From Wikipedia, the free encyclopedia
Eddie Keizan nado en Xohanesburgo o 12 de setembro de 1944 e finado na mesma cidade o 21 de maio de 2016,[1] foi un piloto de carreiras surafricano. Correu en tres Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 durante a década de 1970, debutando o 3 de marzo de 1973. Non anotou puntos no campionato.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1944 Xohanesburgo, Suráfrica |
Morte | 21 de maio de 2016 (71 anos) Xohanesburgo, Suráfrica |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de carreiras |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Logo de triunfar en Suráfrica pilotando salóns e autos deportivos, Keizan pasou a Fórmula 5000[2] onde gañou o campionato nacional. Tamén participou nos campionatos surafricanos de Fórmula 1, incluídos os tres Grandes Premios Surafricanos validos parao campionato do mundo, dúas veces cun Tyrrell propiedade de Alex Blignaut, este automóbil fora usado previamente por Jackie Stewart. No terceiro dos seus tres intentos, Keizan pilotou un Lotus 72, presentado polo equipo local Team Gunston.
Logo da Fórmula Un, Keizan competiu en turismos e tamén se concentrou nos seus intereses comerciais, incluída unha exitosa compañía de pinas de aliaxe, TSW Alloy Wheels oficialmente coñecida como Tiger Sports Wheels.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1973 | Blignaut-Lucky Strike | Tyrrell 004 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA NC |
ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | NED | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | NC | 0 |
1974 | Blignaut-Embassy | Tyrrell 004 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA 14 |
ESP | BEL | MON | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | NC | 0 |
1975 | Team Gunston | Lotus 72 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA 13 |
ESP | MON | BEL | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | USA | NC | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.