Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024

eleccións ao Parlamento de Galicia en 2024 From Wikipedia, the free encyclopedia

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024[1] para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia.

Datos rápidos Data, Tipo ...
Thumb
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
 2020
Data18 de febreiro de 2024
Tipoeleccións e Eleccións ao Parlamento de Galicia
Cargo elixido75 deputado do Parlamento de Galicia XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
Páxina web oficialeleccionsgalicia2024.gal
Participación política
2.693.624
1.493.019
   55.43٪
6.7
     12.849    13.955
Resultado da votación
2>
Partido Popular de Galicia   Alfonso Rueda
700.491   46.92٪
1.26
Deputado 42  40 2
2>
Bloque Nacionalista Galego   Ana Pontón
467.074   31.28٪
Deputado
2>
PSG PSOE   Xosé Ramón Gómez Besteiro
207.691   13.91٪
Deputado
VOX
32.493   2.18٪
Deputado

Thumb
Investidura presidencial de Galicia de 2024
Substitúe:Persoa elixida:
Alfonso RuedaAlfonso Rueda
Pechar

O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico. O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG–PSOE) mantívose no terceiro posto, perdendo 5 escanos e colleitando o seu peor resultado histórico. O partido localista Democracia Ourensana conseguiu entrar no Parlamento cun escano pola circunscrición electoral de Ourense. O apoio aos partidos de Podemos Galicia e Sumar Galicia, que se presentaron ás eleccións por separado, caeu de forma significativa, sen conseguir ningún deles superar o limiar electoral. O partido de extrema dereita Vox tampouco acadou ningún representante.

Visión xeral

Thumb
Logo das eleccións nas páxinas da Xunta de Galicia.

Movementos previos á convocatoria electoral

En maio de 2022, Alfonso Rueda accedeu á presidencia da Xunta trala renuncia de Alberto Núñez Feijóo,[2] elixido presidente do Partido Popular o mes anterior. Se ben aínda restaban máis de dous anos de lexislatura, desde o inicio do seu mandato especulouse coa posibilidade dun adianto electoral. Cando se coñeceu a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o 23 de xullo de 2023, rumoreouse que unha vitoria do PP podería dar lugar á convocatoria de eleccións galegas en outono.

Aínda que o PP foi o partido máis votado nesa convocatoria,[3][4] Feijoo foi incapaz de formar goberno.[5][6][7] Deste xeito arrefriou a posibilidade dunhas eleccións galegas inminentes. Con todo, diferentes iniciativas lanzadas polo PPdeG co reinicio do curso político en setembro, como “Galicia non para”,[8] evidenciaron que Rueda buscaría o referendo das urnas antes do remate da lexislatura.[9]

Nese mesmo outono o resto de partidos activaron a maquinaria electoral, presentando as súas cabezas de lista. O BNG referendou a Ana Pontón como candidata pola práctica unanimidade da militancia.[10] O PSdeG non tivo que celebrar primarias ao non se presentaren candidatos alternativos a Xosé Ramón G. Besteiro.[11] Democracia Orensana anunciou que concorrería por Ourense con Armando Ojea como líder. Sumar e Vox anunciaron que tamén se presentarían, sen precisar a cabeza de lista. Finalmente, o 21 de decembro, Rueda anunciou a disolución do parlamento e a convocatoria de eleccións.[12][13]

Precampaña

Os primeiros compases de precampaña estiveron marcados pola presentación, o 27 de decembro, da candidatura de Sumar, encabezada por Marta Lois. A cúpula galega de Podemos asinou con Sumar Galicia un acordo para que ambas formacións concorresen ás eleccións en coalición. Nunha consulta telemática de carácter vinculante realizada xusto despois, máis do 60% dos participantes rexeitaron o acordo. Podemos acabaría por presentar a súa propia lista en coalición con Recortes Cero.[14]

Xa entrado o mes de xaneiro o foco da campaña volveuse sobre un desastre medioambiental, a vertedura de granulado de plástico na costa galega. O 8 de decembro un barco que navegaba á altura de Viana do Castelo perdeu varios contedores cargados con sacos de microplásticos. Os sacos, en moitas ocasións rotos e derramando a carga, comezaron a chegar á costa galega a mediados de decembro, pero non foi até finais de mes que os efectos da vertedura comezaron a ser evidentes en moitas praias galegas e asturianas.[15]

