Paula Prado del Río

política española From Wikipedia, the free encyclopedia

Paula Prado del Río

Paula Prado del Río, nada en Santiago de Compostela en 1971, é unha avogada e política galega do PPdeG.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Paula Prado del Río

Biografía
Nacementomarzo de 1971 (53 anos)
Santiago de Compostela, España
Secretaria xeral Partido Popular de Galicia
22 de maio de 2022 
 Miguel Tellado
Senadora de España
13 de xaneiro de 2016 – 21 de outubro de 2016
Deputada do Parlamento de Galicia
1 de abril de 2009 
Concelleira Concello de Santiago de Compostela
6 de xuño de 2007 – 1 de abril de 2013
Actividade
Ocupaciónpolítica
Partido políticoPartido Popular de Galicia

Pechar

Traxectoria

Licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutoranda en Dereito Público e Teoría do Estado. É avogada especialista en dereito de familia. Foi concelleira do PPdeG en Santiago de Compostela dende 2007, voceira do Grupo Municipal e voceira da Xunta de Goberno local dende 2011. En 2009 foi candidata ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña, foi elixida deputada e foi voceira de Xustiza do Grupo Popular. Nas autonómicas de 2012 volveu ser elixida deputada e foi nomeada voceira do Grupo Popular. En 2014 foi investigada pola Operación Pokémon e dimitiu como voceira o 4 de xuño.[1] Foi substituída por Miguel Tellado. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado pola provincia da Coruña e foi elixida senadora.[2]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.