Galicia Sempre

partido político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Galicia Sempre

Galicia Sempre é un partido político local de Becerreá fundado por Manuel Martínez Núñez en 2019.[1] Este era un militante histórico do PSdeG-PSOE que fora concelleiro de Becerreá e deputado provincial e que, na Deputación de Lugo, como voceiro do seu partido tivera múltiples enfrontamentos con Cacharro Pardo, o seu presidente.

Datos rápidos Dirixentes e organización, Líder ...
Galicia Sempre
Thumb
Dirixentes e organización
LíderManuel Martínez Núñez
Historia
Fundación2019
Posición políticaCentroesquerda
Representación
Concelleiros en Becerreá
5 / 11
Concelleiros en Meira
1 / 9
Concelleiros en Sarria
1 / 17
Outros datos
SedeAv. Madrid, 1 27640 Becerreá, Lugo
Na rede
https://galicia-sempre.webnode.es/
Pechar

En 2015, quixo optar á candidatura da presidencia da Deputación pero o seu partido optou por Darío Campos, alcalde da Pontenova, polo que el, primeiro votouse a si mesmo e despois en branco, facilitando o acceso á candidata do PP, Elena Candia.[2]

Traxectoria

Nas eleccións municipais de 2019 conseguiu a maioría absoluta no concello de Becerreá,[3] acadando sete concelleiros, e ademais logrou candanseu concelleiro en Sarria e en Meira, quedando a tan só un voto de logralo en Burela.[4] Os membros de GaS en Meira e Burela acabaron por integrarse no Partido Popular en abril e maio de 2022, respectivamente.[5][6]

Nas municipais de 2023 formou parte da coalición Contamos.[7][8]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.