Vilaoudriz, A Pontenova
parroquia civil do concello da Pontenova From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Vilaoudriz (á espera da oficialización da forma Santiago de Viloudriz)[2] é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta 108 habitantes (58 homes e 50 mulleres).
Vilaoudriz | |
---|---|
![]() | |
Concello | A Pontenova[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°20′19″N 7°11′19″O |
Poboación | 78 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
O topónimo Viloudriz ten dous elementos: Vila (do latín Vīlla) e mais a forma Auderici, xenitivo do antropónimo de orixe xermánica Audericus.[2]
Historia
En 1900 constituíuse a Sociedad Minera de Villaodrid[3] para a explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca, activa ata a guerra civil española. A importancia desta actividade provocou a construción en 1905 da liña Ribadeo - Vilaoudriz de ferrocarril para transportar o mineral cara ao embarcadoiro de mineral de Ribadeo. Os fornos das minas construíronse con ladrillos da próxima fábrica de Sargadelos, situada no concello de Cervo. As minas achábanse maioritariamente nesta parroquia, mentres que os fornos de calcinación se construíron na Pontenova[4].
En 1961 constituíuse a parroquia da Pontenova, segregándose os seus lugares de Vilaoudriz e Vilameá.[5]
Galería de imaxes
- Túnel na estrada de acceso
- Túnel de saída cara á Pontenova
- Adro da igrexa
Lugares e parroquias
Lugares de Vilaoudriz
Lugares da parroquia da Vilaoudriz no concello da Pontenova (Lugo) | |
---|---|
Parroquias da Pontenova
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.