concello da comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
A Pontenova é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2015) conta con 2.470 habitantes (1.196 homes e 1.274 mulleres) (3.016 no 2006, 3.063 no 2005, 3.125 no 2004, 3.199 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontenovés».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | A Pontenova | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.126 (2023) (15,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 133,3 km² | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde da Pontenova | Darío Campos Conde | ||||
Eleccións municipais na Pontenova | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27720 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27048 | ||||
Páxina web | concellodeapontenova.es |
O topónimo A Pontenova fai referencia a unha ponte sobre o río Eo, xa mencionada como tal en 1645.[1]
A poboación da Pontenova caracterízase por un forte envellecemento e unha escasa natalidade.
Censo total | 2470 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 168 (6,8 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.422 (57,57 %) |
Maiores de 65 anos | 880 (35,63 %) |
O concello está atravesado polo río Eo na zona media-alta do seu percorrido, formando fermosos vales e paisaxes montañosas. O clima é de transición entre o propio da costa e o do interior da provincia de Lugo. Limita ó norte con Trabada, ó sur coa Fonsagrada e Ribeira de Piquín, ó leste con Asturias e ó oeste con Riotorto. Polo concello pasa a estrada N-640, que vai de Lugo á Veiga.
O concello está na Terra de Miranda, feudo de estirpes de fidalgos. O nome alude á existencia doutra ponte antiga sobre o Eo, que comunicaba a vila coa outra beira do río, onde xa se explotaban xacementos mineiros desde épocas antigas.
Existen probas arqueolóxicas da súa poboación cara á idade de Pedra, e hai restos posteriores de poboados castrexos. Non existen moitos restos da época da antiga Roma. Porén, é posible que o trazado da actual estrada N-640 siga o da antiga calzada romana, que serviu de entrada a suevos e árabes.
Durante a idade Media a comarca estivo dominada polo monacato, que colonizou e repoboou as terras abandonadas polos sarracenos. Proba disto son os abundantes templos e construcións relixiosas que se conservan desta época, como o mosteiro de Meira, construído no século XII pola orde do Císter. A titularidade laica tamén tivo posesións dentro do termo municipal.
Os señoríos laico e eclesiástico repartíanse a posesión das terras da Pontenova, aínda que foi a igrexa quen acadou un maior patrimonio, mercede as doazóns que recibía da realeza e do pobo, para remisión dos seus pecados. A partir do século XII comezou a aparecer na documentación referencias sobre a "Vila de Goios" entre as propiedades do mosteiro de Meira, antecedente da actual A Pontenova.
Declinado o poder eclesiástico, as terras desta comarca pertenceron a varias casas nobres, como os Pardo de Cela, os Osorio, os Losada e os Miranda.
Houbo dous fenómenos sociais que afectaron ás terras de Miranda. Un foi a fundación no século XVIII da gran fábrica de Sargadelos, no concello de Cervo, de onde saíron os ladrillos que serviron para construír os fornos das minas de Vilaoudriz. Xa no século XIX, iniciouse a explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca, explotación que continuou ata a guerra civil española. A importancia desta actividade provocou a comezos de século a construción dun ferrocarril mineiro entre Vilaoudriz e Ribadeo para transportar o mineral cara ó porto de Ribadeo.
Ata 1845 o termo estaba dividido en tres concellos: Conforto, Miranda e Vilameá. Nese ano Miranda e Conforto uníronse no de Vilaoudriz. En 1950 o concello de Vilameá mudou o seu nome polo oficial de Puente Nuevo, e en 1963 fusionouse co de Vilaoudriz, chamándose ata 1979 Puente Nuevo Vilaoudriz. O 9 de xuño dese ano pasou a chamarse oficialmente A Pontenova.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pontenova vexa: Lugares da Pontenova
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.