A Xunta foi criticada por banalizar a importancia da vertedura cando aínda non dispuña dun informe sobre a súa toxicidade. Denunciouse opacidade informativa na CRTVG e nos medios privados, así como as explicacións contraditorias sobre o momento en que se recibira na Xunta o aviso do goberno central sobre o sucedido. Así mesmo, foi notoria a lentitude da Xunta en despregar cuadrillas para o control e retirada da vertedura, mentres xa se creaban grupos de voluntarios que interviñan nas praias.[16]

Nos días seguintes as correntes mariñas acabaron por afastar o groso da vertedura das costas galegas, polo que a crise foi perdendo forza, polo menos desde o punto de vista electoral. Aínda así, deu lugar a que o PPdeG acusase ao BNG de intoxicar as redes sociais con informacións e contas falsas[17] e a unha manifestación moi concorrida en defensa do mar o domingo 21 de xaneiro.[18]

Outra das novas relevantes da segunda semana de xaneiro foi o anuncio de que Lara Méndez deixaría a alcaldía de Lugo para acompañar a Besteiro como número dous por Lugo.[19] O 10 de xaneiro, Vox fixo pública a candidatura de Álvaro Díaz-Mella, ao tempo que confirmaba que presentaría listaxes en todas as provincias.[20] Así mesmo, o domingo 14 de xaneiro, Anova e o BNG asinaron un acordo polo que o primeiro dos partidos chamaba a concentrar o voto no Bloque e se comprometía a participar na súa campaña. Ademais, anunciaba o principio “dun proceso de colaboración (...) destinado a redimensionar nos vindeiros anos o soberanismo galego”.[21] O acordo resultaba tanto máis significativo se temos en conta que a mediados de decembro, Anova rexeitara participar na coalición impulsada por Sumar e Martiño Noriega, líder da formación, desbotase presentarse como o seu candidato á presidencia.[22]

Calendario electoral

Aquí se mostra o calendario electoral para as eleccións do domingo 18 de febreiro de 2024: [23]

  • 21 de decembro: Alfonso Rueda fai público o seu desexo de convocar eleccións.
  • 26 de decembro: Publicación no DOG do Decreto de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións.
  • 27 de decembro a 5 de xaneiro: Prazo para a comunicación á Xunta Electoral da creación de coalicións electorais.
  • 10 a 15 de xaneiro: Prazo para a presentación de candidaturas ante as Xuntas Electorais.
  • 17 de xaneiro: Publicación no DOG das candidaturas presentadas.
  • 22 de xaneiro: Proclamación de candidaturas.
  • 23 de xaneiro: Publicación no DOG das candidaturas proclamadas.
  • 20 a 24 de xaneiro: Prazo de sorteo para a designación de membros das mesas electorais.
  • 21 a 27 de xaneiro: Prazo de notificación das designacións e entrega de manual a membros das mesas electorais.
  • 26 de xaneiro a 8 de febreiro: Prazo de solicitude do voto por correo.
  • 29 de xaneiro a 11 de febreiro: Envío ao elector da documentación necesaria para o voto por correo.
  • 29 de xaneiro a 14 de febreiro: Prazo para o depósito, por parte do elector, do voto por correo.
  • 2 a 16 de febreiro: Campaña electoral.
  • 13 a 17 de febreiro: Prohibición de publicación, difusión ou reprodución de sondaxes electorais.
  • 17 de febreiro: Xornada de reflexión
  • 18 de febreiro: Xornada de votación

Sistema electoral

O Parlamento de Galicia é a institución lexislativa unicameral devolta á comunidade autónoma de Galicia. Ten poderes lexislativos en asuntos propios da autonomía definidos de acordo coa Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, así como a habilidade de outorgar e retirar a confianza ao presidente da Xunta.[24]

A votación baseouse no sistema de sufraxio universal, que inclúe tódolos cidadáns maiores de 18 anos rexistrados en Galicia e con pleno exercicio dos seus dereitos políticos. Os 75 membros do Parlamento de Galicia foron elixidos empregando o método D'Hondt e unha lista pechada de representación proporcional, cun limiar mínimo do 5% dos votos válidos (incluídos os votos en branco) aplicado en cada circunscrición. Os partidos que non superaron este limiar non se tiveron en conta para a distribución de asentos. O uso do método D'Hondt pode resultar nun limiar efectivo máis alto dependendo do tamaño da circunscrición electoral.[25]

Os asentos asignáronse a distritos electorais, correspondentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, cada unha con 10 escanos mínimos iniciais e os 35 restantes distribuídos de xeito proporcional ós seus habitantes.[24][26] Ao igual ca nas anteriores eleccións autonómicas de 2020, nestes comicios á Coruña correspondéronlle 25 escanos; a Lugo e mais a Ourense, 14; e a Pontevedra, 22.

