Remove ads
Institución lexislativa de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados. Así e todo, desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de 4 anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).
Parlamento de Galicia | ||||
---|---|---|---|---|
XII Lexislatura | ||||
Datos xerais | ||||
Ámbito | Galicia | |||
Creación | 1981 | |||
Tipo | Parlamento autonómico (unicameral) | |||
Límite | Lexislatura de 4 anos | |||
Liderado | ||||
Presidente | Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG) desde o 21 de outubro de 2016[1] | |||
Vicepresidenta primeira | Elena Candia (PPdeG) desde o 24 de maio de 2022 | |||
Líder da maioría | Alfonso Rueda (PPdeG) desde o 12 de maio de 2022 | |||
Líder da oposición | Ana Pontón (BNG) desde o 2024 | |||
Composición | ||||
Membros | 75 deputados | |||
Grupos representados | Goberno (40)
Oposición (35) BNG 25 deputados PSdeG-PSOE 9 deputados Democracia Ourensana 1 deputado | |||
Salario | 4.953,39 €/mes [2] | |||
Título primeiro, capítulo primeiro do Estatuto de autonomía de Galicia | ||||
Eleccións | ||||
Sistema electoral | Representación proporcional por listas | |||
Última elección | 18 de febreiro de 2024 | |||
Sede(s) | ||||
Hemiciclo da cámara (Pazo do Hórreo, Santiago de Compostela) | ||||
Sitio web | ||||
parlamentodegalicia.gal | ||||
Cronoloxía | ||||
|
De acordo co artigo 9.1 do Título III da Lei 8/1985, de 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia,[3] o Parlamento de Galicia está composto por 75 deputados. Estes son elixidos polas catro circunscripcións electorais galegas, que corresponden coas catro provincias da comunidade autónoma. Cada unha delas elixe un número diferente de deputados, tal e como marcan os artigos 9.2 e 9.3 da citada lei. A cada unha das catro provincias de Galicia correspóndelle un mínimo inicial de 10 deputados, mentres que os 35 restantes distribúense entre as provincias en proporción á súa poboación. En 2024 esta é a distribución de escanos que se segue:
O mandato dos deputados remata catro anos despois da súa elección ou o día da disolución da Cámara, dereito correspondente á presidencia da Xunta de Galicia.
O Parlamento, órgano inviolable, representa o pobo galego e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma, da que derivan todas as demais.
Ao igual ca os parlamentos de País Vasco, Cataluña e Andalucía, o Parlamento de Galicia foi constituído tralas primeiras eleccións autonómicas, celebradas en 1981, a partir da redacción do Estatuto de Autonomía polo procedemento marcado ni artigo 151.2 da Constitución, polos membros das Cortes Xerais elixidos nas provincias correspondentes na primeira lexislatura da monarquía, presidida por Adolfo Suárez.
A primeira sesión constitutiva do Parlamento de Galicia tivo lugar o 19 de decembro de 1981 (I Lexislatura) no Pazo de Xelmírez, unha vez celebradas as primeiras eleccións autonómicasda historia de España, o 20 de outubro de 1981.
Previamente, o 18 de maio de 1981, entrara en vigor o Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado no referendo celebrado o 21 de decembro de 1980.
O pazo de Xelmírez foi a sede provisional do Parlamento de Galicia desde a súa constitución o 19 de decembro de 1981[4] ata que se trasladou ó pazo de Fonseca no verán de 1982[5] e, finalmente, á actual sede no pazo do Hórreo en marzo de 1989. Para conmemorar os 30 anos da institución, o 19 de decembro de 2011 celebrouse no pazo de Xelmírez unha sesión extraordinaria do Parlamento.[6][7]
O Pazo do Hórreo conta con todas as dotacións necesarias para que os deputados e deputadas poidan desenvolver o seu traballo: salón de plenos, salas de comisións, de prensa e outras dependencias de uso polivalente, tanto para as reunións de carácter interno como para a actividade pública e encontros con colectivos. Así mesmo, un completo equipamento tecnolóxico permite ofrecer en directo, a través da web, as sesións do Pleno e das comisións.
O salón de plenos é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial. O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira ringleira de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.
