Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1969 foi a 20ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 12ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con once Grandes Premios que se iniciaron o 1 de marzo e finalizaron o 19 de outubro.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 42 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 1 de marzo de 1969 – 19 de outubro de 1969 |
Número de edición | 20 (1969) |
Competición | |
Campionato do Mundo de Construtores | Matra |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Jackie Stewart |
Datos estatísticos | |
Carreires | 11 |
Matra retirou o seu equipo logo do campionato de 1969 e centrouse na súa alianza con Ken Tyrrell. Stewart gañou o título de 1969 facilmente co novo Matra MS80, que corrixiu a maior parte das debilidades do MS10. O título de Stewart foi o primeiro gañado por un chasis francés, e o único gañado por un chasis construído en Francia. Foi un logro espectacular dun construtor que entrara na Fórmula Un só un ano antes.
Jacky Ickx tivo unha boa segunda parte de tempada co Brabham, gañando en Alemaña e Canadá, despois de que Jack Brabham non puidera correr varias carreiras debido a un accidente. Ickx terminou segundo no campionato de pilotos, con 37 puntos detrás de Jackie Stewart con 63.
Logo de varios incidentes nos que as ás, os puntais, ou a suspensión (á que se amarra) colapsaran, as ás foron prohibidas a partir de Mónaco 1969. Foron reintroducidas posteriormente, pero restrinxíndose en tamaño e altura, e conectadas directamente co chasis nunha posición fixa.
1969 tamén viu un breve rexurdimento do interese pola tracción nas catro rodas, tras unha serie de carreiras con choiva no ano anterior. Catro automóbiles deste tipo foron presentados no Gran Premio de Gran Bretaña, e Johnny Servoz-Gavin converteuse no único piloto en acadar un punto cun 4WD, terminando sexto co Matra MS84 no Gran Premio do Canadá. Os pneumáticos anchos e a carga aerodinámica demostraron rapidamente ser un medio de control superior, e esta tecnoloxía abandonouse en gran medida, a pesar de que Lotus continuou experimentando coa idea uns cantos anos máis.
O Gran Premio de Bélxica en Spa-Francorchamps foi boicoteada por moitos dos pilotos, debido ao perigo extremo da pista logo dunha inspección xeral de Spa por Jackie Stewart. A carreira foi eventualmente retirada do calendario nesta tempada.
Equipos e pilotos participantes no Campionato do Mundo FIA de 1969
|
Negra – Pole |
† Os coches de Fórmula 2 ocuparon as posicións entre a quinta e a décima no GP de Alemaña, polo que os pilotos que guiaron eses coches non lograron puntos para o campionato. Os puntos do quinto e do sexto, foron para o décimo primeiro e décimo segundo na carreira.
Os puntos para o Campionato Mundial de Construtores de 1969 outorgáronse da seguinte forma 9-6-4-3-2-1 aos seis primeiros en cada carreira. Só puntuaba o coche mellor clasificado de cada fabricante, en cada carreira. Contabilizabanse os cinco mellores resultados das seis primeiras carreiras e os catro mellores resultados das últimas cinco carreiras.
Pos. | Construtor | RSA |
ESP |
MON |
HOL |
FRA |
RU |
ALE |
ITA |
CAN |
USA |
MEX |
Pts.[1] |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Matra-Ford | 1 | 1 | Ret | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 4 | NC | 4 | 66 |
2 | Brabham-Ford | Ret | 6 | 2 | 5 | 3 | 2 | 1 | 5 | 1 | 2 | 2 | 49 (51) |
3 | Lotus-Ford | 2 | Ret | 1 | 2 | 6 | 4 | 4 | 2 | 3 | 1 | 9 | 47 |
4 | McLaren-Ford | 3 | 2 | 5 | 4 | 4 | 3 | 3 | 4 | 5 | Ret | 1 | 38 (40) |
5 | BRM | 7 | 5 | Ret | 9 | Ret | NTS | NC | NC | 3 | 6 | 7 | |
6 | Ferrari | Ret | Ret | Ret | 3 | Ret | Ret | 6 | Ret | 5 | 7 | 7 | |
— | Cooper-Maserati | 7 | 0 | ||||||||||
— | Brabham-Repco | 8 | 0 | ||||||||||
— | Brabham-Climax | Ret | 0 | ||||||||||
— | Eagle-Climax | DSC | 0 | ||||||||||
Pos. | Construtor | RSA |
ESP |
MON |
HOL |
FRA |
RU |
ALE |
ITA |
CAN |
USA |
MEX |
Pts. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.