La Zarpa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense de 1921 a 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Ramón Cabanillas, Manuel Lustres Rivas, Ramón Fernández Mato, Xaime Quintanilla Martínez, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Antonio Rey Soto e José Rodríguez Faílde.
La Zarpa | |
---|---|
Fundador | Basilio Álvarez |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ourense |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En abril de 1925 o xornal ampliou o seu formato introducindo con frecuencia gravados, fotografías, páxinas especiais e máis publicidade. Ademais ampliou o número de páxinas a oito. En 1929, sendo director José López Requejo, volveu a reducir o tamaño do xornal pero ampliou o número de páxinas a doce.
Nos seus primeiros anos de existencia levou a cabo unha intensa campaña anticaciquil e en prol da redención dos foros que os campesiños tiñan que pagar aos propietarios das terras.
O diario tivo problemas coa censura durante a Ditadura de Primo de Rivera ata o punto de suspender a súa publicación durante varias xornadas en 1926 e mesmo a mudar temporalmente o seu nome polo de El Agro.
La Zarpa recibiu con ledicia a chegada da Segunda República en 1931 e serviu de portavoz ao seu fundador Basilio Álvarez, deputado durante ese período polo Partido Radical. Durante estes anos tamén sufriu suspensión temporal pola censura.
En xullo de 1936 os falanxistas aprópianse da redacción e taller do xornal que continúa a publicarse polo menos ata principios do mes de agosto pero xa con consignas franquistas e simboloxía falanxista.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.