Eleccións municipais de 2019 en Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade no de Cerdedo-Cotobade. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial. Na mesma data tamén se celebraron eleccións aos parlamentos autonómicos en 13 comunidades autónomas.