carreiras dos anos 1980 e 1982.
A carreira de 1985, estivo envolta na controversia internacional, os países comezaron a boicotear os eventos deportivos de Suráfrica debido á segregación racial no país, chamada apartheid. Algúns gobernos intentaron prohibir asistir aos pilotos, e os equipos Ligier e Renault boicotearon a carreira en liña co Goberno francés. Con todo os pilotos franceses Alain Prost e Steriff Philippe, ámbolos dous en equipos británicos, tomaron parte.
1985 foi o último Gran Premio de Suráfrica ata o final do apartheid, o presidente da FIA Jean-Marie Balestre anunciou uns días despois da carreira que o Gran Premio non regresaría á Suráfrica por mor de apartheid.
Despois do fin do apartheid en 1991, a Fórmula Un volveu a Kyalami para dous Grandes Premios en 1992 e 1993.
Pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un O fondo de cor rosa indica que unha carreira non formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Gañados | Piloto | Ano |
---|---|---|
4 | Jim Clark | 1961, 1963, 1965, 1968 |
3 | Niki Lauda | 1976, 1977, 1984 |
2 | Jackie Stewart | 1969, 1973 |
Carlos Reutemann | 1974, 1981 | |
Nigel Mansell | 1985, 1992 | |
Alain Prost | 1982, 1993 |
O fondo de cor rosa indica que a carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Equipos en letra grosa que seguen competindo no campionato da Fórmula Un
O fondo de cor rosa indica que a carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.