O Parlamento alberga tamén unha variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, pintura e escultura fundamentalmente, e conta cunha nutrida biblioteca. Desde 1997 a biblioteca do Parlamento acolle o arquivo bibliográfico e persoal de Ricardo Carvalho Calero, unha colección formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas, documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis).[8]
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, celebradas o domingo 18 de febreiro, o Partido Popular de Galicia gañou as eleccións, quedando o Bloque Nacionalista Galego en segundo lugar e o Partido dos Socialistas de Galicia terceiro, co mellor e o peor resultado da historia de ambos partidos, respectivamente. Deste modo, os resultados nas eleccións foron os seguintes:
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 | ||||||
Partido | Candidato | Deputados | ||||
Partido Popular de Galicia | Alfonso Rueda | 700.491 | 47,36% | 40 | 2 | |
Bloque Nacionalista Galego | Ana Pontón | 467.074 | 31,57% | 25 | 6 | |
Partido dos Socialistas de Galicia | José Ramón Gómez Besteiro | 207.691 | 14,04% | 9 | 5 | |
Democracia Ourensana | Armando Ojea Bouzo | 15.312 | 1,03% | 1 | 1 | |
Cargo | Titular | Partido |
---|---|---|
Presidente | Miguel Ángel Santalices Vieira | PPdeG |
Vicepresidenta primeira | María Elena Candia López | PPdeG |
Vicepresidenta segunda | María Montserrat Prado Cores | BNG |
Secretaria | Ethel María Vázquez Mourelles | PPdeG |
Vicesecretaria | Patricia Iglesias Reyes | PSdeG-PSOE |
O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Destes, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016). Tralas eleccións do 18 de febreiro de 2024 o resultado para a súa configuración durante a XII lexislatura foi:
Grupo parlamentario | Partidos | Portavoz | Escanos | ||
Popular de Galicia | Partido Popular de Galicia | Alberto Pazos Couñago | 40 | ||
Bloque Nacionalista Galego | Bloque Nacionalista Galego | Ana Belén Pontón Mondelo | 25 | ||
Socialistas de Galicia | Partido dos Socialistas de Galicia | José Ramón Gómez Besteiro | 9 |
Cargo | Titular | Lista | |
---|---|---|---|
Presidente | Miguel Ángel Santalices Vieira | PPdeG | |
Vicepresidenta primeira | María Elena Candia López | PPdeG | |
Vicepresidenta segunda | María Montserrat Prado Cores | BNG | |
Secretaria | Ethel María Vázquez Mourelles | PPdeG | |
Vicesecretaria | Patricia Iglesias Reyes | PSdeG-PSOE | |
Portavoces titulares | |||
Portavoz do GP Popular de Galicia | Jose Alberto Pazos Couñago | PPdeG | |
Portavoz do GP do Bloque Nacionalista Galego | Ana Belén Pontón Mondelo | BNG | |
Portavoz do GP dos Socialistas de Galicia | José Ramón Gómez Besteiro | PSdeG-PSOE | |
Fonte: Parlamento de Galicia[11] |
Comisións do Parlamento de Galicia | |||
Comisión | Presidencia | Grupo | |
---|---|---|---|
Comisións permanentes lexislativas | |||
Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior | María Sol Díaz Mouteira | PPdeG | |
Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos | Carmen María Pomar Tojo | PPdeG | |
Economía, Facenda e Presupostos | Noa Presas Bergantiños | BNG | |
Educación e Cultura | Teresa Egerique Mosquera | PPdeG | |
Sanidade, Política Social e Emprego | María Corina Porro Martínez | PPdeG | |
Industria, Enerxía, Comercio e Turismo | Vacante | PPdeG | |
Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes | Rubén Lorenzo Gómez | PPdeG | |
Pesca e Mariscos | José Manuel Balseiro Orol | PPdeG | |
Comisións permanentes non lexislativas | |||
Regulamento | Miguel Ángel Santalices Vieira | PPdeG | |
Peticións | Miguel Ángel Santalices Vieira | PPdeG | |
Estatuto dos Deputados | José Alberto Pazos Couñago | PPdeG | |
Control da Corporación Radio e Televisión de Galicia | María Guadalupe Murillo Solí | PPdeG | |
Relacións co Consello de Contas | Raquel Arias Rodríguez | PPdeG | |
Unha das funcións que desempeña o Parlamento de Galicia é a designación dos senadores que deben representar a Galicia, conforme ao previsto na Constitución e na forma que determine a Lei de Designación de Senadores en representación de Galicia.
