Nosa Señora do Monte Carmelo
unha das advocacións da Virxe María From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nosa Señora de Monte Carmelo, referida comunmente e máis coñecida como Virxe do Carme, é unha das diversas advocacións da Virxe María.

Remove ads
Historia e características
A súa denominación procede do chamado Monte Carmelo, en Israel, un nome que deriva da palabra Karmel ou Al-Karem e que se podería traducir como xardín. A relación co lugar procede de que uns seguidores do profeta Elías acamparon alí, foi unha aparición axudoulles a decidir o seu rumbo e tras disto declarárona a súa padroeira. Represéntase co neno Xesús no seu colo á dereita, e con cadanseus dous escapularios.
En España é patroa do mar e da Armada Española, e en Colombia das Forzas Armadas, a Policía e os Bombeiros. Esta advocación dá nome a todas aquelas persoas que se chaman Carme, Carmela ou Carmelo, celebrando a súa onomástica o día da festa da virxe, o 16 de xullo.
Existen hoxe en activo ordes carmelitas repartidas por todo o mundo, masculinas e femininas, as cales viran ó redor desta figura mariana.
O nome de Carme é un dos máis populares en Galicia.
Remove ads
Galería de imaxes
A Virxe do Carme en Galicia
- Imaxe en Ponte Sampaio.
Véxase tamén
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nosa Señora do Monte Carmelo |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina dos carmelitas (en varias linguas).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
