Tareixa de Lisieux

monxa carmelita descalza e santa francesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Tareixa de Lisieux

Tareixa de Lisieux (en francés: Thérèse de Lisieux), nada como Marie Françoise-Thérèse Martin en Alençon[1] o 2 de xaneiro de 1873 e finada en Lisieux o 30 de setembro de 1897, tamén coñecida como Santa Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face, foi unha monxa carmelita descalza católica venerada nos tempos modernos. É coñecida como "a floriña de Xesús" ou, simplemente, "a floriña".

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Doutora da Igrexa
Tareixa de Lisieux
Thumb
Nome orixinal(fr) Thérèse de Lisieux
Biografía
Nacemento(fr) Marie-Françoise-Thérèse Martin
2 de xaneiro de 1873
Alençon, Francia
Morte30 de setembro de 1897 (24 anos)
Lisieux, Francia
Causa da mortetuberculose
Lugar de sepulturaLisieux
ResidenciaLes Buissonnets (en)
carmel de Lisieux (en)
RelixiónCatolicismo
Actividade
Ocupaciónteólogo, escritora, dramaturga, mestre dos noviços (pt)
Orde relixiosaOrder of Discalced Nuns of the Blessed Virgin Mary of Mount Carmel (en)
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de outubro
3 de outubro
Símbolo iconográficoRose (en) e cruz cristiá
Obra
Obras destacables
Familia
PaisLouis Martin   e Zélia Guérin
IrmánsMarie-Pauline Martin
Céline Martin
Léonie Martin
Marie-Odile Martin

Descrito pola fonteObálky knih,
WikiTree: Martin-28671
Pechar

Tareixa foi un modelo moi influente para os católicos e outros a causa da simplicidade e da practicidade do seu achegamento á vida espiritual. Xunto con Francisco de Asís, é unha das santas máis populares da historia da igrexa.[2][3] O papa Pío X chamouna "a máis grande santa dos tempos modernos".[4][5]

Tareixa sentiu unha chamada temperá á vida relixiosa e tras superar varios obstáculos en 1888, con 15 anos,[6] uniuse a dúas das súas irmás, Marie e Pauline, na comunidade carmelita enclaustrada de Lisieux (Normandía). Outra irmá, Céline, entrou máis adiante na orde. Pasou 9 anos como relixiosa carmelita, en que desempeñou varios traballos, como o de sancristá e axudante á profesora das novizas. Tras pasar os seus últimos 18 meses no Carmelo nunha "noite de fe" (un tempo en que seica sentiu a Xesús ausente e que mesmo tivo dúbidas sobre a existencia de Deus), Tareixa morreu por tuberculose aos 24 anos.

A súa festividade no calendario romano xeral foi o 3 de outubro dende 1927, ata que en 1969 se trasladou ao 1 de outubro.[7] Tareixa é moi coñecida en todo o mundo, e a basílica de Lisieux é o segundo lugar de peregrinación máis popular de Francia despois de Lourdes.

Familia

Foi a filla máis nova de Louis Martin e Marie-Azélie "Zélie" Guérin, ambos canonizados o 18 de outubro de 2015. O matrimonio tivo 7 fillas (das que sobreviviron 5) e 2 fillos (mortos a moi curta idade):

Recoñecemento

Thumb
Canonización de Santa Tareixa na Basílica de san Pedro, Roma

O impacto de Historia dunha alma, colección dos seus manuscritos autobiográficos, impresa e distribuída un ano despois do seu pasamento foi significativo. O papa Pío XI converteuna na "estrela do seu pontificado".[11] Pío X asinou o decreto para abrir o proceso da súa canonización o 10 de xuño de 1914. Bieito XV, para acelerar o proceso, dispensouna do atraso habitual de cincuenta anos que se requirían entre a súa morte e a súa beatificación. O 14 de agosto de 1921 promulgou o decreto das virtudes heroicas de Tareixa, declarándoa "venerábel". Foi beatificada o 29 de abril de 1923.[12]

O 17 de maio de 1925, Pío XI canonizouna, só vinte e oito anos despois da morte dela.[13] Tareixa foi declarada santa cinco anos e un día despois que Xoana de Arco. Porén, a celebración por Tareixa eclipsou con moito a da lendaria heroína. Segundo The New York Times, máis de 60 000 persoas, a maior multitude estimada dentro da basílica de San Pedro dende a coroación de Pío X vinte e dous anos antes, acudiron á cerimonia.[14] Pola tarde, 500 000 encheron a praza iluminada.[15]

Tareixa de Lisieux é padroa dos aviadores, os floristas e as doenzas. En 1927, Pío XI nomeouna copadroa das misións con Francisco Xabier. En 1944, Pío XII converteuna en copadroa de Francia con Xoana de Arco.[16] Mediante a carta apostólica Divini Amoris Scientia do 19 de outubro de 1997, Xoán Paulo II declarouna a trixésimo terceira Doutora da Igrexa,[17] a persoa máis nova e só a cuarta muller.[18]

A devoción a Tareixa estendeuse por todo o mundo.[19] Segundo algúns biógrafos de Édith Piaf, en 1922 a cantante, daquela unha nena de sete anos, foi curada dunha cegueira tras peregrinar á tumba de Tareixa, aínda non canonizada.[20]

Thumb
Con máis de dous millóns de visitantes ao ano, a Basílica de Santa Tareixa en Lisieux é o segundo lugar de peregrinación de Francia, despois de Lourdes.

A Basílica de Santa Tareixa en Lisieux, foi consagrada o 11 de xullo de 1954 e converteuse nun centro de peregrinos de todo o mundo. Foi dedicada orixinalmente en 1937 polo cardeal Eugenio Pacelli, futuro Pío XII. A basílica ten asentos para 3000 persoas.[21]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.