A designación dos senadores galegos produciuse o día 19 de novembro de 2021 no Parlamento de Galicia. Así, elixíronse a dous representantes do Partido Popular de Galicia e a un do Partido dos Socialistas de Galicia.[12] Polo tanto, a lista de senadores designados polo Parlamento de Galicia quedou da seguinte forma:
Partido | Senadores actuais | Data de comezo |
---|---|---|
PPdeG | José Manuel Rey Varela | 29 de xullo de 2023 |
PPdeG | José Manuel Baltar Blanco | 29 de xullo de 2023 |
BNG | Maria Carmen Da Silva Méndez | 29 de xullo de 2023 |
Entre 2021-Actualidade
Partido | Senadores | Data comezo | Data fin | |
---|---|---|---|---|
PPdeG | Elena Muñoz Fonteriz | 20 de novembro de 2019 | 18 de maio de 2022 | |
Alberto Núñez Feijóo | 25 de maio de 2022 | 29 de maio de 2023 | ||
José Manuel Rey Varela | 29 de xullo de 2023 | |||
Jesús Vázquez Abad | 20 de novembro de 2019 | 20 de setembro de 2021 | ||
Juan Carlos Serrano Gómez | 27 de outubro de 2021 | 18 de maio de 2022 | ||
Miguel Ángel Tellado Filgueira | 25 de maio de 2022 | 28 de xullo de 2023 | ||
José Manuel Baltar Blanco | 29 de xullo de 2023 | |||
PSdeG-PSOE | Xoaquín María Fernández Leiceaga | 20 de novembro de 2019 | 29 de maio de 2023 | |
BNG | María Carmen Da Silva Méndez | 29 de xullo de 2023 | ||
O presidente do Parlamento ostenta a representación da Cámara, asegura a boa marcha dos traballos, dirixe os debates, mantén a orde dos mesmos e ordena os pagos, sen prexuízo das delegacións que poida conferir.[13]
Lexislatura | Presidente/a | Partido | Comezo de mandato | Fin de mandato | |
---|---|---|---|---|---|
I lexislatura | Antonio Rosón Pérez | UCD | 12 de decembro de 1981 | 17 de decembro de 1985 | |
II lexislatura | 17 de decembro de 1985 | 13 de maio de 1986 | |||
Tomás Pérez Vidal | CP | 13 de maio de 1986 | 16 de xaneiro de 1990 | ||
III lexislatura | Victorino Núñez Rodríguez | PPdeG | 16 de xaneiro de 1990 | 16 de novembro de 1993 | |
IV lexislatura | 16 de novembro de 1993 | 18 de novembro de 1997 | |||
V lexislatura | José María García Leira | 18 de novembro de 1997 | 20 de novembro de 2001 | ||
VI lexislatura | 20 de novembro de 2001 | 18 de xullo de 2005 | |||
VII lexislatura | María Dolores Villarino Santiago | PSdeG | 18 de xullo de 2005 | 1 de abril de 2009 | |
VIII lexislatura | Pilar Milagros Rojo Noguera | PPdeG | 1 de abril de 2009 | 16 de novembro de 2012 | |
IX lexislatura | 16 de novembro de 2012 | 26 de xaneiro de 2016 | |||
Miguel Ángel Santalices Vieira | 26 de xaneiro de 2016 | 21 de outubro de 2016 | |||
X lexislatura | 21 de outubro de 2016 | 7 de agosto de 2020 | |||
XI lexislatura | 7 de agosto de 2020 | 18 de marzo de 2024 | |||
XII lexislatura | 18 de marzo de 2024 | No cargo | |||
A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións: un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro que vai do 15 de xaneiro ao 15 de xullo. Durante estes períodos, os deputados pódense reunir en sesións ordinarias de Comisión que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.
Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de cumprirse determinados requisitos.
Quen exerce a Presidencia do Parlamento fixa a Orde do día das Sesións Plenarias, de acordo coa Mesa e a Xunta de Voceiros e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das Comisións vén determinada pola súa Mesa, de acordo co calendario establecido pola Mesa do Parlamento.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.