Máis información Prov., A Coruña ...
Thumb
Repartimento de escanos en Galicia

Galicia

[27]

2.693.624 hab.

75 escanos

Prov.

A Coruña

Pontevedra

Lugo

Ourense

Pob. 1.088.386 911.704 337.734 355.800
Esc. 25 escanos 22 escanos 14 escanos 14 escanos
Pechar

Candidaturas

A continuación, móstrase unha lista dos principais partidos e alianzas electorais que concorren ás eleccións, ordenados de maior a menor número de escanos na lexislatura previa á convocatoria de eleccións.

Máis información Candidatura, Candidato/a ...
Candidatura Candidato/a Ideoloxía Escanos

Partido Popular de Galicia

Thumb Alfonso Rueda

(Presidente en funcións)

Centrodereita a Dereita 42

Bloque Nacionalista Galego

Thumb Ana Pontón Esquerda 19

PSdeG-PSOE

Thumb Xosé Ramón Gómez Besteiro Centroesquerda 14
Sen representación parlamentaria
Sumar Galicia[28]
Thumb Marta Lois[29] Esquerda 0

Vox[30]

Thumb Álvaro Díaz-Mella[31] Extrema dereita 0
Podemos Galicia-Alianza Verde
Isabel Faraldo[32] Esquerda 0
Democracia Ourensana
Armando Ojea[33] Dereita Nv.
Partido Animalista co Medio Ambiente
Manuela García López[34] 0
Thumb
Escanos en Branco
Diego Troncoso Casal 0
Por un Mundo Máis Xusto
Marina Fernández Delgado 0
Thumb
Coalición Espazo Común Galeguista

Compromiso por Galicia
Espazo Común
Galicia Sempre
Coalición Galega
Unidade Local

Pachi Vázquez 0
Pechar

Listas electorais por provincia

Campaña electoral

A campaña electoral comezou o 2 de febreiro de 2024.[35] En canto aos principais temas de campaña, o PPdeG insistiu en centrar a súa mensaxe en asuntos candentes da política estatal, como a lei de amnistía, o pacto entre o PSOE e os partidos nacionalistas para garantir o goberno tralas eleccións do 23X ou a relación entre o BNG e Bildu. O PPdeG presentouse como garantía de estabilidade fronte dun multipartito caótico.[36] Ao tempo, esforzábase en identificar ao seu candidato como unha persoa próxima e previsíbel, de perfil técnico e afastado de aventuras ideolóxicas.

O BNG centrou a súa campaña na imaxe da súa candidata, potenciando a súa figura de presidenciable. Procurou afastarse de cuestións relacionadas coa estrutura territorial, insistindo en asuntos clásicos da esquerda como a defensa dos servizos públicos, do emprego de calidade e de valores como o feminismo, sen abandonar reivindicacións clásicas do nacionalismo como a saúde da lingua e da cultura galegas.

Besteiro, pola súa banda, recibiu un forte apoio do PSOE. Pedro Sánchez protagonizou cinco mitins en Galicia entre a precampaña e a campaña.[37] Tratábase de capitalizar, desta maneira, os investimentos do estado no país, como os relacionados co tren de alta velocidade. Así mesmo, houbo unha grande implicación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que buscaba mobilizar o voto da cidade e da súa área metropolitana.[38]

En canto a Sumar, a súa candidata esforzouse en facer ver que o voto á súa formación non dividía á esquerda, senón que ampliaba a súa capacidade de mobilización. En todo momento comprometeu os escanos da súa formación ao servizo dun goberno progresista.[39] As demandas de DO centráronse na provincia de Ourense, denunciando unha histórica falta de investimentos que serían a causa do seu declive demográfico e económico. Podemos realizou unha campaña con mensaxes radicais, como a creación dun imposto sobre as grandes fortunas.[40] En tanto, Vox tratou de captar votos entre o electorado desencantado do PPdeG, insistindo en asuntos como a imposición do galego, que os populares tolerarían.[41]

Enquisas e debates electorais

Enquisas

A catro semanas das eleccións as máis das enquisas coincidían en sinalar que o PP retería a maioría absoluta, se ben na contorna dos 39 ou 40 deputados. O BNG situábase arredor de 20 deputados e o PSdeG sobre os 15. Case todas as enquisas daban por segura a entrada de DO en Ourense e outorgaban serias posibilidades a Sumar de lograr un deputado pola Coruña. En canto a Vox e Podemos, colocábanos lonxe de obteren representación.

