O 21 de decembro é o 355º día do ano do calendario gregoriano e o 356º nos anos bisestos . Quedan 10 días para finalizar o ano .
Frank Zappa.
1117 - Thomas Becket , chanceler de Inglaterra e arcebispo de Canterbury ; santo católico (m. 1170 ).
1708 - Manuel Ventura Figueroa , político e eclesiástico galego (m. 1783).
1804 - Benjamin Disraeli , escritor e político británico (m. 1881).
1815 - Thomas Couture , pintor e profesor francés (m. 1879).
1816 - Manuel García Maceira , político galego.
1892 - Rebecca West , escritora e xornalista inglesa de orixe irlandesa. (m.1983 ).
1897 - Saturnino Cuíñas Lois , sacerdote católico, músico e folclorista galego. (m.1978).
1906 - Álvaro Fernández Suárez , escritor, economista e político galego (m. 1990).
1916 - Francisco Martínez Leira , guerrilleiro antifranquista galego (m. 1954).
1917 - Heinrich Böll , escritor alemán (m. 1985).
1918 - Kurt Waldheim , diplomático e político austríaco (m. 2007).
1921 - Augusto Monterroso , escritor guatemalteco (m. 2003).
1940 - Frank Zappa , músico estadounidense (m. 1993 )
1942 - Hu Jintao , presidente da República Popular da China dende o 15 de marzo de 2003 e secretario xeral do Partido Comunista da China
1948 - Samuel L. Jackson , actor estadounidense.
1950 - Bibiano , músico e compositor galego.
1950 - Tomás Pérez Vidal , político galego.
1961 - Manuel Igrexas , escritor galego.
1992 - Alicia Fernández Fraga , xogadora de balonmán galega.
Eduardo Chao.
1375 - Giovanni Boccaccio , escritor e humanista italiano (n. 1313 ).
1863 - Giuseppe Gioachino Belli , poeta romano (n. 1791).
1887 - Eduardo Chao , naturalista, xornalista, historiador e político galego (n. 1822).
1940 - Francis Scott Fitzgerald , escritor estadounidense.
1945 - George S. Patton , militar norteamericano (n. 1885).
1978 - José Miguel Beñaran , dirixente de ETA (n. 1949).
1978 - Joseph Michael Schmondiuk , eclesiástico grecocatólico ucraíno (n. 1912).
2001 - María Teresa Otero Sande , profesora e escritora galega (n. 1944).