Remove ads
xestor sanitario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Julio García Comesaña, nado en Vigo en 1968, é un xestor e político galego, actual conselleiro de Sanidade.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, físico |
Licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela (1993) coa especialidade de Electrónica e fixo anos máis tarde un mestrado en administración sanitaria.
Comezou a traballar en radiofísica en 1993 no policlínico Povisa de Vigo, despois no hospital Universitari Vall d'Hebron, e finalmente no Hospital do Meixoeiro de Vigo, do que foi director de centro e posteriormente director operativo do hospital (2005-11). En 2013 foi nomeado subdirector xeral de ordenación asistencial e innovación organizativa do SERGAS. Foi director de procesos asistenciais da área sanitaria de Vigo, e en 2018 foi nomeado xerente da área sanitaria de Ourense. En 2019 pasou a ser xerente da área sanitaria de Vigo.[1]
En setembro de 2020, foi nomeado conselleiro de Sanidade por Alberto Núñez Feijóo.[2] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.