Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de España de 1997 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 25 de maio de 1997 no Circuíto de Cataluña, Barcelona. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1997. Este Gran Premio de España[1] é lembrado pola grande actuación de Olivier Panis, que partiu do 12º posto na grella e terminou 2º recortando distancia co líder Jacques Villeneuve de 1´5 a 2 segundos por volta ao final da carreira.
Tipo | Gran Premio de España |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997 |
Distancia do evento | 64 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Cataluña (Vallès Oriental) 41°34′12″N 2°15′40″L |
Lonxitude | 4,675 km |
País | España |
Data | 25 de maio de 1997 |
Competición | |
Primeiro posto | Jacques Villeneuve |
Pole position | Jacques Villeneuve |
Volta máis rápida | Giancarlo Fisichella |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Michael Schumacher tivo un bo comezo. Empezou 7º, terminou a primeira volta na segunda posición e desafiou a Villeneuve que lideraba no Williams. Con todo, Schumacher, no Ferrari, non alcanzou ao líder e comezaba a alonxarse do resto dos coches. Na 13ª volta, a diferenza con Villeneuve era de aproximadamente 20 segundos e un tren de coches composto por David Coulthard, Jean Alesi, Mika Häkkinen, Heinz-Harald Frentzen, e Johnny Herbert estaba detrás del. Os seus tempos de volta eran aproximadamente de 1:26 mentres que o de Villeneuve era 1:22.
Nesta carreira de alto desgaste de pneumáticos, especialmente para os pneumáticos Goodyear,[2] o primeiro pit stop comezou a aproximadamente na volta 14, e o último foi na volta 25, o fixo Olivier Panis, no seu finamente equilibrado Prost con pnemáticos Bridgestone. Pouco despois, a partir da volta 29, tres corredores comezaron a parar por segunda vez. Isto permitiu a Panis gañar posicións, e na volta 34, era cuarto, acercándose a Alesi e Coulthard que eran 2º e 3º respectivamente. Pouco despois, Panis superou a Coulthard, que montaba uns inferiores pneumáticos Goodyear, nun bo movemento achegándose á primeira curva. Panis logrou pasar ao segundo lugar por diante de Alesi nos pits.
Panis acercábase ao líder, Villeneuve, reducindo aproximadamente 1´5 segundos por volta ao líder. Ao final da volta 49, a diferenza era de 10´8 segundos, contra a diferenza de 13 segundos ao final da volta 47. No entanto, durante a volta 50, Panis foi detido polo tráfico, primeiro o Jordan de Ralf Schumacher e despois o Ferrari de Eddie Irvine. Os comisarios non axitaron as bandeiras azuis,[2] Irvine non deixou pasar a Panis, permitindo así que Jean Alesi e Michael Schumacher puidesen collelo. Cando Irvine finalmente cedeu na volta 57, a carreira de Panis estaba arruinada, e a diferenza con Villeneuve aumentara a 16´1 segundos. Irvine obtivo máis tarde unha penalización de stop and go polas súas accións. Despois de que Panis abandonara o tráfico, estivo a facer de 1´5 a 2 segundos máis rápido que o líder e logrou pechar a brecha a menos de 6 segundos ao final da carreira pero era demasiado tarde e Villeneuve acadou a súa terceira vitoria da tempada.
Este foi o último podio de Panis na Fórmula Un. Foi tamén un podio moi raro de lingua francesa.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 1:16.525 | |
2 | 4 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Renault | 1:16.791 | +0.266 |
3 | 10 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:17.521 | +0.996 |
4 | 7 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 1:17.717 | +1.192 |
5 | 9 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:17.737 | +1.212 |
6 | 8 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 1:18.041 | +1.516 |
7 | 5 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:18.313 | +1.788 |
8 | 12 | Giancarlo Fisichella | Jordan-Peugeot | 1:18.385 | +1.860 |
9 | 11 | Ralf Schumacher | Jordan-Peugeot | 1:18.423 | +1.898 |
10 | 16 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 1:18.494 | +1.969 |
11 | 6 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:18.873 | +2.348 |
12 | 14 | Olivier Panis | Prost-Mugen-Honda | 1:19.157 | +2.632 |
13 | 17 | Gianni Morbidelli | Sauber-Petronas | 1:19.323 | +2.798 |
14 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Ford | 1:20.079 | +3.554 |
15 | 1 | Damon Hill | Arrows-Yamaha | 1:20.089 | +3.564 |
16 | 15 | Shinji Nakano | Prost-Mugen-Honda | 1:20.103 | +3.578 |
17 | 22 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 1:20.255 | +3.730 |
18 | 21 | Jarno Trulli | Minardi-Hart | 1:20.452 | +3.927 |
19 | 18 | Jos Verstappen | Tyrrell-Ford | 1:20.582 | +4.057 |
20 | 20 | Ukyo Katayama | Minardi-Hart | 1:20.672 | +4.147 |
21 | 2 | Pedro Diniz | Arrows-Yamaha | 1:21.029 | +4.504 |
22 | 23 | Jan Magnussen | Stewart-Ford | 1:21.060 | +4.535 |
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 64 | 1:30:35.896 | 1 | 10 |
2 | 14 | Olivier Panis | Prost-Mugen-Honda | 64 | +5.804 | 12 | 6 |
3 | 7 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 64 | +12.534 | 4 | 4 |
4 | 5 | Michael Schumacher | Ferrari | 64 | +17.979 | 7 | 3 |
5 | 16 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 64 | +27.986 | 10 | 2 |
6 | 10 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 64 | +29.744 | 3 | 1 |
7 | 9 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 64 | +48.785 | 5 | |
8 | 4 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Renault | 64 | +1:04.139 | 2 | |
9 | 12 | Giancarlo Fisichella | Jordan-Peugeot | 64 | +1:04.767 | 8 | |
10 | 8 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 64 | +1:05.670 | 6 | |
11 | 18 | Jos Verstappen | Tyrrell-Ford | 63 | +1 volta | 19 | |
12 | 6 | Eddie Irvine | Ferrari | 63 | +1 volta | 11 | |
13 | 23 | Jan Magnussen | Stewart-Ford | 63 | +1 volta | 22 | |
14 | 17 | Gianni Morbidelli | Sauber-Petronas | 62 | +2 voltas | 13 | |
15 | 21 | Jarno Trulli | Minardi-Hart | 62 | +2 voltas | 18 | |
Ret | 2 | Pedro Diniz | Arrows-Yamaha | 53 | Motor | 21 | |
Ret | 11 | Ralf Schumacher | Jordan-Peugeot | 50 | Motor | 9 | |
Ret | 22 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 37 | Motor | 17 | |
Ret | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Ford | 35 | Picada | 14 | |
Ret | 15 | Shinji Nakano | Prost-Mugen-Honda | 34 | Caixa de cambios | 16 | |
Ret | 1 | Damon Hill | Arrows-Yamaha | 17 | Motor | 15 | |
Ret | 20 | Ukyo Katayama | Minardi-Hart | 11 | Caixa de cambios | 20 | |
Fonte:[3] |
Clasificación no campionato de pilotos
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1997 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1997 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1997 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1996 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1998 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.