O Partido Comunista da China (PCCh) (en chinés simplificado: 中国共产党, chinés tradicional: 中國共産黨, pinyin: Zhōngguó Gòngchǎndǎng, Wade-Giles: Chung-kuo Kong-chan-tang) é o partido político que goberna a República Popular da China dende 1949. Con máis de 89 millóns de membros[1] é unha das maiores organizacións políticas do mundo.
中国共产党 中國共産黨' Partido Comunista da China | |
---|---|
Partido político de China | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Xi Jinping (Secretario Xeral) |
Mocidades | Liga da Mocidade Comunista da China |
Filiación internacional | Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros |
Historia | |
Fundación | 23 de xullo de 1921 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Maoísmo Socialismo con características chinesas Liberalismo económico (de facto) |
Representación | |
Asemblea Popular Nacional | 2.103 / 2.980 |
Outros datos | |
Sede | Pequín |
Publicación | Diario do Pobo |
Na rede | |
Na época de Mao Zedong, a maior diferenza entre o comunismo chinés e o de influencia soviética (aquel que amais da URSS se estendía polo leste de Europa) radicaba na visión diferente da clase campesiña e a dos obreiros urbanos. Mentres que o comunismo soviético desconfiaba do espirito revolucionario dos campesiños, Mao viu nos campesiños o autentico motor da revolución. Esta visión do mundo rural coma o que debía erguerse contra os poderes burgueses establecidos foi a principal achega de Mao ao pensamento comunista. Moitos movementos comunistas, principalmente de Asia e da América Latina, foron influídos por esta idea do maoísmo.
Esta visión ideolóxica cambiou coa chegada ao poder de Deng Xiaoping, un dos máximos líderes chineses dende a morte de Mao en 1976 ata o seu falecemento en 1997. Deng impulsou unha serie de reformas económicas que supuxeron a entrada de investimentos de empresas estranxeiras e a creación dalgunhas empresas privadas dentro do país. Dende entón a ideoloxía do PCCh derivou cara a un modelo autoritario e fortemente nacionalista, formalizado na teoría ideolóxica da Tripla representatividade de Jiang Zemin, secretario xeral do partido entre 1989 e 2002, que supuxo a admisión de empresarios como membros do PCCh nos últimos anos.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.