sacerdote, escritor e bibliófilo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Rey Soto, nado en Arrabaldo (Ourense) o 18 de febreiro de 1879 e finado en Madrid o 20 de febreiro de 1966, foi un sacerdote, escritor e destacado bibliófilo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1879 Ourense, España |
Morte | 20 de febreiro de 1966 (87 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1940–1966) Real Academia Galega (membro correspondente) (1905–1920) |
Estudou Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Central. Despois estudou Teoloxía e ordenouse sacerdote. Foi capelán de Isidoro Temes Sáenz e Ángela Santamarina Alduncín, condesa do Val de Ouselle. Publicou os seus primeiros poemas en La Nueva Época e foi redactor de La Galerna (1900).
Amigo persoal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, casouno con Virxinia Pereira na igrexa de San Paio, da Estrada, o 19 de outubro de 1912. Castelao fixo unha caricatura del.[1] Ingresou na Real Academia Galega o 30 de agosto de 1920.
En agosto de 1922 fundou en Vigo, xunto a Antonio Méndez Laserna e Carlos Reguenga, a produtora cinematográfica Celta Film. O principal obxectivo da sociedade era facer películas sobre Galicia e Asturias para complementar as conferencias literarias do propio Rey Soto, que vai ser o director artístico da empresa.
A finais de 1923 Rey Soto embarcou cara a América para amosar o filme Un viaje a través de Galicia y Asturias aos emigrantes que alí vivían. A experiencia non resultou e Rey Soto ficou moi decepcionado pola escasa acollida da película. Permaneceu en América até 1931.
Ao longo da súa vida, Rey Soto foi formando unha moi valiosa biblioteca que poucos anos antes da súa morte cedeu ao Convento de San Xoán de Poio, onde hoxe se conserva. Entre as obras máis salientables destacan as Constitucións sinodais da diocese de Ourense editadas por Vasco Díaz Tanco en 1544 e un exemplar do Livro do Infante D. Pedro de Portugal, editado en 1644. Ademais, legou ao mosteiro a súa colección de prensa na que se inclúen xornais ourensáns coma El Eco de Orense e El Diario de Orense.
A súa obra está escrita maioritariamente en castelán, sendo o drama Amor que vence al amor o que lle deu máis sona. O primeiro poema que escribiu en galego foi “O mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil” en 1903. Tamén en galego está Falenas e o poema "O Pazo" (1909). En 1949 traduciu a Sátira IV do Libro II do Sermonum de Horacio como Escola de larpeiros.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.