Gran Premio de Italia de 1991

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio de Italia de 1991 (oficialmente Coca-Cola 62° Gran Premio d'Italia[1]) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 8 de setembro de 1991 en Monza. Foi a duodécima carreira da tempada de Fórmula Un de 1991.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

A carreira de 53 voltas foi gañada por Nigel Mansell, pilotando un Williams - Renault, logo de que comezase desde a segunda posición. Ayrton Senna terminou segundo nun McLaren - Honda, partindo desde a pole position, con Alain Prost terceiro nun Ferrari.

Remove ads

Informe

A gran noticia entre os Grandes Premios de Béxica e Italia viraba en torno ao mozo Michael Schumacher, que debutara no Jordan no Bélxica. Schumacher asinara con Benetton mentres aínda estaba baixo contrato con Jordan. Logo de moitas disputas legais, o alemán foi confirmado en Benetton, mentres que Roberto Moreno tomou o lugar de Schumacher en Jordan. Michael Bartels volveu a Lotus, xa que Johnny Herbert tiña máis compromisos na Fórmula 3000 xaponesa.

En cualificación, Ayrton Senna logrou a pole novamente, co seu rival ao título, Nigel Mansell en segundo lugar, e o inglés queixándose do tráfico nas súas últimas dúas voltas rápidas. Gerhard Berger foi terceiro, seguido de Riccardo Patrese, Alain Prost, Jean Alesi, Schumacher, Nelson Piquet, no seu 200º Gran Premio, Moreno e Pierluigi Martini, no Minardi motorizado por Ferrari.

Ao principio, Senna escapouse de Mansell, Berger, Patrese e Alesi, e todos lograron superar a dobre chicana de Rettifilo. Moreno foi unha das primeiras baixas xa que se saíu na volta 2.

Patrese comezou a atacar, primeiro desfíxose de Berger, e logo de Mansell. Na volta 26 pasou a Senna na chicana de Ascari, pero na volta seguinte unha falla na caixa de cambios sacouno da carreira. Senna agora lideraba diante de Mansell e Berger, con Mansell presionando a Senna para o liderado, e na volta 34 tomouno cunha manobra de freada perfectamente sincronizada ao entrar na chicana Ascari. Senna procedeu a cambiar pneumáticos e saíu no quinto lugar, pero non estaba de humor para quedar alí. Senna procedeu a pasar Schumacher entrando en Ascari, e logo pasando a Berger na primeira curva, e volveu ao segundo posto pasando ao seu archirival Prost entrando na segunda chicana. Mansell, mentres tanto, achegouse á vitoria diante de Senna, Prost, Berger, Schumacher e Piquet, Alesi retirouse co motor rebentado. Con catro carreiras por diante, Senna aínda lideraba sobre Mansell por 18 puntos, pero esta carreira confirmou que Mansell e Williams poderían vencer ao McLaren de Senna nunha pelexa directa.

Remove ads

Clasificación

Cualificación previa

Máis información Pos, Nº ...

Cualificación

Máis información Pos, Nº ...

Carreira

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads