From Wikipedia, the free encyclopedia
Silvia Longueira Castro, nada en Brasilia en 1961[1] é unha xestora cultural e política galega do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Brasilia |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
2024 – | |
Concelleira do Concello da Coruña | |
2007 – 2011 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Coruña Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Actividade | |
Ocupación | política, xestora cultural |
Empregador | Fundación Luis Seoane (2004–) Centro Galego de Arte Contemporánea |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Licenciouse en Xeografía e Historia na UNED e realizou un mestrado en Medios de Comunicación na UDC.[1]
En xaneiro de 2004, foi nomeada directora da Fundación Luís Seoane[2] até 2007 en que colleu un primeiro período de excedencia de tres anos para ser concelleira de Servizos Sociais no concello da Coruña. Trala súa reincorporación, volveu coller unha nova excedencia en 2024.[3]
Creou a primeira empresa de xestión cultura e comunicación de Galicia "Rey de Oros".
De 2007 a 2019, foi concelleira de Servizos Sociais do concello da Coruña, conseguindo o desmantelamento do poboado chabolista de Penamoa e da construción do Centro Cultural para o Desenvolvemento Social «Ágora».[1]
Nas Eleccións xerais de 2023, foi como suplente na lista do PSdeG-PSOE ao Congreso dos Deputados encabezada por José Miñones.[4] Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, foi de número tres na lista pola Coruña e saíu elixida polo que pediu unha excedencia na presidencia da Fundación Luís Seoane.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.