matemático e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Becerra Bermúdez, nado en Castro de Rei o 20 de outubro de 1820[1] e finado en Madrid o 19 de decembro de 1896, foi un matemático e político galego. Foi ministro con Amadeu I, Afonso XII e durante a Rexencia de María Cristina. Así mesmo, foi un destacado masón.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1820 Castro de Rei, España |
Morte | 19 de decembro de 1896 (76 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Sacramental de Santa María cemetery (en) 40°23′53″N 3°43′18″O |
Ministro de Ultramar | |
12 de marzo de 1894 – 4 de novembro de 1894 ← Antonio Maura – Buenaventura Abarzuza Ferrer → | |
Ministro de Ultramar | |
11 de decembro de 1888 – 5 de xullo de 1890 ← Trinitario Ruiz Capdepón (pt) – Antonio María Fabié Escudero → | |
Ministro de Fomento de España | |
19 de decembro de 1872 – 24 de febreiro de 1873 ← José Echegaray Eizaguirre – Eduardo Chao → | |
Ministro de Ultramar | |
1870 – | |
Ministro de Ultramar | |
6 de agosto de 1869 – 2 de abril de 1870 ← Juan Bautista Topete y Carballo – Segismundo Moret → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
1869 – 1871 Circunscrición electoral: Lugo | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Residencia | Plaza del Cordón (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Membro de | |
Afamado matemático, titulouse como enxeñeiro civil na Academia de Enxeñeiros Civís, e foi membro de número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Politicamente destacou polas súas ideas progresistas e revolucionarias que o levaron a participar activamente na Revolución galega de 1846 o que lle valeu ser encarcerado en varias ocasións e ter que buscar refuxio no estranxeiro noutras.
En 1854 volveu participar nos movementos revolucionarios que deron lugar ao Bienio Progresista (1854-1856) e foi detido tras o golpe de estado do xeneral O'Donnell que lle puxo fin, desterrado a Bilbao e posteriormente exiliouse en Francia.
Manuel Becerra volveu á vida política do país con ocasión da Revolución de 1868 formando parte, como deputado, da Xunta Superior Revolucionaria entre o 5 de outubro e o 19 de outubro de 1868. Tras as eleccións de 1869 resultou elixido deputado en Cortes pola provincia de Lugo aínda que finalmente optou pola circunscrición de Madrid e como tal ocupou a carteira de ministro de Ultramar entre o 13 de xullo de 1869 e o 31 de marzo de 1870 durante a rexencia do xeneral Francisco Serrano Domínguez.
Tras volver resultar elixido deputado nas eleccións de 1871 e 1872 ocupará a carteira de ministro de Fomento entre o 19 de decembro de 1872 e o 12 de febreiro de 1873, xa baixo o reinado de Amadeu I.
Ocupará ese mesmo ministerio no primeiro goberno da Primeira República Española entre o 12 de febreiro e o 24 de febreiro de 1873 baixo a presidencia de Estanislao Figueras.
Coa restauración monárquica formou parte de tres dos gobernos presididos por Práxedes Mateo Sagasta como ministro de Ultramar: entre o 11 de decembro de 1888 e o 21 de xaneiro de 1890, entre o 21 de xaneiro e o 5 de xuño de 1890 e entre o 12 de marzo e o 4 de novembro de 1894.
Foi un destacado masón: Soberano Gran Comendador do Supremo Consello nos anos 1884-1889 e Gran Mestre do Gran Oriente de España.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.