Porén, unha enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas publicada o 25 de xaneiro prognosticou que o PPdeG estaba a piques de perder a maioría absoluta. Ese mesmo prognóstico repetiuse nunha nova enquisa do CIS publicada o 5 de febreiro, xa en plena campaña. Esta última enquisa situaba o PPdeG nun abano de entre 34 e o 38 escanos, ao BNG entre 22 e 26 e ao PSdeG entre 13 e 15. Así mesmo, outorgaba a DO e a Sumar posibilidades de lograren cadanseu escano.[42] [43].

Unha nova enquisa do CIS coñecida o 12 de febreiro volveu repetir o prognóstico de escanos para o PP, ao que outorgaba máis do 42% dos votos, dous puntos menos que na enquisa anterior. O BNG, a quen asignaba un abano entre os 24 e os 31 escanos, superaba o 33% dos votos. O PSdeG, con pouco máis do 18%, ficaba con entre 9 e 14 escanos. De novo situaba a DO e Sumar no limiar de conseguiren representación.

Debates

O único debate da campaña coa presenza do candidato popular, amais das cabezas de lista do BNG, PSdeG, Sumar e Podemos, celebrouse o luns 5 de febreiro. O debate, de arredor de dúas horas de duración, emitiuse na TVG en horario de máxima audiencia. A valoración do debate entre os medios de esquerda foi de absoluta vitoria da oposición. Estes mesmos medios destacaron o escaso carisma de Rueda e os seus frecuentes erros. Un dos máis soados foi a mensaxe final, en que cun ton que se pretendía irónico, pedía que non se lle votase e convidaba o electorado a ler o programa do Bloque.[44] [45]

O seguinte gráfico representa a media das enquisas de diferentes medios sobre o gañador do debate electoral a 5 do día 5 de febreiro de 2024 na CRTVG.[46][47][48][49][50][51]





Thumb
Gañador do debate electoral
do 5 de febreiro (media)

     BNG-Pontón (42.6%)     PPdeG-Rueda (35.5%)     PSdeG-Besteiro (11.0%)     Podemos-Faraldo (7.8%)     Sumar-Lois (2.5%)     Non sabe/non responde/en branco (1.7%)

A media das enquisas analizadas deu como resultado que a candidata do BNG saíu vencedora do debate cun 42,6%. En troques, o candidato do PP, Alfonso Rueda saíu do debate moi debilitado logo de varios choques con Pontón. Os outros dous candidatos que saíron lixeiramente afectados logo do debate foron Xosé Ramón Besteiro (PSdeG) e Marta Lois (Sumar). Pola contra, a candidata de Podemos saíu reforzada polos seus enfrontamentos directos co presidente en funcións da Xunta de Galicia.[52][53][54][55]

Máis información Medio, Rueda ...
Medio Rueda Pontón Besteiro Faraldo Lois Dif.
Atlántico[56] 37 % 52 % 4.5 % 4 % 1.1 % 15 %
Eldiario.es[57] 19 % 51 % 10 % 15 % 5 % 32 %
ABC[58] 46 % 18 % 32 % 2 % 2 % 14 %
FdeV[59] 36 % 55 % 4 % 3 % 1 % 19 %
Público[60] 16 % 53 % 9 % 17 % 5 % 36 %
El Debate[61] 58 % 27 % 6 % 6 % 1 % 31 %
Media 35.5 % 42.6 % 11.0 % 7.8 % 2.5 % 7.1 %
Pechar

Debates

Máis información Data, Organizador ...
Data Organizador Moderador/es   P   Presente   S   Substituto   A   Invitado ausente    NI   Non invitado Audiencia

en directo

Ref.
PP BNG PSOE Sumar Podemos DO Vox
2 de febreiro Radio Galicia Ricardo Rodríguez S

Couñago

P

Pontón

P

Besteiro

NI NI NI NI [62]
5 de febreiro CRTVG Marta Darriba e Alejandro López P

Rueda

P

Pontón

P

Besteiro

P

Lois

P

Faraldo

NI NI 18%

150.000 [63]

