Elena Candia
avogada e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Elena Candia López, nada en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978,[1] é unha avogada e política galega do PPdeG. Actualmente é Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia e concelleira no concello de Lugo.
Remove ads
Traxectoria
Licenciada en Dereito. Traballou en seguros. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixida concelleira de Mondoñedo. Foi deputada provincial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mondoñedo e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo como candidata do partido máis votado.[2]
Presidenta da Deputación
Así mesmo foi elixida presidenta da Deputación Provincial de Lugo, logo dunha sesión de investidura na que Manuel Martínez, alcalde de Becerreá (do PSdeG-PSOE) rebelouse contra Darío Campos, alcalde da Pontenova e candidato imposto polo PSdeG-PSOE tras ser el vetado a petición do BNG por estar imputado, rompendo a disciplina do partido votándose a si mesmo en vez de a Darío Campos.[3] En outubro, unha moción de censura de PSdeG e BNG apartouna do cargo.[4]
Outros cargos
En xullo de 2020 foi elixida parlamentaria no Parlamento de Galicia como cabeza de lista por Lugo. Dende o 24 de maio de 2022, foi a vicepresidenta primeiro da cámara galega. A nivel orgánico é a presidenta do PPdeG na provincia de Lugo dende marzo do 2016. Nas eleccións municipais de 2023 o seu partido elixiuna como a candidata á alcaldía de Lugo,[5] sendo elixida concelleira de Lugo.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
