poeta español From Wikipedia, the free encyclopedia
José Hierro del Real, nado en Madrid o 3 de abril do 1922 e finado tamén en Madrid o 21 de decembro do 2002, foi un poeta español. Pertencente á chamada Xeración do medio século, foi un autor dificilmente clasificable, tratando nas súas composicións dende temáticas sociais a outras de carácter existencial, pasando por unha variedade de asuntos de cariz íntimo ou universal. Foi Premio Nacional das Letras Españolas no 1990 e Premio Cervantes no 1998.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Hierro del Real 3 de abril de 1922 Madrid, España |
Morte | 21 de decembro de 2002 (80 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Enfisema pulmonar |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Cando contaba con dous anos de idade a súa familia trasladouse a Santander, onde cursou os estudos elementais e iniciou a carreira de perito industrial, que se viu obrigado a abandonar tralo inicio da Guerra Civil. Finalizado o conflito bélico foi feito prisioneiro por pertencer a unha “organización de axuda a presos políticos”, ingresando na cadea onde permaneceu ata 1944. Un deses presos políticos era o seu propio pai, finado mentres o poeta cumpría condena.
Ao saír do cárcere marcha a Valencia onde vivirá dous anos. Na cidade levantina participa nas tertulias literarias do café El Gato Negro e colabora na fundación da revista Corcel.
De volta en Santander volve participar na fundación doutra revista, Proel, xunto con Ricardo Gullón e desempeña multitude de oficios. Casa no 1949 e ao pouco tempo marcha a Madrid, onde empeza a traballar no CSIC, na Editora Nacional e no Ateneo. Faise colaborador de Radio Nacional de España ata a súa xubilación no 1987.
No 1999 foi escollido membro da Real Academia Española.
Inicia a súa produción no 1947 con Tierra sin nosotros, expresión de tristura xuvenil e procura de felicidade inalcanzable. A súa obra dos anos cincuenta afonda na dor existencial, pero pouco a pouco vai deixando oco nos seus poemas para os temas sociais. Porén, o trato que lle dá á temática social non é o habitual nos autores do xénero da época, xa que a súa esixencia estética permanece intacta outorgándolle unha densidade e unha riqueza considerables.
A influencia de Gerardo Diego, a quen considerou o seu “pai espiritual”, e, por extensión, da Xeración do 27 na súa obra é amplamente perceptible.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.