mestre, xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un filólogo, bibliógrafo, pedagogo e escritor galego, coñecido polo seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Foi membro de número da Real Academia Galega desde 1941[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1888 Pontedeume, España |
Morte | 9 de maio de 1955 (66 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, catedrático |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1941–1955) Real Academia Galega (membro correspondente) (1926–1941) |
Obra | |
Obras destacables | |
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos.
Fundou con Edmundo Roberes Alonso El Eco de Puentedeume en 1906,[2] foi redactor de Ecos del Eume, redactor xefe de El Diario de Orense e colaborou en La Zarpa, Galicia, El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.