Remove ads
texto lexislativo de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estatuto de autonomía de Galicia[1] (ou, sinxelamente, Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galicia, en vigor dende 1981. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia recoñece a condición de nacionalidade histórica a esta Comunidade Autónoma. Os poderes en que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre quen integran o pobo galego.
Tivo o seu precedente no Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, aprobado en referendo o 28 de xuño de 1936 por maioría. Daquela, o galego Santiago Casares Quiroga era o xefe do goberno da Segunda República Española.
O pobo galego aprobouno en referendo o 21 de decembro de 1980, aínda que cunha participación moi baixa na votación. O 6 de abril de 1981 o rei Xoán Carlos I de España e mais o presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo asinaron o estatuto no Palacio Real de Madrid.
O estatuto recolle, entre outros:
A Asemblea Parlamentaria galega constituíuse o 25 de xullo de 1979. De acordo co artigo 151 da Constitución Española de 1978, tiña competencias para elaborar e aprobar o proxecto de autonomía. Esta Asemblea acordou nomear unha comisión de 16 representantes de partidos, con e sen representación parlamentaria, para elaborar un primeiro texto. 8 dos membros pertencían á UCD, 2 ao PSOE, 2 a AP, 1 ao PCG, 1 ao POG, 1 ao PG e 1 ao PTG.
O texto que elaborou esa comisión, coñecido como o Estatuto dos 16, foi considerado por partidos nacionalistas e de esquerdas como pouco ambicioso e de segunda orde en relación con Cataluña e o País Vasco. Ante isto, convocouse unha manifestación en Vigo para o 4 de decembro de 1979 que resultou multitudinaria. Adolfo Suárez recoñeceu entón que se errara na elaboración do estatuto galego.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.