Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio Caesars Palace de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 25 de setembro de 1982 na franxa de Las Vegas. Foi a última carreira da tempada de Fórmula Un de 1982. Foi gañado por Michele Alboreto co Tyrrell.
Nome oficial | 2nd Caesars Palace Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio Caesars Palace |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 |
Distancia do evento | 75 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Caesars Palace (condado de Clark (pt) ) 36°07′20″N 115°10′32″O |
País | Estados Unidos de América |
Data | 25 de setembro de 1982 |
Competición | |
Primeiro posto | Michele Alboreto |
Pole position | Alain Prost |
Volta máis rápida | Michele Alboreto |
Por primeira vez desde que comezara o Campionato Mundial en 1950, un país foi sede de tres roldas na mesma tempada de 1982. A última carreira do ano, e o terceira nos Estados Unidos, unha vez máis, decidía o campionato. Keke Rosberg de Williams tiña 42 puntos, avantaxaba a John Watson de McLaren que tiña 33, e necesitaba terminar sexto ou mellor para asegurar o título. A carreira foi o último Gran Premio do ex campión do mundo Mario Andretti.
As pechadas curvas do circuíto e as curtas rectas permitiron que os coches non turbo foran máis competitivos do habitual, con Michele Alboreto no Tyrrell e Eddie Cheever no Talbot Ligier entre os máis rápidos. Os Renault turboalimentados de Alain Prost e René Arnoux lograron a primeira e segunda posicións na cualificación, con máis de oito décimas de vantaxe sobre Alboreto. Os dous aspirantes ao título, Rosberg e Watson, pola súa banda, estaban en sexta e novena posición respectivamente, separados polos Ferraris de Mario Andretti e Patrick Tambay.
O sábado, Prost liderou desde a pole, seguido polo seu compañeiro Arnoux. Cheever, desde a cuarta posición da grella, estaba decidido a pasar a Alboreto polo exterior na primeira curva a esquerdas. Tocáronse cas rodas, pero ambos continuaron con Alboreto aínda diante, pero o Ligier de Cheever cunha roda dianteira vibrando e o Tyrrell de Alboreto cunha marca de pneumático no pontón lateral dereito.
Nas dez primeiras voltas, os Renault distanciáronse de Alboreto, con Arnoux agora líder. O Tyrrell comezou a igualar os tempos de Arnoux, pero cando se acercaba, Prost tomou o liderado na volta 15. O coche de Arnoux parecía ter problemas que resultaron ser certos, xa que o Renault retirouse na volta 21.
Watson, pola súa banda, caera a duodécima posición nas primeiras voltas, pero pasou a Piquet na volta 12, e a continuación, a Rosberg, Andretti e Cheever nas voltas sucesivas, ata alcanzar o terceiro lugar, con trinta segundos diferenza cos dous líderes. Pero, cando Andretti esperaba axudar a lograr o título de construtores para Ferrari, tivo que retirarse na volta 27 coa suspensión traseira rota, Rosberg fíxose cargo do quinto lugar que buscaba.
Entre os líderes, Alboreto estaba cada vez máis preto de Prost, e Watson continuaba a pechar a diferenza con deles. O Mclaren de Niki Lauda retirouse na volta 54, mentres que Alboreto eliminara a brecha con Prost, e conseguira tomar por primeira vez o liderado nun Gran Premio. Os pneumáticos de Prost recolleran caucho e desenvolveran vibracións. catro voltas despois, Watson tamén o capturara e pasara, pero tiña o mesmo problema que Prost, e non puido acercarse a Alboreto.
Alboreto logrou unha cómoda vitoria, a súa primeira e a primeira para Tyrrell en catro anos. Alboreto foi o 11º vencedor diferente dese ano. Cheever tamén foi capaz de superar a un débil Prost para ser terceiro, a nove voltas do final. A menos de tres segundos por detrás de Prost e o último coche na volta do líder, foi Rosberg, que polo tanto gañou o título.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 75 | 1:41:56.888 | 3 | 9 |
2 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 75 | + 27.292 segs | 9 | 6 |
3 | 25 | Eddie Cheever | Ligier-Matra | 75 | + 56.450 segs | 4 | 4 |
4 | 15 | Alain Prost | Renault | 75 | + 1:08.648 | 1 | 3 |
5 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Ford | 75 | + 1:11.375 | 6 | 2 |
6 | 5 | Derek Daly | Williams-Ford | 74 | + 1 volta | 14 | 1 |
7 | 29 | Marc Surer | Arrows-Ford | 74 | + 1 volta | 17 | |
8 | 4 | Brian Henton | Tyrrell-Ford | 74 | + 1 volta | 19 | |
9 | 22 | Andrea de Cesaris | Alfa Romeo | 73 | + 2 voltas | 18 | |
10 | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 73 | + 2 voltas | 16 | |
11 | 30 | Mauro Baldi | Arrows-Ford | 73 | + 2 voltas | 23 | |
12 | 17 | Rupert Keegan | March-Ford | 73 | + 2 voltas | 25 | |
13 | 18 | Raul Boesel | March-Ford | 69 | + 6 voltas | 24 | |
NC | 9 | Manfred Winkelhock | ATS-Ford | 62 | Nonclasificado | 22 | |
Ret | 8 | Niki Lauda | McLaren-Ford | 53 | Motor | 13 | |
Ret | 33 | Tommy Byrne | Theodore-Ford | 39 | Trompo | 26 | |
Ret | 35 | Derek Warwick | Toleman-Hart | 32 | Buxías | 10 | |
Ret | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 28 | Motor | 20 | |
Ret | 28 | Mario Andretti | Ferrari | 26 | Suspensión traseira | 7 | |
Ret | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 26 | Buxías | 12 | |
Ret | 16 | René Arnoux | Renault | 20 | Motor | 2 | |
Ret | 2 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 17 | Embrague | 5 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 8 | Colisión | 21 | |
Ret | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 5 | Encendido | 11 | |
NTS | 27 | Patrick Tambay | Ferrari | 0 | Piloto no apto | 8 | |
NTS | 14 | Roberto Guerrero | Ensign-Ford | 0 | Motor | 15 | |
NTS | 31 | Jean-Pierre Jarier | Osella-Cosworth | 0 | Accidente | 27 | |
DNQ | 36 | Teo Fabi | Toleman-Hart | ||||
NSC | 10 | Eliseo Salazar | ATS-Ford | ||||
NSC | 20 | Chico Serra | Fittipaldi-Ford |
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1982 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1982 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1983 |
Carreira anterior: Gran Premio Caesars Palace de 1981 |
Gran Premio Caesars Palace | Carreira seguinte: Gran Premio Caesars Palace de 1983 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.