Gran Premio de Suráfrica de 1975

From Wikipedia, the free encyclopedia

O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1975, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 1 de marzo de 1975. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de 1975. Foi o 21º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o noveno que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para un distancia de carreira de 320 quilómetros.

Datos rápidos Nome oficial, Tipo ...
Gran Premio de Suráfrica de 1975
Nome oficialXXI South African Grand Prix
TipoGran Premio de Suráfrica
Deporteautomobilismo
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1975
Distancia do evento78
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Kyalami (Midrand (en) ) 25°59′53″S 28°04′08″L
PaísSuráfrica
Data1 de marzo de 1975
Competición
Primeiro postoJody Scheckter
Pole positionJosé Carlos Pace
Volta máis rápidaJosé Carlos Pace

Pechar

A carreira pasou a historia porque Jody Scheckter se converteu no primeiro piloto surafricano en gañar a carreira do seu país. Pilotando un Tyrrell 007 tomou a iniciativa da carreira logo de adiantar a Carlos Pace na terceira volta e levouse a súa terceira vitoria por diante do Brabham BT44B de Carlos Reutemann. O compañeiro de Scheckter en Tyrrell, Patrick Depailler, terminou terceiro.

Resumo da carreira

Ferrari utilizara proveitosamente o mes de febreiro libre, para producir o novo modelo 312T cunha nova caixa de cambios transversal. Tamén apareceu unha nova cara, a muller piloto italiana Lella Lombardi.

A práctica foi complicada, Graham Hill trompeou ó pasar sobre unha mancha de aceite que deixara o coche de Ronnie Peterson, destruíu o seu coche e optou por non saír na carreira. Unha vez que se limparon os restos e se repararon os buracos da barreira, houbo un segundo accidente: Niki Lauda trompeou sobre unha mancha de aceite, golpeando a muro a 193 km/h. Logo de novos violentos accidentes de Jody Scheckter e Guy Tunmer, os pilotos consideraron que o circuíto non era seguro e negáronse a continuar ata que se solucionasen os defectos nas barreiras e melloraran a pista, apoiados polos mecánicos que insistiron no cesamento das prácticas.

Cando a carreira se puxo en marcha, Carlos Pace liderou desde a pole pero tiña problemas de freado e pronto foi superado por Jody Scheckter e Carlos Reutemann. Pouco despois Depailler tamén o adiantou e acadou a terceira praza. James Hunt retirouse co cable do acelerador roto, Vittorio Brambilla retirouse con problemas no radiador de aceite e Ian Scheckter estrelouse. Emerson Fittipaldi desafiaba a Depailler para o cuarto lugar, cando sufriu problemas nun cable das buxías. Jody Scheckter pilotou con seguridade para aferrarse á súa única vitoria en casa por diante de Reutemann.

Clasificación

Máis información Pos, Nº ...
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Points
1 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 78 1:43:16.90 3 9
2 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 78 + 3.74 2 6
3 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 78 + 16.92 5 4
4 8 Carlos Pace Brabham-Ford 78 + 17.31 1 3
5 12 Austria Niki Lauda Ferrari 78 + 28.64 4 2
6 2 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 78 + 1:03.64 16 1
7 23 Alemaña Rolf Stommelen Hill-Ford 78 + 1:12.91 14
8 28 Mark Donohue Penske-Ford 77 + 1 volta 18
9 16 Tom Pryce Shadow-Ford 77 + 1 volta 19
10 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 77 + 1 volta 8
11 34 Unión Sudafricana Guy Tunmer Lotus-Ford 76 + 2 voltas 25
12 6 Bélxica Jacky Ickx Lotus-Ford 76 + 2 voltas 21
13 33 Unión Sudafricana Eddie Keizan Lotus-Ford 76 + 2 voltas 22
14 31 Unión Sudafricana Dave Charlton McLaren-Ford 76 + 2 voltas 20
15 14 Bob Evans BRM 76 + 2 voltas 24
16 11 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 71 Acelerador 9
17 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 70 Transmisión 6
NC 21 Francia Jacques Laffite Williams-Ford 69 Non clasificado 23
NC 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 65 Non clasificado 11
Ret 32 Unión Sudafricana Ian Scheckter Tyrrell-Ford 55 Accidente 17
Ret 24 James Hunt Hesketh-Ford 53 Sistema combustible 12
Ret 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 37 Temperatura 13
Ret 10 Italia Lella Lombardi March-Ford 23 Sistema combustible 26
Ret 20 Italia Arturo Merzario Williams-Ford 22 Motor 15
Ret 18 John Watson Surtees-Ford 19 Embrague 10
Ret 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 16 Radiador 7
NSC 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford
NSC 22 Graham Hill Lola-Ford
Pechar

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
Pechar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1975
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1974
Gran Premio de Suráfrica Carreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1976

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.