Daniel Castro García
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel Castro García, nado en Ribadeo o 6 de xaneiro de 1996[1], é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.
![]() (2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1996 (28 anos) Ribadeo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Estudos
Fillo de Vicente Castro Reigosa, concelleiro do BNG en Ribadeo, cursou os estudos de primaria no C.P. Gregorio Sanz, pasando logo ó IES Porta da Auga e ó acabado de formar IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, onde rematou o bacharel en 2014. Fixo o grao en linguas estranxeiras na Universidade de Vigo, rematando en 2018. A continuación comezou a estudar Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
Militou en Galiza Nova dende os 19 anos, formando parte da súa dirección nacional en 2018, ano no que tamén comezou a formar parte do Consello Comarcal do BNG. No 2019 pasou ó Consello Nacional.
Nas Eleccións xerais de España de 2019, en ambas as convocatorias (abril e novembro) ocupou o 4º lugar na lista do BNG por Lugo. Nas eleccións autonómicas de 2020 foi o número 2 da candidatura do BNG pola provincia de Lugo e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia, sendo o máis novo da súa historia, nun grupo de cinco deputados do BNG que son os máis novos da cámara.[2][3]
En 2023 preséntase como cabeza de lista por Lugo ó congreso.[4]
Notas
Véxase tamén
Galería de imaxes
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.