Padroeiro

santo titular ou virxe que se considera protector dunha nación, localidade, grupo de persoas etc. From Wikipedia, the free encyclopedia

Padroeiro

Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o patrón,[1] padrón,[2] padroeiro[3] ou avogado[4] é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...[5]

Thumb
Santiago o Maior (representado como Santiago Matamouros), patrón de Galiza e de varias parroquias galegas.

A veneración cara aos santos: os santos patróns

Thumb
San Xosé é o santo patrón dos carpinteiros, enxeñeiros, e traballadores.

O Concilio Vaticano II expresou o vínculo de veneración cara aos santos cuxos carismas os facían recomendables á devoción e imitación dos fieis.

En España (mais sobre todo en Galiza) a maior parte das localidades teñen un patrón e unha patroa, en cuxa honra se celebran as festas maiores da localidade. Os patróns son santos ou advocacións de Cristo e as patroas santas ou advocacións da Virxe María.

En Galiza adoita ser moi importante, xa que as festas maiores honran o patrón. Por exemplo, en San Lourenzo de Belesar as festas patronais honran a San Lourenzo; o Belesar de Chantada a San Bertomeu e o Belesar de Vilalba a San Martiño.

Advocacións das parroquias

As parroquias católicas adoitan estar baixo a advocación dun santo. Non debe confundirse co haxiotopónimo, pois son distintos en que:

Algúns patróns

Thumb
A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros.
Thumb
San Brais, santo patrón dalgunhas parroquias galegas, tamén o é dos enfermos de gorxa.
Thumb
San Cristovo, patrón dos condutores.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.