Ramón Fernández Mato

xornalista. escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Ramón Fernández Mato

Ramón Fernández Mato, nado en Cespón (Boiro) o 13 de maio de 1889 e finado en Vilagarcía de Arousa o 22 de novembro de 1980, foi un xornalista, escritor e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ramón Fernández Mato
Thumb
Ramón Fernández Mato en 1933
Biografía
Nacemento13 de maio de 1889
Cespón, España
Morte22 de novembro de 1980 (91 anos)
Vilagarcía de Arousa, España
Lugar de sepulturaFerreira
Deputado nas Cortes republicanas
25 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Lugo

Gobernador civil da provincia de Xaén
11 de febreiro de 1934 – 27 de novembro de 1935
 José Aparicio Albiñana (pt)
Gobernador civil de Málaga
19 de marzo de 1933 – 14 de setembro de 1934
 José María Díaz Díaz-Villamil
Gobernador civil da provincia de Cidade Real
16 de xuño de 1932 – 19 de marzo de 1933
 José Echeverría Novoa
Gobernador civil da provincia de Cádiz
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Ocupaciónxornalista, político, médico, dramaturgo, escritor
Partido políticoParty of the Democratic Centre (en)
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Diccionario bio-bibliográfico de escritores
Pechar

Traxectoria

A súa familia materna era de Cespón, e a paterna era orixinaria de Outeiro de Rei (era tío de Manuel María). Estivo moi vinculado ao Valadouro polo seu matrimonio con Josefa López, natural de Ferreira e filla dun adiñeirado contratista que construíu numerosas estradas da rede viaria provincial.

Thumb
Fernández Mato con José Calviño Domínguez no parque do Hotel Cristina, 1933.

Cursou estudos no colexio dos escolapios de Monforte de Lemos, e alí publicou ás súas primeiras colaboracións no semanario El Cantaclaro. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi amigo persoal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (con quen fundou na súa xuventude a revista Galicia Moza) e de Ramón María del Valle-Inclán. En 1910 presidiu en Santiago a asociación Joven Galicia, que esixía a creación da cátedra de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa na Universidade e que se crease teatro en galego. Tamén foi redactor do periódico La República. Participou no movemento agrarista con Basilio Álvarez e foi un dos asinantes do Manifesto de Ourense da Liga Acción Gallega (1912). Residiu na Arxentina entre 1914 e 1915.

Thumb
Anuncio de La Zarpa.

Pero a súa actividade máis importante é a de xornalista. Foi o primeiro director de El Pueblo Gallego, dirixiu a revista deportiva Los Deportes (1927), ademais de colaborar en múltiples xornais e revistas: Suevia (1917); a coruñesa Vida; La Zarpa, Ronsel, Vida Gallega, El Regionalista de Chantada, Mi Tierra (Ourense, 1911), Gaceta de Galicia; Cultura Gallega da Habana, onde publicou relatos entre 1936 e 1940; Caras y Caretas e La Nación de Bos Aires; La Esfera, Nuevo Mundo e El Liberal de Madrid; Prensa Libre e Carteles da Habana. Dirixiu tamén a revista Raíz. España en América da Habana.

Fundou unha biblioteca mariñeira en Bouzas, polo que foi condecorado coa Gran Cruz del Mérito Naval. Foi presidente do Celta de Vigo, Presidente de Mérito do Centro Galego de Madrid e membro correspondente da Real Academia Galega.

Figura destacada na Segunda República, participou nos gabinetes de Alejandro Lerroux, Manuel Portela Valladares e Santiago Casares Quiroga, con cargos como o de Director Xeral de Seguridade. Foi gobernador civil de Cidade Real (16-6-1932 a 19-3-1933), Málaga (19-3-1933 a 14-9-1933), Logroño (14-9-1933 a 19-9-1933) e Xaén (11-2-1934 a 27-11-1935)[1]. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado nas Cortes da Segunda República pola provincia de Lugo.[2]

A Guerra Civil obrigouno a exiliarse en Cuba, Venezuela e Santo Domingo, onde dirixiu o diario La Nación e escribiu, baixo a protección do ditador Rafael Leónidas Trujillo, o panexírico Trujillo o la transfiguración dominicana.

Foi, segundo Borobó, o único exiliado republicano galego que, xunto a Álvaro das Casas, se converteu ao franquismo no exilio.[3] Volveu a España na década dos sesenta, da man do entón Ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga, que, previo paso por Foz, conseguiulle a quinta Miña Terra en Vilagarcía.

Morreu en Vilagarcía de Arousa en 1980. Os seus restos foron trasladados ao cemiterio de Ferreira.

Obras

Thumb
Ramón Fernández Mato, retrato en Vida Gallega, 1915.

Narrativa

  • 1913: El atrio profanado.
  • 1929: La tragedia del delantero centro.

Teatro

  • 1914: La galleguita. Zarzuela en un acto con José Ramón Lence.[4]
  • La retirada.
  • El altar.
  • 1917: Muros de oro.
  • 1922: Heroica cobardía.
  • Estirpe.
  • Yo quiero ser monja.
  • La montaña.

Poesía

  • 1931: Títeres del corazón.

Ensaio

  • 1916: Patriotismo. Conferencia dada en el “Círculo de las Artes” el día 6 de noviembre de 1916 (Lugo, 1916).
  • 1941: Con los ojos del recuerdo. España.
  • 1945: Trujillo o la transfiguración dominicana.
  • 1964: Galicia como emoción y realidad.
  • 1965: La pelea gozosa.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.