xornalista, historiador e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduardo Chao Fernández, nado en Ribadavia o 6 de novembro de 1822 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1887, foi un xeólogo, naturalista, xornalista, historiador e político galego do Partido Democrático.
Nome orixinal | (es) Eduardo Chao Fernández |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de novembro de 1822 Ribadavia, España |
Morte | 21 de decembro de 1887 (65 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio Civil de Madrid 40°25′17″N 3°38′08″O |
Ministro de Fomento de España | |
18 de xullo de 1873 – 6 de setembro de 1873 ← Manuel Becerra Bermúdez – Eduardo Benot (pt) → | |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | naturalista , farmacéutico , político , xornalista , botánico |
Partido político | Partido Democrático |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | José María Chao Rodríguez |
Irmáns | Alejandro Chao |
Fillo de Francisca Fernández e do farmacéutico e científico liberal José María Chao Rodríguez, socio da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1834) e catedrático de Farmacia Experimental na súa Universidade desde 1840, perseguido sen tregua desde a caída do sistema liberal en 1823 polo xeneral absolutista Nazario Eguía e preso ata o ano 1829, en que foi liberado con certas condicións.
Estudou as primeiras letras e a secundaria en Vigo, e despois na Universidade de Santiago de Compostela; marchou a Madrid a estudar Ciencias Naturais e traballou, ao igual que o seu pai, como profesor de Farmacia. Alí colaborou na prensa demócrata: El Argos, El Espectador (1847), El Guindilla (1848), El Huracán (1848), e máis tarde en El Murciélago (1853), El Látigo (1854), El Eco de las Barricadas (1854), El Crédito (1858) etcétera. Foi sometido a vixilancia pola súa participación nos conatos revolucionarios de 1848. Tamén interveu activamente na Revolución de 1854 e aceptou un posto de oficial no Ministerio de Gobernación, pero dimitiu ao ver frustrados os propósitos da revolución.
Foi deputado por Ourense (1854) nas Cortes que non chegaron a aprobar unha nova constitución. Escribiu nos periódicos madrileños Revista Químico-Farmacéutica (1850-1851) e La Discusión (1856) e dirixiu El Crédito (1858-1865) e El Correo de España (1862), dedicado especialmente ás cuestións de Ultramar. Dirixiu, tamén, os dous volumes do Diccionario enciclopédico de la lengua española (Madrid: Gaspar y Roig, 1853 e 1855) e Los tres reinos de la naturaleza, unha xigantesca enciclopedia de ciencias naturais en nove volumes (1853-1858).
Cando triunfou a Revolución de 1868 foi nomeado membro da Xunta directiva de Telégrafos e despois director xeral, pero volveu renunciar ao seu posto ao ver ao seu partido aínda moi lonxe do poder. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Ourense en 1869 e por Vigo en 1871 e 1872. Foi elixido senador polas provincias de Alacant, Barcelona e Xirona en 1872, optando por Xirona. Proclamada a República en 1873, volveu ser elixido deputado por O Carballiño, Ponteareas e Vigo (optou polo distrito de Vigo), foi ministro de Fomento no Goberno republicano presidido por Nicolás Salmerón (1873) e redactou con el un Proyecto de bases de la constitución republicano-federal de España (1873). O seu breve labor no ministerio foi intenso, creou a comisión do Mapa Xeolóxico da Península Ibérica dirixida polo xeneral Ibáñez de Ibero e a Xunta do Canal Imperial de Aragón, organizou as Xuntas de Portos, procurou descentralizar os servizos de obras públicas e ditou varias disposicións sobre estradas e inspección de ferrocarrís. Impulsou un Plan Xeral de Instrución Pública elaborado por Juan Uña, director xeral desa materia, baixo a inspiración das ideas do krausista Francisco Giner de los Ríos. Fundou a Biblioteca Ilustrada Gaspar y Roig e a Biblioteca del Hombre libre, da súa propiedade.
Como historiador propúxose continuar ata 1849 coa sección "Historia contemporánea" a Historia general de España (1601) do xesuíta manchego Juan de Mariana, xa anteriormente continuada por José Manuel Miñana, o Conde de Toreno e Antonio Cánovas del Castillo (1848). Incluía neste traballo histórico, entre outras críticas ao monarquismo, a súa tendencia ao centralismo, que fixo impoñer en Madrid a capital do Estado e a súa abolición da foralidade. No momento do seu pasamento, estaba designado para dirixir o periódico La Justicia.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.