[64]
14 de febreiro RTVE Xabier Fortes A

Rueda

P

Pontón

P

Besteiro

NI NI NI NI 17,4%

146.000 [65]

[66]
Pechar

Lemas de campaña

Programas electorais

Máis información Partido/Coalición, Partidos ...
Partido/Coalición Partidos Programa electoral Programa
sinmarco Partido Popular de Galicia A Galicia que funciona
sinmarco Bloque Nacionalista Galego A Galiza que queres
sinmarco
sinmarco
sinmarco Partido dos Socialistas de Galicia O cambio real en Galicia
sinmarco
sinmarco
Sumar Galicia Un proxecto de país
sinmarco Vox Galicia a mejor
sinmarco Podemos Galicia Facer o que nunca se fixo
sinmarco Partido Animalista co Medio Ambiente Moito por facer
Pechar

Xornada electoral

Máis información Hora, % ...
Participación
Hora 2020 2024 Crecente (crecemento)Decrecente %
12:00 19,42 % 17,12 % Decrecente 2,32 %
17:00 42,97 % 49,17 % Crecente (crecemento) 6,23 %
20:00 48,97 % 67,30 % Crecente (crecemento) 18,33 %
Fonte: Xunta de Galicia (2020), (2024)[75][76]
Pechar

Resultados

Resultados provisionais (aínda falta o reconto do voto no exterior)[77]

Máis información Partidos e coalicións, Votos ...
Resumo dos resultados das eleccións do 18 de febreiro de 2024
ao Parlamento de Galicia
Thumb
Partidos e coalicións Votos Escanos
Votos  % ±pp Total +/−
PPdeG 700.49147,36%–0,59%
40 / 75
–2
BNG 467.07431,58%+7,79%
25 / 75
+6
PSdeG 207.69114,04%-5,34%
9 / 75
–5
Vox 32.4932,20%+0,15%
0 / 75
±0
Sumar 28.1711,90%novo
0 / 75
±0
DO 15.3121,04%novo
1 / 75
+1
PACMA 5.3730,36%–0,10%
0 / 75
±0
Podemos 3.8540,26%-3,68%
0 / 75
±0
EB 2.7440,19%+0,14%
0 / 75
±0
ECG 1.5420,10%novo
0 / 75
±0
M+J 1.4700,10%+0,03%
0 / 75
±0
En branco 12.8490,87%–0,03%
Total 1.479.064 75±0
Votos válidos 1.479.06499,07%–0,02%
Votos nulos 13.9550,93%+0,02%
Votos emitidos / participación 1.493.01967,30%+18,34%
Abstención 725.22932,69%-18,34%
Votantes rexistrados 2.693.624
Fontes[78]
Pechar
Máis información Porcentaxe de voto ...
Porcentaxe de voto
PPdeG
 
47.36%
BNG
 
31.58%
PSdeG
 
14.04%
Vox
 
2.20%
Sumar
 
1.90%
DO
 
1.04%
Outros
 
1.01%
Votos en branco
 
0.87%
Pechar
Máis información Escanos ...
Escanos
PPdeG
 
53.33%
BNG
 
33.33%
PSdeG
 
12.00%
DO
 
1.33%
Pechar

Resultados por provincias

Máis información Candidaturas máis votadas ...
Candidaturas máis votadas
Thumb Thumb
Circunscricións (provincias) Porcentaxe de voto do partido máis votado por circunscrición
Pechar
Máis información Candidatura, Galicia ...
Candidatura

Galicia[79]

A Coruña[80]

Pontevedra[81]

Lugo[82]

Ourense[83]

