asociación galega de carácter pedagóxico e sociocultural From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) é unha asociación de carácter pedagóxico e sociocultural fundada en 1976 co obxectivo de fornecer recursos educativos en galego[1]. Conta con máis dun millar de socios. O seu lema inicial, Na procura dun ensino galego, expresa a intencionalidade da entidade de lograr un sistema educativo galego na expresión e nos contidos curriculares, organizado desde o coñecemento do propio país, e ao seu servizo.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Asociación Socio-Pedagóxica Galega | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 1976 |
Localización | |
Enderezo | Rúa Laracha, 9-baixo, 15010 |
En | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.as-pg.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nos proxectos socio-culturais a actividade está encamiñada a conseguir a normalización plena da lingua e cultura galegas en todos os ámbitos da vida social de Galiza.
Elaborouse unha enciclopedia da Literatura galega que deu como resultado 50 volumes coas obras máis representativas da literatura galega, acompañadas dos correspondentes fascículos, a cargo de especialistas. Quincenalmente, durante tres anos, desde xaneiro de 1996 até outubro de 1998, foron aparecendo libros e fascículos, con tiraxes medias de 3.000 exemplares, até constituíren 5 tomos sobre o percorrido literario galego até a actualidade.
No 1999 a AS-PG comezou a colaboración co concello de Pontevedra na programación do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, e mantense esa colaboración na actualidade. Nos anos 2006 e 2007 esta iniciativa, en colaboración coa Consellería de Cultura e as respectivas entidades locais, organizou catro Semanas do libro e a lectura nos concellos de Carballo, Viveiro, Ribadavia e Pontedeume. Posteriormente sumáronse Moaña, Allariz, Tui, Barbadás, Meira e Oleiros, entre outros. As semanas constan de varias actividades paralelas, dende exposicións de libros infantís e xuvenís até obradoiros para o alumnado dos centros de ensino da zona, cursos de formación para o profesorado e actividades de animación á lectura abertas ao público xeral.
A AS-PG participa e promove, de forma exclusiva ou en colaboración con outras entidades, en proxectos de normalización e dignificación do idioma galego. Entre estas iniciativas cabe salientar Ciberlingua[2] e Correlingua (nos que participan outras entidades) e o proxecto Tíralle da lingua. Este último está dirixido a escolares e profesorado de toda Galiza, e consta dunhas xornadas de expresión oral celebradas en Santiago de Compostela a inicios do curso e un concurso de relato oral dirixido a escolares no que veñen participando uns 2.000 alumnos na fase final, que ten lugar no Teatro Principal de Santiago. En 2019 celebrouse a XVIII edición.
Así mesmo a AS-PG forma parte da plataforma Queremos Galego!. A AS-PG foi unha das principais valedoras da normativa de mínimos do galego, publicando en 1980 as Orientacións para a escrita do noso idioma.
As actividades pedagóxicas da AS-PG, para achegar os docentes ou aspirantes á docencia á globalidade da cultura galega e mesmo universal, desde unha perspectiva galega, son constantes, exemplificadas desde 1976 polas Xornadas do Ensino. Moitos docentes galegos participaron coa AS-PG na elaboración de material necesario para o desenvolvemento de currículos nos distintos niveis educativos.
A AS-PG abordou o emprego dos medios audiovisuais nas aulas e forneceunas de materiais audiovisuais xa na década dos 80. A literatura, a arte e o patrimonio en xeral, mesmo temas de ciencias naturais, da etnografía e da física, víronse acollidas en vídeos ou CD-ROM.
Desde o ano 2010 tamén organiza o certame de curtametraxes Curtas para Rosalía.
A AS-PG leva a cabo programas de intervención socioeducativa con colectivos de pais, fomentando a súa participación na vida dos centros educativos, a intercomunicación como fórmula para mellorar as expectativas do sistema educativo, así como iniciativas destinadas ao alumnado, levadas a cabo fóra do centro educativo e que complementan a súa formación e o desenvolvemento da súa personalidade.
Estas actividades, baixo a denominación Aprender para educar, iniciáronse en Compostela, onde se desenvolveron durante tres anos e continuaron en Lugo, Cambre, Carballo, Zas, Melide, A Coruña, Burela, Meira e Culleredo, entre outros.
O proxecto e-ducando, é un proxecto de vocación social a través do cal a AS-PG pretende abordar a progresiva implantación da educación dixital, facilitando un acceso óptimo e seguro das xeracións máis nova ás tecnoloxías da información e, ao mesmo tempo, permitindo un maior coñecemento por parte do conxunto da sociedade das súas potencialidades e perigos. Aínda que non forma parte deste proxecto, si se pode relacionar con el o proxecto denominado Espazos web de interese socioeducativo, na medida en que pretende abordar as posibilidades educativas e de recursos que se achan en Internet. Neste portal AS-PG procura ofrecer un catálogo temático de recursos que se poden encontrar na web con fins socioeducativos. Para conseguir iso, o portal conta coa posibilidade de colaboración dos propios usuarios.
Presentada publicamente o 29 de setembro de 2011, dentro das XXXV Xornadas de Verán da Coruña, Belvís, rede socioeducativa defínese como unha rede social dirixida a crear un medio de comunicación entre profesionais do ensino ou persoas preocupadas pola educación, unha rede na que teñen cabida o profesorado e tamén as familias.[3]
A AS-PG elaborou un conxunto de xogos pensando na xente moza e na que non é tanto, co obxectivo de contribuír a galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza.
O trivial.gz foi o primeiro dos xogos postos na rede pola AS-PG. O seu éxito foi inmediato e a súa tecnoloxía foi mesmo presentada en congresos internacionais. Foi presentado o 10 de abril de 2006 no Xuventude Galicia.net. Permite desenvolver campionatos.
O CataPalabras é un xogo no que poden participar de dous a catro xogadores. Consiste basicamente en que cadaquén escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao chou (froitas, animais etc) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras. O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posible, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se escriban e do número de persoas que escriban a mesma palabra, posto que as palabras repetidas non puntúan.
O xogo letrad@s.gz consiste en formar palabras de dúas ou máis letras e colocalas no taboleiro cuadriculado (15x15), horizontal ou verticalmente, de xeito que poidan ser lidas de esquerda a dereita ou de arriba a abaixo. Despois da xogada inicial, cada palabra débese ligar con algunha das que xa están no taboleiro.
O xogo da curuxa é, polo de agora, o último dos xogos postos na rede pola AS-PG. O xogo baséase no xogo da oca. Consiste en lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. A diferenza do xogo clásico, cando o xogador cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo etc. Gaña a partida o primeiro xogador en chegar até o último cadro e superar a súa proba. Obterá ademais unha bonificación de 25 puntos.
En 2017 apareceu unha versión deste xogo para Android.
Ademais dos recoñecementos recibidos como entidade a actividade da AS-PG mereceu tamén os seguintes premios no campo audiovisual:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.