1253 - Nichiren, un monxe budistaxaponés, propón Nam Myoho Renge Kyo por primeira vez e declara que é a esencia do budismo, fundando o Budismo Nichiren
1796 - Napoleón Bonaparte e Vítor Amadeo III, Rei de Sardeña, asinan o Armisticio de Cherasco, expandindo o territorio francés ao longo da costa mediterránea.
1945 - Captura e execución de Benito Mussolini e a súa amante Clara Petacci por membros do Movemento de Resistencia Italiano cando tentaban fuxir de Italia.
1947 - Thor Heyerdahl e cinco compañeiros de expedición póñense en camiño dende Perú na Kon-Tiki para probar que os nativos peruanos poderían terse establecido na Polinesia.
1977 - Remata o proceso contra a Facción do Exército Vermello, coa declaración de Andreas Baader, Gudrun Ensslin e Jan-Carl Raspe, culpábeis por catro cargos de asasinato e 30 cargos de tentativa de asasinato
1987 - O enxeñeiro americano de 27 anos Ben Linder é asasinado nunha emboscada pola Contra (mantida por fondos de Estados Unidos), no Norte de Nicaragua. A súa morte desencadeou un fero debate nos Estados Unidos.
1988 - Cerca de Maui, Hawai, unha azafata resulta succionada dun Boeing 737 de Aloha Airlines e cae ao baleiro, cando a parte superior da cabina do aparello se solta en pleno voo. Logo saberase que o desgaste do material fora a causa do accidente.
1990 - Logo de 6.237 representacións, o musical de BroadwayA Chorus Line chega ao seu derradeiro pase.
1994 - O Antigo oficial da CIA, Aldrich Ames declárase culpable de revelar segredos dos Estados Unidos á Unión Soviética, e logo a Rusia.
1996 - Escándalo "Whitewater": O Presidente Bill Clinton entrega un testemuño en vídeo de 4 horas e media para a defensa.
1996 - Martin Bryant mata 35 persoas, e fere outras 18, no masacre de Port Arthur en Tasmania, Australia.
1997 - Entra en vixencia o Convenio sobre Armas Químicas de 1993, asinado en París en xaneiro do 1993. Países como Rusia, Iraq e Corea do Norte non ratificaran o tratado.
1999 - Lanzamento do observatorio espacial alemán ABRIXAS.
2001 - O millonario Dennis Tito convértese no primeiro turista espacial
2003 - Apple Computer lanza iTunes Music Store, vendendo 1 millón de cancións na primeira semana.