Remove ads
parroquia civil do concello da Pontenova From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Conforto é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 263 habitantes (131 homes e 132 mulleres).
Conforto | |
---|---|
Fonte de Conforto. | |
Concello | A Pontenova[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°21′27″N 7°09′31″O |
Poboación | 211 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo Conforto non é o orixinal do lugar, senón que se debe a un proceso de retoponimización. Orixinariamente a parroquia era San Bernabé de Xestoso, pero no século XVI substituíuse pola advocación da Virxe do Conforto.[2]
Na parroquia está o Santuario da Virxe de Conforto, do século XVII. Comezou a construírse en 1662[3][4] tomando como base os planos do arquitecto Diego Ibáñez Pacheco. O templo ten muros de pedra, pavimento de laxas e tellado de lousa. Celébrase a romaría o 8 de setembro.
Segundo a lenda:
A igrexa querían facela nun lugar diferente ó actual. Sen embargo, todo canto construían ó día era destruido á noite. E así, dun xeito sucesivo, ata que os fregueses decidiron quedar en vela, por quendas, para averiguaren quen levaba a cabo tal tropelía. Mais malia esta vixilancia non viron aninguén, polo que consideraron que se trataba dun milagre.
Por tal motivo, decidiron edificar a igrexa onde estaba o antigo recinto sacro, que daquela era un lugar cheo de silvas e toxos. Entón, puxéronse a rozar e limpar o lugar ata que apareceu unha santa cun brazo roto, e unha fonte ó seu carón. Isto deu lugar a que os fieis da parroquia decidisen construir a igrexa nese lugar. E foi aí, onde sucedeu un suceso prodixioso consistente en que a obra que facían durante o día, aumentaba á noite, sen que intervise ninguen, e foi así, tódolos días ata que rematou a construcción. Logo construíron unha fonte nese mesmo lugar e puxéronlle unha nova imaxe, mentres que a que encontraran na silveira levárona para o interior do templo.[5]
A portada principal, de estilo renacentista, está enmarcada por pilastras de estrías, un friso ornamentado e un frontón recto rematado en acróteras emboladas. Este recinto sacro consta dunha nave[6], dividida en tres tramos por arcos de medio punto e con bóvedas de lunetas.
A portada sur, coñecida como Porta do Sol, é adintelada con ornamentación acodada, friso sen adornos, frontón curvo e reloxo de sol cunha carauta de Mahoma. A portada norte, coñecida como Porta da Lúa, é semellante á portada sur, pero sen carauta nin reloxo de sol. No sitio del, colocouse unha imaxe de pedra da Virxe María. Ademais, posúe un cruceiro de brazos curtos, provisto de catro arcos torais e dunha cúpula sobre pendentes moi rebaixada. Así mesmo, hai unha capela maior na parte dianteira, que amosa arcos de descarga nos muros e unha bóveda de canón con lunetas. Tamén ten unha tribuna, que é do ano 1713; e unha torre, de catro corpos, que se rematou case a mediados do XVIII.
Os devotos levan para as súas casas pólas dos teixos que están no adro da igrexa como símbolo protector da casa. Outros dan unha ou varias voltas arredor da igrexa cunha pequena imaxe da Virxe.[3]
A fonte situada ao carón do templo parroquial foi construída polo crego Fernando Miranda en 1772. É habitual que os devotos laven aquelas partes do corpo doentes, e posteriormente penduran os panos das árbores, coa crenza de que segundo os panos van podrecendo, as doenzas das persoas van desaparecendo. Outros devotos beben a auga da fonte e lévana para as súas casas.[5]
Lugares da parroquia da Conforto no concello da Pontenova (Lugo) | |
---|---|
O Boulloso | Os Candaedos | Coirío | Conforto | Dodrín | A Ermida | Ervelle | Figueirúa | Labrada | Mousende | Pacios | Saldoiriña | San Mamede | Souto de Mogos | Valindarcas | A Veiga da Pada | O Vilar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.