Foz

concello da comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia

Fozmap

Foz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9899 habitantes (9754 no 2006, 9664 no 2005, 9619 no 2004, 9591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) focego[1][2] ou focense.[3]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Foz
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 43°34′08″N 7°15′18″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo
CapitalFoz
Poboación
Poboación10.198 (2024) (101,69 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie100,29 km²
Bañado porMar Cantábrico
Altitude5 m
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Javier Jorge Castiñeira
Eleccións municipais en Foz
Identificador descritivo
Código postal27780
Fuso horario
Código INE27019

Sitio webconcellodefoz.es
Pechar

Xeografía

Limita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.

Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.

Historia

Existen restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos egobarros.[4]

Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.

Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.

Cultura

Toponimia

Foz procede do latín vulgar focem, que en latín clásico era faucem 'gorxa, paso estreito, fauces', un lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

  • O castro de Fazouro é un poboado castrexo do século II a. C., situado á beira do mar, xunto a Arealonga.

Patrimonio arquitectónico

Thumb
Vista dos absidiolos semicirculares e contrafortes de San Martiño.

Festas de interese

Thumb
Fogos de artificio durante as festas de San Lourenzo en Foz.

Amais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.

Poboación

Máis información Censo total 2014, 9899 habitantes ...
Censo total 2014 9899 habitantes
Menores de 15 anos 1219 (12,31 %)
Entre 15 e 64 anos 6361 (64,26 %)
Maiores de 65 anos 2319 (23,43 %)
Pechar
Fonte: INE Arquivo
Evolución da poboación de Foz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6514 7824 8216 8795 9619 9970 9968 9978 9966 9.899 9891 9908 9931 10002 9980 10016 10078
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

Thumb
Casa do concello.

Foz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.

A continuación se mostra unha táboa onde se reflicte o paro rexistrado segundo sexo, idade e sector da actividade económica.

Máis información Sector, # ...
Paro rexistrado
Sector#
Agricultura35
Industria62
Construción115
Servizos474
Sen emprego anterior 47
Total733 (349 homes e 384 mulleres)
Fonte:SEPE. Marzo de 2014 [5]
Pechar
Pra facer ben a costeira,
mariñeiriños rinlegos,
pra botar contas, no porto,
mariñeiriños focegos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.

Lugares de Foz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Foz.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Foz

Cangas (San Pedro) | Cordido (San Xiao) | Fazouro (Santiago) | Foz (Santiago) | Nois (San Xiao) | San Martiño de Mondoñedo (San Martiño) | Santa Cilla do Valadouro (Santa Cilla) | Santo Acisclo do Valadouro (Santo Acisclo) | Vilaronte (San Xoán)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.