Ideloxía política de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
O galeguismo é unha ideoloxía política de tipo nacionalista que ten como obxectivo a soberanía de Galiza mediante a creación de institucións propias.[Cómpre referencia]
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O galeguismo apareceu a mediados do século XIX, cando se formulou como provincialismo e posteriormente como rexionalismo. O termo utilízase especialmente a partir da constitución das Irmandades da Fala en 1916 e a aparición da corrente nacionalista, que defende o carácter nacional de Galiza. As Irmandades eran unha organización na que participaba a pequena burguesía e os intelectuais e liderounas Antón Villar Ponte. Na década seguinte consolidáronse dúas correntes: a nacionalista, arredor do Partido Galeguista de Castelao, e a republicana autonomista da ORGA, liderada por Casares Quiroga e Antón Villar Ponte. Esta última integrouse durante a Segunda República na Izquierda Republicana de Azaña.
En 1931 redactáronse diversos anteproxectos e bases para un estatuto de autonomía, cuxo texto definitivo se aprobou en decembro de 1932 na Asemblea de Municipios de Santiago de Compostela. O Estatuto foi aprobado en referendo o 28 de xuño de 1936 e polas Cortes españolas en 1937, pero a guerra civil española impediu que se aplicase. Moitos galeguistas tiveron que exiliarse.
O galeguismo durante o franquismo mantívose no exilio e en intelectuais que ficaran. A fundación da Editorial Galaxia en 1950 foi un dos feitos máis relevantes desta resistencia. As novas organizacións que foron aparecendo integraron o pensamento marxista e preferiron a denominación de "nacionalistas" adoptando a estreleira coma a bandeira nacionalista dos galegos.
Coa caída do franquismo, o galeguismo reactivouse e na actualidade as forzas políticas maioritarias galegas identifícanse como "galeguistas".[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.