Teresa Villaverde Pais

política galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

María Teresa Villaverde Pais, nada en Noia en 1960,[1] é unha política galega do PPdeG e alcaldesa de Lousame dende o 20 de setembro de 2012.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

É licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2003 foi elixida concelleira de Cultura e Educación no concello de Lousame no goberno de Santiago Freire, en 2007 pasou a ocupar a concellaría de Servizos Sociais e Cultura, e en 2011 foi concelleira de Cultura, Muller e Xuventude, ata que foi elixida alcaldesa. Ademais, en 2009 foi nomeada xefa de Educación na Coruña, e en outubro de 2011 deputada no Parlamento de Galicia tras a dimisión de Pablo Cobián.

En setembro de 2012, tras a dimisión de Santiago Freire como alcalde de Lousame, foi elixida alcaldesa na súa substitución.[2] Nas eleccións de 2015, 2019[3] e 2023[4] foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta. Foi deputada provincial de 2017 a 2019 e novamente de 2022 a 2023.

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads