From Wikipedia, the free encyclopedia
A axenda (do latín axenda, cousas que se han de facer) é un libro ou caderno co seu parte principal orixinalmente en branco, pero que co seu uso se irá enchendo coas anotacións que nos permitan recordar e planificar os diversos eventos previstos no noso tempo de lecer ou exercicio profesional, os asuntos pendentes de facer. É unha ferramenta de traballo imprescindible para un "executivo", e unha boa axuda para a xente atarefada ou de fraca memoria.
Polo seu tamaño, poden ser de peto, de carteira, ou de sobremesa. Poden contar cunha páxina por mes, para recordatorios elementais, algunhas máis para programacións semanais, ou cunha páxina completa para cada día, que permitan rexistrar as diversas actividades máis detalladamente.
En toda axenda a parte principal "baleira", a sección para as anotacións persoais ordenada segundo o calendario, adoita estar precedida por unhas páxinas para anotarmos eses datos persoais que sempre deben estar a man sobre o noso vehículo, seguros, médicos, bancos etc., pero se poden atopar edicións corporativas específicas con seccións complementarias que inclúen particularidades personalizadas útiles para case cada gremio profesional, ou, as xeralistas, que, tipicamente tamén inclúen múltiples datos e accesorios como un santoral local, os nomes dos días da semana e o mes nos idiomas máis populares, o mapa con planos de estradas do país e distancias entre as súas cidades, direccións útiles e teléfonos de establecementos de hostelaría, aeroportos, embaixadas, institucións diversas, conversións de medidas, fases luares, distintos zodíacos, listas de números de teléfono e de direccións privadas -en branco, para anotar un mesmo-, un marcapáxinas (ou unha cinta para sinalarmos o día actual), etc.
Hainas desde as versións máis económicas (que che regalan comprando en certos establecementos) ata as elaboradas cos materiais máis nobres e consideradas case como obras de arte ou obxectos de agasallo ou de luxo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.