identificador numérico único para libros From Wikipedia, the free encyclopedia
ISBN é a abreviatura do número internacional para a catalogación de libros (International Standard Book Number), código de 10 ou 13 díxitos que identifica biunivocamente calquera libro editado legalmente no mundo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O ISBN consta das seguintes partes:
O ISBN vai normalmente dividido con guións e especificado nalgún ou en todos estes lugares do libro:
En 1965 W. H. Smith era o maior distribuidor en Londres que quixo poñer en funcionamento un sistema de orde nos seus novos almacéns informatizados. Asesorado polo British Publishers Association's Distribution and Methods Committee (BPADMC, Comité para a distribución e métodos da Asociación de editoriais británicas), ideouse o SBN en 1966 e aplicouse en 1967.
Contra esas datas, o Comité Técnico 46 da ISO estudou a aplicación a nivel mundial do método SBN: houbo primeiro unha reunión con representantes da UNESCO, Dinamarca, Francia, Alemaña, Éire, Holanda, Noruega, Reino Unido e EUA e logo outras dúas en Berlín e Estocolmo, xa con membros da ISO. Tras este tempo aprobouse a implantación do ISBN mediante a norma ISO 2108.
En 2015, o Publishers' International ISBN Directory (PIID, Guía ISBN Internacional de Editoriais) contiña máis de 1.100.000 editoriais de máis de 221 países e territorios[1]. A partir do ano 2007 implantouse o sistema de ISBN con números de 13 díxitos. En España tódolos editores teñen un código asignado, e tódolos libros á venda teñen ISBN, pois só se exceptúan os gratuítos.
Rexión xeográfica | Código |
---|---|
EUA, Bermudas, Canadá, Australia, Nova Zelandia, Zambia, Suráfrica e Xibraltar outras rexións anglófonas | 0 e 1 |
Francia e francófonos belgas, suízos, canadenses e africanos | 2 |
Alemaña, Austria e xermanófonos belgas | 3 |
Xapón | 4 |
Rusia e algúns outros países da antiga Unión Soviética | 5 |
China | 7 |
Chequia | 80 |
India | 81 e 93 |
Noruega | 82 |
Polonia | 83 |
España | 84 |
Brasil | 85 |
Serbia e Montenegro e algúns países da antiga Iugoslavia | 86 |
Dinamarca | 87 |
Italia | 88 |
Corea | 89 |
Países Baixos e os belgas flamengos, pero non Antillas Neerlandesas | 90 |
Suecia | 91 |
Institucións multinacionais e supranacionais (ONU, FAO, UNESCO, OMS, OMC, UE, CEE) | 92 |
India | 93 e 81 |
Rexión xeográfica | Código |
---|---|
Arxentina | 950 e 987 |
Chile | 956 |
Colombia | 958 |
Cuba | 959 |
México | 968 e 970 |
Portugal | 972 e 989 |
Venezuela | 980 |
Panamá | 9962 |
Costa Rica | 9968 e 9977 |
Perú | 9972 |
Uruguai | 9974 |
Ecuador | 9978 |
Bolivia | 99905 |
Andorra | 99913 e 99920 |
Guatemala | 99922 e 99939 |
O Salvador | 99923 |
Nicaragua | 99924 |
Paraguai | 99925 |
Honduras | 99926 |
República Dominicana | 99934 |
Editorial | Código |
---|---|
Xunta de Galicia (administrativa): | 453 |
Editorial Galaxia (viguesa): | 8288, 400, 7154 |
Edicións Xerais de Galicia (viguesa): | 7507, 9782, 8302 |
Consello da Cultura Galega (compostelá): | 505, 87172, 95415 |
Real Academia Galega (coruñesa): | 600, 604, 606, 87987 |
Ir Indo (viguesa): | 7680 |
Ediciós do Castro (de Sada): | 300, 7492, 8485, 85134 |
Edicións A Nosa Terra = Promocións culturais galegas (viguesa): | 404, 604, 89138, 89976, 922032, 95350, 96202, 96203, 96403 |
AS-PG (coruñesa): | 300, 604, 605, 89679, 920453, 921126, 930421 |
Nigra (pontevedresa): | 87709 |
Trea (de Xixón): | 87733, 89427, 95178, 9704 |
NigraTrea (galegoasturiana): | 95364, 604 |
Linteo (ourensá): | 930058 |
Tristram (luguesa): | 89377 |
3C3 (ourensá): | 932667 |
Fonte: Panorámica de la edición española de libros Arquivado 25 de xuño de 2023 en Wayback Machine. edicións de 2014 e 2019. Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura. Ministerio de Cultura e Deporte. Os datos a partir do 2013 non inclúen reimpresións.
Como se pode comprobar, as relacións non sempre son biunívocas para as editoriais nin para os códigos (604 úsase para Edicións A Nosa Terra, AS-PG e NigraTrea), pero isto non impide que sexa un número único para cada edición dun libro. Tamén se pode observar que non teñen relación en absoluto coa localidade sede da editorial. As chamadas autoedicións ou edición de autor teñen números moi diversos. Por outra banda, as chamadas reimpresións conservan o mesmo ISBN có orixinal: dentro destas considéranse aqueles libros onde só se modificou o prezou ou menos dun 5% dos contidos. Para as reedicións, renovacións e modificacións de formato, úsase un novo ISBN. Os ISBN úsanse para edicións non perecedoiras (calendarios, axendas) e se xorden da colaboración entre dúas entidades editoras é preferible que teñan dous ISBN. En certos países é obrigatorio por lei (en España non, dende 2009). Existen países nos que hai que pagar inicialmente para conseguir un código de editorial (na zona 0-1, dende 33 dólares australianos) mentres que noutros códigos territoriais é gratuíto.
A Wikipedia identifica automaticamente a cadea ISBN que vaia seguida dun código numérico separada simplemente por un espazo. Non é necesario colocarlle un punto nin dous puntos para separala: pode verse un exemplo na bibliografía de Lorenzo Varela, onde os ISBN non están marcados con dobres corchetes [[]].
Debe notarse tamén que, en moitas ocasións, a consecución dun ISBN territorial propio considérase unha cuestión identitaria. Que as Antillas holandesas, as antigas repúblicas soviéticas ou iugoslavas e os territorios de fala propia en estados multilingües (cataláns con Andorra en España, flamengos en Bélxica, alemáns e italianos en Suíza ou franceses no Canadá, Suíza e Bélxica) cheguen a ter un código territorial distintivo dentro do ISBN é interesante para as súas reclamacións culturais e mesmo aspiracións independentistas. Neste sentido, o seu comportamento é o mesmo que ante a consecución de dominios de Internet.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.