Votos % Esc. Crecente (crecemento)Decrecente Votos % Esc. Crecente (crecemento)Decrecente Votos % Esc. Crecente (crecemento)Decrecente Votos % Esc. Crecente (crecemento)Decrecente Votos % Esc. Crecente (crecemento)Decrecente
PPdeG 700.491 47.36 40 Decrecente 2 288.911 47.67 13 Decrecente 1 226.633 43.97 11 98.803 53.39 8 Decrecente 1 86.144 49.90 8
BNG 467.074 31.57 25 Crecente (crecemento) 6 197.929 32.66 9 Crecente (crecemento) 2 178.812 34.69 8 Crecente (crecemento) 2 46.575 25.16 4 Crecente (crecemento) 1 43.758 25.35 4 Crecente (crecemento) 1
PSdeG 207.691 14.04 9 Decrecente 5 78.458 12.94 3 Decrecente 1 75.963 14.73 3 Decrecente 2 31.845 17.20 2 sinmarco 21.425 12.41 1 Decrecente 2
DO 15.312 1.03 1 Nv NA NA NA 15.312 8.87 1 Nv
Vox 32.493 2.19 14.896 2.45 11.642 2.25 3.348 1.80 2.607 1.51
Sumar 28.171 1.92 Nv 13.667 2.25 Nv 12.537 2.43 Nv 1.112 0.6 Nv 855 0.49 Nv
PACMA 5.373 0.36 2.344 0.38 2.208 0.42 449 0.24 372 0.21
Podemos 3.854 0.26 1.772 0.29 1.522 0.29 323 0.17 237 0.13
EB 2.744 0.18 1.094 0.18 934 0.18 560 0.30 156 0.09
ECG 1.542 0.10 Nv 403 0.10 Nv 351 0.06 Nv 247 0.13 Nv 541 0.31 Nv
M+J 1.470 0.09 sinmarco 655 0.06 sinmarco 555 0.10 sinmarco 147 .07 sinmarco 113 0.06 sinmarco
En branco 12.849 0.86 5.865 0.96 4.262 0.82 1.634 0.88 1.088 0.63
Nulos 13.955 0.93 5.220 0.85 5.375 1.03 2.182 1.16 1.178 0.67
Total 100% 75 611.214 100% 25 520.794 100% 22 187.225 100% 14 173.786 100% 14
Pechar

A noite electoral

As enquisas, en especial a do CIS, o éxito da campaña en redes do Bloque ou a mobilización do voto urbano que prevían as enquisas e foron confirmando os datos de participación durante a xornada electoral, parecían anunciar que se produciría unha remuda do goberno. Con todo, ao peche dos colexios, a TVG difundiu unha enquisa de GAD3 que se acabaría por revelar certeira. Segundo o seu prognóstico, o PP conservaba a maioría con 39 ou 40 escanos, o BNG acadaba 24 ou 25, o PSOE 10 ou 11 e Democracia Ourensana ficaba ao bordo de obter un escano.[84]

Os primeiros resultados provisionais confirmaron que sería difícil que o PP perdese a maioría. Co 20% dos votos escrutados situábase en 45 escanos. Escrutados a metade dos votos, lograba 42. Pasadas as dez da noite, con máis do 70% do voto escrutado, o PP acadaba 40. O resultado só se movería para marcar o vixésimo quinto escano do BNG.

Estes resultados desataron a euforia na sede do PPdeG.[85] Rueda remarcou que conseguira máis de setecentos mil votos. Feijoo considerou que o resultado supuña un referendo das políticas do PP fronte ás de Pedro Sánchez, de quen Isabel Díaz Ayuso chegou a pedir a dimisión ao día seguinte, atribuíndolle a responsabilidade directa nos resultados do PSdeG.[86][87]

Desde o BNG resaltouse o crecemento da formación, constituída na única alternativa ao PP.[88] Ao tempo, lamentábase a incapacidade de concretar unha maioría de goberno. Así mesmo, Ana Pontón compareceu ante os medios con ansia de liderar a oposición. Mostrouse disposta a seguir construíndo un proxecto que puidese disputar ao PP a maioría na seguinte convocatoria.[88]

No PSdeG non ocultaron a súa decepción polos resultados. Besteiro ofreceuse a seguir liderando o partido desde a oposición parlamentaria.[89] Desde o PSOE laiáronse polo pouco tempo que tiveran para presentaren o seu candidato, dando a entender que o respaldarían no liderado do socialismo galego.

Armando Ojea compareceu acompañado de Jácome, o alcalde de Ourense. Este sinalou que os resultados eran históricos[90] e que desde o parlamento galego fiscalizarían sen descanso as actuacións da Xunta na provincia.

Deputados electos

Máis información Democracia Ourensana, Ourense ...
Pechar

Investidura do presidente da Xunta de Galicia

Máis información Candidato, Data ...
Candidato Data Voto centrado sinmarco Total
Thumb
Alfonso Rueda
(PPdeG)
11 de abril de 2024[91]
Maioría requirida:
Absoluta (38/75)
Si 40
40 / 75
Non 25 9
34 / 75
Abstención 1
1 / 75
Ausencia
0 / 75
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.