John Cordts
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
John Cordts, nado en Hamburgo o 23 de xullo de 1935,[1] é un expiloto de automobilismo canadense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1935 (89 anos) Hamburgo, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Cordts participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un, o Gran Premio do Canadá de 1969, o 20 de setembro de 1969. Clasificouse 19º, pero retirou o seu Brabham logo de 10 voltas cunha fuga de aceite, cando ía 16º.
Ademais da súa aparición na Fórmula Un, Cordts tivo éxito nas carreiras canadenses e estadounidenses de automóbiles deportivos, particularmente con varios McLaren do equipo Performance Engineering de Dave Billes. Competiu en moitos eventos, que van desde Harewood Acres (onde aínda mantén a marca da pista cando pechou en 1970), Mosport, Mont-Tremblant e Westwood no Canadá a varias pistas nos Estados Unidos e ata Xapón. Máis tarde converteuse nun participante habitual na serie CanAm, na que competiu ata 1974, principalmente en McLarens e Lolas. O seu mellor final na Can-Am foi o segundo posto en Road America en 1974. Tamén foi coñecido pola súa participación nas SCCA Trans-Am Series, onde, nun momento dado, pilotou un Pontiac Firebird patrocinado por BF Goodrich, coñecido como o "Tirebird" e tamén varios eventos da FIA co equipo Greenwood Corvette.
Cordts retirouse a vida privada no oeste do Canadá onde é coñecido polas súas fermosas esculturas en madeira e escribiu recentemente a súa autobiografía titulada "Blood, Sweat and Turnips" ("Sangue, suor e nauseas"). John tamén ingresou no Canadian Motorsport Hall of Fame en 2003.
Emigrou de Alemaña a Suecia aos dous anos coa súa familia e despois a North Bay (Ontario, Canadá) con pouco máis de vinte anos coa súa esposa Inga-Britt e o seu fillo Jimmy, dun ano. Os seus dous outros fillos, Mary e Johnny, naceron no Canadá e trasladáronse a Suecia coa súa nai.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.